Escola de Capela

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes:

Noa xa ten 7 anos, Ramón e Jorge cumpriron 6 e Nerea xa ten 3!!!

PARABÉNS CHIC@S!!!

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO

Con motivo do 20 de Novembro,

Día Universal dos dereitos da infancia,

elaboramos uns colgadores para a porta da nosa habitación,

recordando algúns dos dereitos que temos

 todos os nenos e nenas do mundo por igual.

BIBLIOTECA E MÚSICA EN ASADOS

O Mércores 9 de Novembro tivemos a primeira sesión

de biblioteca e música en Asados.

Co profe Rubén mergullámonos na música:

música do mar.

A biblioteca estaba moi bonita!

O outono tamén chegara ata alí!!!

Recordamos a Daniel, confirmando o nosos desexo

de renovar os nosos carnets de lectores e lectoras

e os máis pequenos fixéronse socios por primeira vez.

Coa profe María desfrutamos das historias:

historias contadas, cantadas, bailadas,...

Xa en Capela, debuxamos ao peixe vermello e os seus amigos,

persoaxes que xa forman parte da travesía na que decidimos

embarcarnos ao longo deste curso

xunto con todos os compañeiros e compañeiras do CRA.

O OUTONO

Cando o vento comezou a soprar,

o outono chegou a Capela cargadiño de actividades

que nos tiveron moi ocupados nesta época do ano que tanto nos gusta:

bailes,

cantigas,

xogos

(o noso preferido, sen dúbida!: as carreiras de follas),

os móbiles do outono,

o mural dos porquiños,

o magosto,...


PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes:

Uxía Lojo xa ten 4 anos e os chicos (Juanjo, Beltrán e Berna) xa teñen 5.

PARABÉNS!!!

PABLO PICASSO

O Venres 28 de Outubro visitamos en Santiago a exposición "Suite Vollard" de Pablo Picasso.

Foi a primeira saída do curso á que fomos todos xuntos,

para moitos dos peques era a primeira excursión da súa vida,

para algún a súa primeira viaxe en autobús,

...

Por todo iso e porque nos gusta compartir as nosas experiencias con vós,

aí quedan algunhas fotos para o recordo:

No autobús...

ao comezo da visita, ...

e como nas salas non se podían facer fotosTriste,

o que aconteceu despois quedou recollido únicamente na nosa memoria

e esta vez tivemos que contárvolo a través das palabras,

sen imaxes que nos axuden a recordar.

O SAMAÍN

Con moita imaxinación e creatividade os pais,avós, padriños,...

axudáronnos a adornar as cabazas do samaín.

Nas aulas tamén andivemos entre cabazas e arañas.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes:

E UN, DOUS, TRES!

TODOS CALADIÑOS, BEN ACOMODADOS E MOI ATENTOS: COMEZA UN NOVO CURSO!!

Coma sempre cheos de ilusón,pero este ano ademáis fixémolo con moito ritmo,

pois o luns 19 de Setembro asistimos a un concerto sobre as músicas no cinema infantil

 que correu a cargo da Banda da Escola de música de Rianxo.

 

Os músicos convidáronnos e nós por suposto asistimos encantados:

Dende a esquerda: Noelia M., Berna, Juanjo, Uxía Lojo, Irene, Noa, Uxía Lorenzo,

Ramón, Álvaro, Beltrán, Jorge, Abel, Noelia F., Iria e Laura.

Os máis pequenos tamén foron, pero fixérono acompañados polas súas familias.

Aquí vos presentamos ás novas incorporacións da escola de Capela: 

FELICITAMOS AOS MÚSICOS POLO GRAN CONCERTO!

E APROVEITAMOS ESTE MOMENTO PARA DAR A BENVIDA NESTE NOVO CURSO

A TODOS OS COMPAÑEIR@S, MESTRES E FAMILIAS DO CRA.

LIBROS DE TEXTO. CAPELA

MATERIAL IMPRESO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CAPELA -Curso 2011-2012

1º NIVEL
• Camiño1 Galicia. Ed.Vicens-Vives 2011.
IBSN: 978- 84 -682- 0179- 5
• Letras 1 Pauta. . Ed.Vicens-Vives.
ISBN: 978--84- 682- 0173- 3
• Matemáticas1 Proyecto“Los caminos del saber”Ed. Santillana 2011.
ISBN: 978-84-294-9124-1
• Música 1. Ed. Anaya 2011.
IBSN: 978- 84 -678- 0001- 2
• Coñecemento do Medio 1. Ed. Anaya 2011.
ISBN: 978- 84- 667-9953- 9
• Inglés
FIND OUT 1, PUPILS BOOK. Ed. MACMILLAN

2º NIVEL
• Camiño2 Galicia. Ed.Vicens-Vives 2011.
IBSN: 978- 84- 682-0194- 8
• Letras 2 . . Ed.Vicens-Vives2011.
ISBN: 978-84-682-0168-9
• Matemáticas 2 Proyecto“Los caminos del saber”Ed. Santillana 2011.
ISBN: 978-84-294-9670-3
• Coñecemento do Medio 2. Ed. Anaya 2011.
ISBN: 978- 84 -667 -9956-0
• Música 2. Ed. Anaya 2011
IBSN: 978-84-678-0003-6
• Inglés
FIND OUT 2, PUPILS BOOK . Ed. MACMILLAN

FIN DE CURSO

O Mércores 22 de Xuño fixemos unha festa para despedir o curso.

Antes de que chegaran os convidados puxémonos mans a obra para telo todo listo:

Isto rematou, así que:

"Desexamos un bo verán para todos os compañeir@s, mestres e familiares do CRA".

Adicamos unha aperta especial aos compañeiros que nos deixan e recordámoslle que non se esquezan de facernos algunha visita o próximo curso.

Distribuir contido