You are hereSecretaría / Taboleiro
Taboleiro
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22
Aberto o prazo para a solicitude de reserva de prazas nos centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/22, para alumnado que cambie de etapa educativa.
O PRAZO DENDE O 11 DE XANEIRO ATA O 8 DE FEBREIRO, ÁMBOLOS DOUS INLUÍDOS.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
Convócanse as Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior.
ApROBADAS AS SOLICITUDES DO PLAN PROXECTA E CONTRATOS PROGRAMA
Os Contratos-Programa solicitados polo IES de Melide para a mellora das competencias clave en comunicación lingüística, matemática e en ciencia e tecnoloxía, así como as actuacións para mellorar a convivencia, a igualdade, a inclusión e a xestión das emocións, nun contexto como o presente curso marcado por unha situación excepcional, acaban de ser aprobadas pola Consellería de Educación. Tamén foron aprobados os contratos programa para mellora da xestión de centros e a promoción da actividade física en horario lectivo. Mediante estas actuacións a desenvolver ao longo deste curso esperamos dar unha mellor resposta educativa ás demandas do contexto actual.
Solicitáronse dous Plans Proxecta: 'Aliméntate ben', para fomento de hábitos de vida e alimentación saudables, e 'Correspondentes xuvenís 3.0' para optimizar o rendemento e integración do alumnado de Ciclo básico de Madeira e Moble, e que foron concedidos recentemente.
AUTORIZACIÓN SAÍDA NOS RECREOS
Recibida a resolución FAVORABLE á petición realizada polo centro para que alumnado de ensino post obrigatorio e maior de 16 anos poida saír no recreo.
AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A COMPRA DE MÁSCARAS
A Consellería de Cultura, educación e universidade ven de publicar no DOG do 13 de novembro a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
O prazo para realizar a solicitude é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación en DOG.
As solicitudes ponden presentarse no centro educativo ou no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
- Para presentar as solicitudes no centro, lembren que hai que solicitar cita previa
CONCEDIDO PROGRAMA ARCO PARA 1º E 4º DE ESO
O IES de Melide foi admitido na iniciativa ARCO para a mellora do rendemento académico, coa fin de conseguir o máximo desenvolvemento emocional, intelectual e social do alumnado. Desenvolverase dentro do horario lectivo e mediante apoios a través do uso de metodoloxías activas e participativas,
O programa está destinado a alumnado de 1º e 4º de ESO, e próximente prevese a incorporación de novo profesorado no IES.
DÍA 2 DE NOVEMBRO, DÍA NON LECTIVO
Informamos que o día 2 de novembro é un dos dous días non lectivos que solicitou o centro, remotaremos as clases, no seu horario habiltual, o martes 3 de novembro.
ENTREGA MÁSCARAS DO CONCELLO DE MELIDE
Hoxe, o Concello de Melide, fixo entrega dunha máscara reutilizable a todo o alumnado do IES de Melide.
ESTUDO DOS NIVEIS DE CO2 NAS AULAS
Encadrado nun estudo que está a realizar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no IES de Melide realizaranse, ao longo da xornada do 27 de outubro, medicións dos niveis de CO2 en varias aulas tipos do centro.