Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

Importante: Novas datas das ABAU

A Xunta ven de facer públicas as novas datas para a realización da convocatoria ordinaria das ABAU.

pincha aqui para acceder a toda a información.


O IES García Barbón cede a súa impresora 3D para crear material sanitario

   O IES García Barbón fixo cesión temporal da súa Impresora 3D e outros complementos para a creación de pantallas de protección para distintos colectivos do ámbito sanitario da comarca de Verín.
   O profesor Brais Afonso Rolán –Director do CEIP de Vilariño de Conso- é o encargado de levar adiante a tarefa, unha vez entregado no seu domicilio o antedito material (na mañá do día 25 de marzo de 2020).

  

Novas instrucións para a presenza do equipo directivo no centro

Por mor do endurecimento nestes últimos días da pandemia causada polo Covid-19, a Xunta ven de modificar o horario presencial do equipo directivo nos centros.

  Prema aquí para toda a información.

 

Guía e orientacións en vídeo sobre o Covid19

Ferramenta matemática

O aprendizaxe por vías telemáticas é complexo, pero hai algunhas webs que nos intentan facilitar as causas, por exemplo os seguintes enlaces orientados a matemáticas.  Trátase de bases de datos de libros e problemas resoltos adapatados por niveis (INCLUÍNDO ABAU) e, por suposto, gratuitos.

prema aqui para acceder a base de datos de problemas resoltos.

Prema aqui para acceder a base de datos de libros de matemáticas.

 

Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

 

 

Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado galego un documento que recolle algunhas pautas e recursos para o teletraballo do profesorado galego. Trátase dunha guía sinxela que responde ás seguintes preguntas: Como podo levar a cabo o ensino a distancia? De que ferramentas dispoño? E, por último, onde podo atopar axuda?

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30573

 

Distribuir contido