Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

HAPPY WE ARE FROM VERIN (IRIS JUSTO RODRÍGUEZ)

OFERTA FORMATIVA: C.M. Coidados Auxiliares de Enfermería (LOXSE)

Adxúntase o currículo da ensinanza. Na penúltima páxina do mesmo reflíctese a organización dos módulos profesionais e súa carga horaria.

 

CONCERTO EMILIO RÚA MARTES 21 DE 5.30 A 7 NO SALÓN DE ACTOS DO IES GARCÍA BARBÓN:::

Desde o EDL [Equipo de Dinamización da Lingua Galega] do IES García Barbón temos a ben anunciarvos a actuación prevista para o vindeiro MARTES 21 DE XUÑO no SALÓN DE ACTOS do centro do cantautor EMILIO RÚA.

Emilio Rúa ten publicados os seguintes discos no mercado: Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000 ), Vida Miña ( Boa Music 2006), Interior ( Pai Música 2010).Colabora habitualmente con destacadas personalidades no mundo da música coma Uxía, Xosé Manuel Budiño, Luís Tosar, Xosé Carlos Caneiro, Guadi Galego, Quin Farinha, Tony Lomba, Manolo Rivas, etc.Gañou no 1999 o primeiro Premio no festival local de Verín Lluvia como Risa Furiosa. Colaborou en distintos proxectos do audiovisual galego coma o documental En Son de Paz do Instituto Galego de Educación para a Paz co tema musical firmado por Emilio Rúa En Nome da Paz do CD Vida Miña. Cantou e actuou na longametraxe de Ignacio Vilar Pradolongo. É o protagonista de videoclips musicais como Búscame (Boa Music ), Seres de Ficción ( CRTVG-Xabarín Club ), Interior ( PAI Música ) . Emilio Rúa chega ao IES GARCÍA BARBÓN de man dunha alumna de 2º de Bacharelato (Paula Vivián) con quen interpretará algunha peza, pero será un concerto con sorpresas e emotivo ao ser a despedida deste curso 2010/2011 e ao interpretar algún texto composto por alumnado do centro.

preme AQUÍ se queres ver videos de EMILIO RÚA

máis info en www.chumaceira.blogspot.com

Xusta Poética no Castelo de Monterrei:::

 

O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá o vindeiro venres 27 durante a mañá ao castelo de Monterrei para facer unha actividade didáctica que ten como obxectivo recrear os tempos de final do medievo, aprender un pouquiño de literatura da época e coñecer o baluarte histórico, referencia cultural da comarca.

O venres 20 na aula 11 hai unha reunión para todo o alumnado que desexe participar. Débense entregar as autorizacións antes do vindeiro mércores.

 

BARBÓN PRESS, o boletín informativo do IES GARCÍA BARBÓN

O BARBÓN PRESS é o boletín informativo do EDL, de periocidade mensual faise eco das novidades do centro. Está elaborado por alumnado de bacharelato e pódese consultar en internet, no seguinte enlace

BARBÓN PRESS EN INTERNET

VIDEOarte COA TÚA PARTE

Desde o IES GARCÍA BARBÓN queremos convidar a toda a comunidade educativa tanto do noso centro coma dos centros integrados na coordinadora comarcal a participar no certame de videocreación "videoarte coa túa parte". Neste blog iremos colgando as novidades e solucionando as dúbidas que poidan xurdir. De momento podemos consultar as bases, que son estas:

ACCESO ÁS BASES

BLOGS

BLOGS:

WWW.ESABARBON.BLOGSPOT.COM (blog con contidos desta e outras materias dirixido ao alumnado de ESA)

 

Distribuir contido