Escola de Capela

INCORPORACIÓN DOS NEN@S DE 3 ANOS

A incorporación dos nen@s de 3 anos farase atendendo ao seguinte horario:

VENRES 10 de SETEMBRO: De 10 a 12 h.

LUNS 13, MARTES 14, MÉRCORES 15 e XOVES 16 de SETEMBRO: De 9 a 12 h.

Do LUNS 20 ao VENRES 24 de SETEMBRO irase incrementando o tempo de permanencia na aula en función da adaptación de cada nen@.

VACAS PACENDO

Da man de Uxío Novoneyra viaxamos novamente ao frío e xélido inverno.

Dando renda solta á nosa imaxinación e coa creatividade reafirmada 

trala escoita do conto "Moncho e a mancha", que trouxemos o outro

día da Biblioteca do noso amigo Daniel, aventurámonos na elaboración

destes collages onde, baixo a choiva e a neve de Febreiro,

PACEN AS VACAS:

 

 
   
   
   
   
   
   

 

COA FORZA DO VENTO

Hoxe fixemos estas obras de arte co aire que sae dos nosos pulmóns tratando de expresar a forza e a intensidade do vento.

Soprido a soprido este foi o resultado:

   
 
   
   
   
   

Despois de tanto soprar e de axudarlle un pouquiño aos máis peques (QUE TANTO LLES CUSTABA SOPRAR!!!Guiño ) chegamos á conclusión de que o lobo do conto dos porquiños debe ser todo un experto nesta técnica do soprido. 

FALOPIÑAS DE PRIMAVERA

Despois de ler estes versos de Uxío Novoneyra:

FALOPIÑA A FALOPIÑA

VAI BRANQUEANDO A CORTIÑA

CADA MINIÑA O SEU SOÑO...

CADA COPO A SÚA FLAIRIÑA...

 

Decidimos facer unha versión adaptada á estación do ano

na que nos atopamos e este foi o resultado:

 

FLORIÑA A FLORIÑA

VAISE COLOREANDO A CORTIÑA

CADA PÉTALO A SÚA COR...

CADA SOÑO UN OLOR...

 

   
   
   
   
   
   

 

DENDE CAPELA POLA PAZ

NA ESCOLA DE CAPELA CONMEMORAMOS O 30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, CON ACTIVIDADES ENCAMIÑADAS A TRABALLAR O TEMA "UN POUQUIÑO MÁIS" QUE DE COSTUME, POIS XA O TEMOS PRESENTE Ó LONGO DE TODO O ANO.


OS MAIORES FIXERON UNHAS POMBIÑAS, OS PEQUENOS UNS DEBUXOS PARA O MURAL...

   
   
   
   
   
   

E TODOS ESCRIBIMOS A NOSA MENSAXE:

DENDE CAPELA POR UN MUNDO DE PAZ.

 

UN NOVO CURSO

FAI POUCO COMEZAMOS UN NOVO CURSO, CARGADOS DE ILUSIÓN E CON MOITAS, MOITÍIIIISIMAS GAÑAS DE APRENDER.

AGORA XA ESTAMOS EN MARCHA: NOVOS PROXECTOS, NOVAS VIVENCIAS, AVENTURAS,.... A MELLOR, SEN DÚBIDA, A AVENTURA DE APRENDER, E POR SUPOSTO, A AVENTURA DE COMPARTIR APRENDIZAXES. POR ISO O LONGO DO CURSO IREMOS MOSTRÁNDOVOS NESTA PÁXINA ANAQUIÑOS DALGUNHAS DAS EXPERIENCIAS QUE VAIAN TENDO LUGAR NA NOSA AULA, E O MESMO TEMPO DESFRUTAREMOS CON AQUILO QUE NOS ENSINEDES DENDE AS VOSAS ESCOLAS.

HOXE NON TEMOS NADA QUE MOSTRAR, POR ISO SIMPLEMENTE APROVEITAMOS PARA SAUDARVOS E PRESENTARNOS, POIS NA NOSA AULA (ó igual que nalgunhas das vosas) TAMÉN TEMOS NOVAS INCORPORACIÓNS: OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS.

DESEXÁNDOVOS O MELLOR PARA ESTE CURSO 2009-2010, DESPEDÍMONOS ATA A PRÓXIMA.

UN BICO MOI GRANDE DENDE CAPELA.

Distribuir contido