Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

Admisión e matrícula en Bacharelato no IES García Barbón 2021-2022

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:


 Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 Para poder realizar a xestión por internet, visitar a páxina:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito): do 1 ao 20 de marzo

Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#

 

Formalización da matrícula en bacharelato: do 25 de xuño  ó 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en  bacharelato: do 1 ó 10 de setembro

As listaxes de admitidos e non admitidos publicaranse nos taboleiros de anuncios do centro educativo.

Para saber máis, visita:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

 

Bo Nadal e ventureiro Ano novo 2021 para o IES García-Barbón de Verín!

Con esta tarxeta, e desde o EDLG, queremos felicitarlle as festas a toda a comunidade educativa do IES García- Barbón de Verín coa ollada posta nun novo ano diferente no que poidamos volver ver os nosos rostros e sorrisos.

Que gocedes destas festas con seguridade e saúde!

A nosa árbore de Nadal 2020 da Biblioteca

Decembro, mes da Igualdade na Biblioteca do IES García Barbón

Decembro é o mes da Igualdade e dende a Biblioteca do IES García Barbón queremos defender os dereitos LGBTI #lgbti#educaciónenigualdade

Achégate e consulta os nosos fondos! 

Novidades na biblioteca

Xa están aquí!!!! Temos moitos libros novos e estamos desexando que os coñezas. A que esperas? 

Gañadoras do Concurso Samaín 2020

Concurso de tarxetas postais outono 2020

"Verín de outono e a súa contorna"

 

Concurso para o alumnado do IES García-Barbón (Verín) en catro categorías:

a) Bacharelato

b) Formación Profesional Básica

c) Educación Secundaria de Adultos

d) Ciclos Formativos

 

Cada participante deberá enviar unha tarxeta postal en formato dixital (só se admitirá unha por participante). No anverso figurará a imaxe e no reverso, o título en galego relativo a esta estación do ano e mais o lugar que representa. Enviarase en formato jpg ou tiff e a criterio do/a participante en relación coa forma. 

O tamaño non debe superar o formato A-5 (14,8 X 21 cm). O título elixido versará sobre o outono en Verín e/ou a súa contorna, as imaxes teñen que ser orixinais e non tomadas de ningunha outra fonte.

 

No documento adxunto tedes acceso as bases do concurso.

Distribuir contido