A FESTA DO ENTROIDO

Os castelos tivéronnos (e terannos) ocupados durante un tempo:


O xoves pasado trasladamos parte do traballo de aula

ata o centro cultrural para ambientar o espazo da festa do entroido.

A partir de aí, as familias fixeron o resto.

Con moita imaxinación e algunha que outra creación propia,

completaron o noso traballo e deixaron todo listo

á espera de que o tempo nos dera unha tregua.

E así foi!!!

O venres 8 de Febreiro puidemos festexar o entroido

xunto con todos os compañeiros e compañeiras do CRA.

O pasarrúas,

que abarcou dende a Prehistoria ata a Idade Media,

contou coa participación de:

prehistóricos, picapedras, guerreiros, vikingos,

exipcios, romanos, bufóns, damas, cabaleiros,…

Tod@s estaban guapísim@s!!!

Nós desfilamos de bufóns.

 E aínda que tivemos algunha dúbida, ao final atrevémonos co xornal.

Como sempre, as familias estiveron aí para facer posible a idea.


Con tanto axetreo, esquecémonos de facerlles unha foto de grupo aos pais e nais.

Que pena!

Estaban moi guapos e moi simpáticos,

xa que con moito sentido do humor decidiron acompañarnos disfrazados!

Pola ilusión posta na organización e o traballo realizado:

un aplauso para as familias!

E aínda que xa o saben:

MIL GRAZAS POR TODO!

Felicidades atrasadas Antroido 2013

Gustounos moito o Antroido e pouco a pouco vamos perdendo o medo aos disfraces.

Votamos moito de menos á profe Pili e a profe Jose. Xa temos ganas de volver a velas.

Unha aperta para tod@s profesores e amig@s.

 

Xiana e o seu papá (A Capela)

Moitas felicidades pola festa do Entroido

Ola chicos non puiden ata hoxe botarlle unha ollada ás novas, a verdade e que me dou moita pena Choranon poder estar con vos o día do Entroido me tocaba ir ao Castelao, pero pensei moito en vos ese día, eu disfraceime de xoaniña, e vos estábades guapísimos de bufóns Sorrisoe que ben preparastedes todo, as familias merecen un apalauso moi forte porque traballaron moito: moitas felicidades! E moitos bicos para todos os nenos de Capela que me dixo un paxariño que vos portastedes moi ben.   Beso

Moitísimas grazas!

Risa Moitísimas grazas polos comentarios! Eu tamén vos boto de menos e espero poder ir a faceros unha visita pronto. Xa vin polas fotos o guapos e guapas que andábades todos e todas e xa me contaron que o pasástedes xenial!

Mándovos un biquiño enorme BesoBesoBeso.

Profe Pili!

PASÁMOLO MOI BEN NO

PASÁMOLO MOI BEN NO ENTROIDO!

GRACIAS A TOD@S POLOS VOSOS COMENTARIOS DO ENTROIDO, DOS ANIVERSARIOS, DAS ACTIVIDADES,...

FAINOS MOITA ILUSIÓN RECIBIR OS VOSOS COMENTARIOS.

BICOS.

OS NENOS E NENAS DE CAPELA.

BesoGuiñoBesoChoraGuayRisa

OLA PROFE JOSE! QUE

OLA PROFE JOSE! QUE ALEGRÍA!

GRACIAS, PASÁMOLO MOI BEN. PREO NON, NON NOS ACORDAMOS DE GARDARCHE UNHA FILLOA, COMÉMOLAS TODAS.

PERO SABES QUE ESTÁS CONVIDADA A TODAS AS FESTAS DO CRA. AVISÁMOSCHE PARA A PRÓXIMA.

QUE TAL OS TEUS NENOS E NENAS? SON BOS? FAN MOITO DEPORTE?

NÓS COMEMOS MOITO E FACEMOS MOITA XIMNASIA.

CANDO VAS VIR A VISITARNOS?

MOITOS BICOS.

ALEXGuay FELIXGuiño XOELGuay EZEQUIELCanso CLARABeso XIANACanso KIARACansoMARTAInocente

UXIABeso UXIABeso NEREAGuay IKERRisa IKER GChora HUGOSorprendido SABELACanso

GABRIELGuay CRISTIANGuay

ANABeso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

QUE FENÓMENOS!

CANTO TRABALLO PREVIO AO ENTROIDO! PERO QUE BOS RESULTADOS. ESTADES TOD@S MOI GUAPOS E AS FILLOAS E ORELLAS TEÑEN UNHA PINTAZA,.... SEGURO QUE NON ME GARDASTES UNHA? XA ME GUSTARÍA PROBAR. A PRÓXIMA VEZ AVISADE QUE ME APUNTO!!

MOITOS BICOS DE JOSE Beso

FOI  UNHA FESTA ESTUPENDA

FOI  UNHA FESTA ESTUPENDA XA QUE A  MAYOR PARTE DOS PAIS E NAIS  TAMÉN SE DISFRAZARÓN E ESO ANIMOU  MOITO A TODOS OS NENOS E NENAS . SOLO FALTABA UNHA PERSOA PARA QUE ESTA FESTA FORA PERFECTA , UNHA PERSOA  QUE TAMÉN      COLABOROU  NA PREPARACIÓN  DE ESTE ENTROIDO  E A CAL VOTAMOS MOITO DE MENOS , A PROFE  PILI .  UNHA APERTA  MOI GRANDE PARA  ELA DE  :  LAURA , ALEX E A SUA NAI.

E PARA A PROFE ANA DECIRLLE  ¡ BRAVO!  POLA FANTASTICA ORGANIZACIÓN DA FESTA.Guay 

Fiesta del carnaval

Nos lo pasamos genial en la fiesta de Carnaval, todos los niños del CRA estaban guapísimos y la merienda para chuparse los dedos, solo nos faltaba la profe Pili que ayudó mucho a organizar y no pudo disfrutarla. De todas maneras, UNA FIESTA GENIAL.

Paula, la mamá de Juanjo.

AGRADECEMENTOS

GRACIAS A VÓS POR ORGANIZALO, QUE SABEMOS DE ALUMNOS DE OUTROS CENTROS DO CONCELLO QUE NON PUDERON DISFRUTAR DESTA FESTA DE ENTROIDO, NIN CA ELABORACIÓN DE DISFRACES, PASARRÚAS, COMIDAS TÍPICAS, ETC..

 

 

Nai de Xoel.