Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

Concurso de tarxetas postais outono 2020

"Verín de outono e a súa contorna"

 

Concurso para o alumnado do IES García-Barbón (Verín) en catro categorías:

a) Bacharelato

b) Formación Profesional Básica

c) Educación Secundaria de Adultos

d) Ciclos Formativos

 

Cada participante deberá enviar unha tarxeta postal en formato dixital (só se admitirá unha por participante). No anverso figurará a imaxe e no reverso, o título en galego relativo a esta estación do ano e mais o lugar que representa. Enviarase en formato jpg ou tiff e a criterio do/a participante en relación coa forma. 

O tamaño non debe superar o formato A-5 (14,8 X 21 cm). O título elixido versará sobre o outono en Verín e/ou a súa contorna, as imaxes teñen que ser orixinais e non tomadas de ningunha outra fonte.

 

No documento adxunto tedes acceso as bases do concurso.

Concurso Samaín IES García Barbón 2020

Concurso Samaín IES García Barbón 2020, hai 4 categorías para participar (relato, microrrelato, poesía e fotografía). Hai de prazo ata o 30 de outubro e enviarase por correo electrónico a biblioteca.barbon.verin@gmail.com

 

Concurso de Samain

Xornadas informativas FP Dual

Durante estos días estanse a levar a cabo entre o alumnado dos segundos cursos dos ciclos formativos de Mantemento, Electromecánica de Vehículos, Xestión Administrativa e Administración e Finanzas, unhas xornadas informativas para dar a coñecer as vantaxes da FP DUAL, requisitos de acceso, modalidades en Galicia e as oportunidades de inserción laboral que poden xurdir a raíz da realización da mesma.

Plan COVID do IES García Barbón

Distribuir contido