Escola de Capela

CHOVE PAZ

Os nenos e nenas de Capela levamos algúns días coa "cabeza nas nubes"

grazas a un conto moi bonito de Marc Solal e Francois David.

Vemos, imaxinamos, creamos:

nubes-oso,

nubes-pato,

nubes-corazón,

...

E por que non? Tamén xogamos a ser nubes:

grandes,

pequenas,

suaves,

...

E así foi como con motivo do 30 de Xaneiro,

Día da Paz e a non violencia...

 

 

decidimos convertirnos en nubes e entón comezou a chover:

choveron bicos, apertas,

choveron amigos, ilusións,

choveu auga,

...

CHOVEU PAZ!

 

 

IMONOS FACENDO MAIORES

Hoxe festexamos os aniversarios do mes:

Irene está feita unha chica maior, xa ten 5 anos!!!

Na festa pasámolo moi ben!

Parabéns Irene!

PROXECTO: A AUGA

PEQUENOS INVESTIGADORES:

"O sabor da auga" 

"A forma da auga" 

"As cores"

"O olor da auga"

   

 

UNHA CHOIVA DE POEMAS:

"Se eu fose nube"

 

"Chove en Capela"

 

PEQUENOS ARTISTAS:

"Cadros do inverno"


"Elaboramos o noso disfrace"

"Festexamos o Entroido"

"Día da auga"

Mural

 

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA:


A     B     C     D     E     F     G     H     I     L    

M     N     Ñ     O     P    Q     R     S     T     U    

V     X     Z 

 

O RITMO DA AUGA

Festival de Nadal 2010.

"Y lloverá y yo veré"

Aula de música 2º Trimestre

"Música acuática" Haendel

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL

O 22 de Decembro festexamos o Nadal cun gran festival que tivo lugar no Auditorio de Rianxo. Os nenos e nenas de Capela participamos cun baile da canción "Y lloverá y yo veré" do grupo Siempre así.

As nove da mañá xa quentábamos a voz e realizábamos os últimos ensaios.

Ao pouquiño chegaba o autobús.

Xa no Auditorio acomodámonos e dispuxémonos a desfrutar das actuacións dos compañeiros e tamén a esperar o noso turno: actuábamos de sextos. Sí, de sextos! e por moito que preguntamos e repasamos a orde de actuación seguíamos indo no posto 6.

Despois do 1, do 2, do 3, do 4 e do 5 por fin chegou o noso turno!

Uns minutos de concentración e algúns nervios!

 

e xa subidos ao escenario...

fixémolo así de ben!

ver vídeo

BO NADAL!

Nestas datas tan especiais queremos desexar a todos os nosos compañeiros/as, mestres/as e familiares tanta sorte como pingas ten a choiva, tanto amor como raios ten o sol e tanta felicidade como estrelas hai no ceo.

BO NADAL E FELIZ ANO 2011!!!

IMONOS FACENDO MAIORES

Onte festexamos os aniversarios do mes: Xabi xa ten sete anos, Abel cinco e Álvaro xa ten catro.

Merendamos bizcoito e uns pasteis riquísimos que nos fixo a mamá de Xabi.

Pasámolo moi ben!

PARABÉNS CHICOS!!!

O POLIÑO FEO

Onte ,no Auditorio de Rianxo, asistimos á representación do espectáculo de títeres "O poliño feo" posto en escea pola compañía Viravolta. Hoxe, na clase, debuxamos o que mais nos gustou.

 
   
   
   
   
   

COMPARTINDO AVENTURAS

No que vai de curso xa levamos xuntos moitas horas compartindo: xogos, bailes, cantigas, gustos-desgustos, entendementos- algunha que outra discusión, risas-algún que outro choro e...

AVENTURAS! MOITAS AVENTURAS!

Aventuras propias nas que nós fomos os protagonistas indiscutibles. E tamén aventuras axenas nas que os protagonistas foron Pétala, Cocorico, Xaime, os tres porquiños,... e nas que a través da nosa imaxinación fomos capaces de inmiscuirnos para facer fronte ao Dragón, a Gato Pelado, o Lobo feroz...

Coma nenos e nenas que somos temos a sorte de poder vivir con gran entusiasmo e emoción todas e cada unha das aventuras narradas nos contos que chegan ata nós. Por iso, agora que este primeiro trimestre está rematando, cremos que é un bo momento para compartir unha pequena mostra dos traballos recollidos no noso caderno do clube de lectores e lectoras.

 

 

POLIDEPORTIVO E AULA ACTIVA

O Mércores 1 de Decembro tivemos a clase de educación física no Polideportivo de Rianxo. Antes de facer exercicio aproveitamos para achegarnos á Aula Activa e traballar un pouquiño sobre a alimentación saudable.

Pasámolo moi ben! 

 

DE SÓLIDO A LÍQUIDO

O día no que Pétala nos levou á casa da choiva, decimos embarcarnos nun novo proxecto: “A AUGA”. Queremos experimentar e aprender sobre as súas características, estados, composición, utilidades, conservación,…

Como sabemos que noutras das escolas do CRA tamén estades comezando este proxecto, queremos compartir con vós un experimento improvisado que fixemos sobre os estados da auga.

Xa sabedes que levamos uns cantos días pasando moito frío e aínda que en Rianxo é máis difícil que neve pola proximidade do mar, hai lugares relativamente cercanos onde a neve xa se deixou ver. Isto foi o que aconteceu a noite do mércores en Santiago, por iso o xoves o coche da profe chegou á escola cunha pouquiña de neve (a maioría foina perdendo polo camiño).

Falando do tema na clase chegamos á conclusión de que “a neve é auga que co frío se conxela e cando se vai derretendo convírtese de novo en auga líquida”. Estabamos bastante seguros das nosas teorías, pero decidimos comprobalas.

Collimos unha pouquiña de neve nun caldeiro...

   
   

Levámola para a clase...

 

Noelia dixo que coa calor derreteríase mais rápido, por iso decidimos colocar o caldeiro no radiador.

Ao longo da mañá, pouquiño a pouco, foise derretendo...

 

e... sí! ao final a neve converteuse en auga.

 

Foi un experimento moi sinxelo, pero deu lugar a moitas apreciacións e preguntas que comezan a marcarnos o camiño a seguir:

"Como se forma a neve?"

"Por que o xeo se derrete antes se lle aplicamos calor?"

"Por que a neve é branca se é auga e a auga non ten cor?"

"Por que vemos o noso alento os días que vai moito frío?"

"Por que o mar fai que sexa mais difícil que neve en Rianxo?"

Sen dúbida, temos moito que investigar!

Distribuir contido