Escola de Capela

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos o aniversario de Uxía Lorenzo.

É a máis maior da aula de infantil: xa ten 6 anos!!!

PARABÉNS CHICA!

A FESTA DO ENTROIDO

Os castelos tivéronnos (e terannos) ocupados durante un tempo:


O xoves pasado trasladamos parte do traballo de aula

ata o centro cultrural para ambientar o espazo da festa do entroido.

A partir de aí, as familias fixeron o resto.

Con moita imaxinación e algunha que outra creación propia,

completaron o noso traballo e deixaron todo listo

á espera de que o tempo nos dera unha tregua.

E así foi!!!

O venres 8 de Febreiro puidemos festexar o entroido

xunto con todos os compañeiros e compañeiras do CRA.

O pasarrúas,

que abarcou dende a Prehistoria ata a Idade Media,

contou coa participación de:

prehistóricos, picapedras, guerreiros, vikingos,

exipcios, romanos, bufóns, damas, cabaleiros,…

Tod@s estaban guapísim@s!!!

Nós desfilamos de bufóns.

 E aínda que tivemos algunha dúbida, ao final atrevémonos co xornal.

Como sempre, as familias estiveron aí para facer posible a idea.


Con tanto axetreo, esquecémonos de facerlles unha foto de grupo aos pais e nais.

Que pena!

Estaban moi guapos e moi simpáticos,

xa que con moito sentido do humor decidiron acompañarnos disfrazados!

Pola ilusión posta na organización e o traballo realizado:

un aplauso para as familias!

E aínda que xa o saben:

MIL GRAZAS POR TODO!

ENTROIDO 2013

Despois do Nadal demos un salto bastante grande para chegar ata a Idade Media.

A nosa motivación: " Os castelos".

Por ese motivo, exerceremos de bufóns do rei no pasarrúas histórico que terá lugar na nosa escola o próximo venres.

Estades tod@s convidados!!!GuiñoGuaySorriso

RECIBIMOS UN DIPLOMA!

Con todo listo para o Entroido, hoxe recibimos uns diplomas polo traballo realizado.

Os nen@s de primaria recolleron un diploma grupal por ser moi bos compañeiros

e uns diplomas individuais polo moito que axudaron aos pequenos.

Os nen@s de infantil recibiron un diploma grupal por ser moi bos compañeiros.

Todos estabamos encantados!

Rematamos o acto de entrega de diplomas bailando.

As consignas do Toribio e a caixa de disfraces que chegou á escola

aumentaron a emoción polo Entroido e as gañas de festa!!!!

DIA DA PAZ

Con motivo do 30 de Xaneiro, fixemos uns estandartes da paz

cheos de amor e amizade.

PARABÉNS!!!

O Venres pasado festexamos os aniversarios de Xaneiro:

Sabela e Clara xa teñen 4 anos,

Xoel 5 e Irene 7!!!

A festa comezou a animarse coas cantigas do entroido,

pero o "ghai, ghai" derivou moi rápidamente no

"Gangnam style":

CASTRO NEIXÓN

O Xoves 17 de Xaneiro visitamos o Centro arqueolóxico do Barbanza.

O tempo non quixo acompañarnos, polo que non puidemos explorar o exterior.

Aínda así, foi unha saída moi interesante.

BO NADAL!

Dende Capela queremos desexarvos:

"Felices Festas e un Próspero Aninovo"

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os últimos aniversarios do ano:

Xiana xa ten 4 anos e Abel é un chico de 7!!!

Nesta ocasión, as panxoliñas foron

as encargadas de animar a festa!

PARABÉNS!

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes:

Hugo cumpriu 3 anos, Nerea 4 e Jorge xa ten 7!!!

PARABÉNS CHIC@S!

Distribuir contido