Saltar navegación.
Inicio

O IES García Barbón cede a súa impresora 3D para crear material sanitario

   O IES García Barbón fixo cesión temporal da súa Impresora 3D e outros complementos para a creación de pantallas de protección para distintos colectivos do ámbito sanitario da comarca de Verín.
   O profesor Brais Afonso Rolán –Director do CEIP de Vilariño de Conso- é o encargado de levar adiante a tarefa, unha vez entregado no seu domicilio o antedito material (na mañá do día 25 de marzo de 2020).