Escola de Capela

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes:

Noelia Fernández, que é a maior da escola, xa ten 8 anos!!!

Laura cumpriu 7 e Alex e Gabriel xa son chicos de 4!!!

PARABÉNS!

DÍA DO LIBRO

O Día do Libro elaboramos uns marcapáxinas do "peixe vermello".

Quedáronnos así de bonitos:

SAÚDE BUCODENTAL

O 19 de Abril recibimos unha visita moi especial e importante: traballadoras da Clínica dental Mares achegáronse ata a escola.

Aprendemos moito sobre saúde bucodental e ademáis recibimos un agasallo!!!

Moitas grazas!

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes:

Uxía Lorenzo xa ten 5 anos!!!

 

PARABÉNS CHICA!!!

ENTROIDO

O Venres 17 de Febreiro festexamos o entroido na Escola de Abuín. O desfile? Sobre o mar. Nós? DE PIRATAS!!!.

Non nos costou moito meternos no noso papel, pois non facía tanto que déramos os nosos primeiros pasos como piratas: alá polo Nadal, cando bailamos "LA CANCIÓN DEL PIRATA" . Entre todos fixémolo moi ben, aí deixamos a actuación para o recordo:

BIBLIOTECA

O Luns 13 de Febreiro asistimos a unha sesión de contacontos na sede do CRA. Gustounos moito!

Tamén tivemos tempo para ver os contos da biblioteca de Daniel e buscar aqueles que queremos levar como préstamo para a nosa aula.

PARABÉNS

Festexamos os aniversarios de Xaneiro:

Irene xa ten 6 anos!!!

e Xoel cumpriu 4!!!

PARABÉNS CHIC@S!!!

PARABÉNS!!!

Este mes festexamos os aniversarios un pouquiño por adiantado,

pero agora que decembro chega ao seu fin,

xa o poden dicir:

Abel ten 6 anos, Álvaro 5 e Xiana xa é unha chica de 3.

PARABÉNS!!!

POLIDEPORTIVO

Hoxe, 28 de Novembro, asistimos á primeira sesión

de educación física no polideportivo de Rianxo.

Antes fixemos unha paradiña na Aula activa,

onde vimos uns vídeos relacionados co mar.

Distribuir contido