Escola de Capela

CONCERTO DIDÁCTICO

O Mércores recibimos a visita dalgúns membros da Escola de Música de Rianxo.

Chegaron a Capela cos seus instrumentos e interpretaron para nós "A frautista de Hamelin". Desfrutamos co concerto...

cos instumentos...

e plasmamos a historia da frautista nos nosos debuxos:

AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA

A semana pasada realizamos a sesión de música e biblioteca na sede do CRA en Asados.

Coa música acuática de Haendel e co profe Rubén como guía demos un paseo en barca:

A media mañá repuxemos forzas...

Na biblioteca esperábanos a profe María que nos levou a unha fábrica de nubes, presentounos á tartaruga Manuelita e a unha nena que se fixo amiga dunha nube:


Aproveitamos a ocasión para ensinar os traballos realizados no caderno de Daniel:

e despedímonos con moito ritmo...

ata a próxima!!!

PARABÉNS PAPÁ!

Hoxe, 19 de Marzo, festexamos o seu día:

     
     
     
   

O DÍA DE TODOS OS PAPÁS!!! 

Esta data tan sinalada tívonos moi atarefados ao longo da semana, pois queríamos transmitir o noso amor dun xeito especial. Por iso decidimos agasallar aos papás con estas xoaniñas e tartarugas- lapiseiros que fixemos con moito agarimo e ilusión.

 
 
 

 

O ENTROIDO

O Venres 4 de Marzo festexamos o entroido xunto con todos os nenos e nenas do CRA.

Aínda que luciu o sol foi un entroido pasado por auga, pois na escola da Vacariza desfilaron: paraugas, pingas, bonecos de neve, barcos, lavandeiras, nubes, tormentas, fregonas, e...

Nós!

 

Disfrazámonos de arco da vella e pasámolo moi ben!!!

 

IMONOS FACENDO MAIORES

O venres festexamos os aniversarios do mes:

Uxía Lorenzo xa ten 4 anos!!!

Convidounos a un biscoito moi rico

e pasámolo moi ben todos xuntos!

 Parabéns Uxi!

CHOVE EN CAPELA

Xa fai algún tempo, na Biblioteca de Daniel,
desfrutamos dun libro de poemas de Antonio García Teijeiro titulado “Chove
nos versos”
. Despois a profe María díxonos que…

Choveu en Novembro

sobre Capela

choiva vermella

choiva amarela

e animounos a ser poetas!

Púxonolo moi fácil: dounos algunha pista e
recordounos que nos nosos poemas podería chover sobre todo aquilo que nós
puidésemos imaxinar.

E vai se tiña razón!

Comezou chuviscando, pois os primeiros versos
saíron amodiño, con certa dificultade…

Chove en Xaneiro

sobre a paz

Titiriteira

Titiritaz

 

Chove en Febreiro

nos namorados

Titiriteiros

Titiritaros

 

Chove en Xuño

sobre o mar

Titiriteiro

Titiritar

 

Chove en Decembro

sobre o Nadal

Titiriteiro

Titirital

Pero cando nos quixemos dar conta, xa estaba
chovendo a cántaros! E daquela, ninguén puido evitar a molladura:

 

PORQUE TE QUERO MOITO!

No día dos namorados, os nosos amigos de primaria agasalláronnos cun  corazón moi bonito porque din que nos queren moito.


E como todos temos na nosa vida a persoas ás que queremos un montón, hoxe quixemos recordarllo con estes corazóns que fixemos con todo o noso agarimo.

 

 

PARA TI PORQUE TE QUERO!

MIRA COMO PASA O RÍO...

" Mira como pasa o río.

Mira como vai pasando.

Beixos de escuma debuxa

nas pedras que vai mollando"

Antonio García Teijeiro

CADROS DE INVERNO

O outro día Laura levou a casa un conto da Biblioteca de Daniel titulado "Os mil brancos dos esquimós" escrito por Isabel Minhós e ilustrado por Madalena Matoso. A Laura gustáronlle moito as ilustracións do conto, están feitas con anacos de papel. Así que ademais de levar o conto, levou un xornal porque dixo que ía intentar facer un debuxo con esta técnica (que xa practicáramos un pouquiño o curso pasado)

O luns ensinounos a súa obra de arte:            

fixo un sol 

e quedoulle así de bonito.

 

Xa nos estabamos animando para intentalo cando chegou a aula un libro novo de poemas "Ondas de verde e azul" de Ana Mª Fernández, ilustrado por Fino Lorenzo que empregou recortes de xornal nos seus debuxos: estrelas, nubes, corazóns,..

Agora sí! Xa estabamos completamente motivados. Así que nos puxemos mans á obra tendo en conta unha única condición: a temática xeral do cadro sería libre, pero teríamolo que ubicar no inverno, pois xa tocaba levar os cadros do outono para a casa e poñer na clase os da estación na que nos atopamos.

Despois do traballo quedáronnos así de bonitos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
   

 

Distribuir contido