You are hereBlogues / blogue denormalizacion

blogue denormalizacion


Don Antonio Fraguas, Día das Letras 2019

O Día das Letras 2019 non só homenaxea e divulga o legado do último representante da Xeración Nós, falecido en 1999, senón que pon en valor a cultura popular e tradicional galega, tan deostada ás veces desde ámbitos con ínfulas de cultos. Don Antonio Fraguas foi, ademais, un home que mantivo contactos permanentes coa Terra de Melide, e mesmo no seu enterro estiveron presentes grupos folclóricos melidaos que quixeron renderlle o seu agarimo e recoñecemento.

Paula Regueiro Freire, alumna de 2º de Bacharelato a punto de rematar a súa estadía no IES Melide, é a autora desta elaborada liña do tempo na que foi quen de sintetizar a azarosa vida e a monumental obra dun home, sobre todo, bo.

Diagnóstico da situación lingüística no IES Melide. Maio, 2018

Cuestionario no que participou o alumnado de 1º ESO, 4º ESO, 2º BAC e 2º CM

As nosas creacións

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido