Escola de Capela

POLIDEPORTIVO

O Xoves 29 de Novembro tivemos a sesión de educación física

correspondente ao primeiro trimestre no polideportivo de Rianxo.

Antes achegámonos ata a aula activa,

o "aforro enerxético" foi o tema que nos mantivo ocupados.

Xa no poli participamos nos xogos

que o profe Óscar tiña preparados para nós.

Pasámolo moi ben!!!

GALLAECIA PETREA

O Xoves 22 de Novembro visitamos a cidade da cultura en Santiago.

Aí deixamos algunhas imaxes:

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Danza del miedo.1938

Esta obra de Paul Klee axudounos a falar dos medos,

dos nosos, os máis comúns:

medo ás arañas,

á escuridade,

ás bruxas,

aos lobos,...

pero tamén deses outros medos que sufren

miles de nenos e nenas no mundo

e que por sorte para nós

xa non nos resultan tan comúns:

medo ás guerras,

á pobreza,

á fame,

ao frío,

ao desamparo,...

O Martes 20 de Novembro conmemorouse

O DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.

O noso desexo nun día tan especial?

que todos os nenos e nenas do mundo poidan danzar sen medo.

BIBLIOTECA E MÚSICA

O Xoves 15  de Novembro asistimos á primeira sesión de biblioteca na sede do CRA.

O samaín e o Halloween tamén chegaran ata alí.

"Corre, corre cabaciña" na voz e dramatización da profe Yoli

e

"Run Pumpkin run" a cargo da profe Tamara.

Un mesmo conto narrado á vez en dúas linguas!!!

Foi unha experiancia nova, diferente,...

que acollemos con gran entusiasmo e atención.

PARABÉNS ÁS PROTAGONISTAS!!!

Tamén asistimos a clase de música, dirixidos polo profe Rubén

participamos na sesión que tiña preparada para nós.

MAGOSTO

O Venres 9 de Novembro festexamos o magosto na escola de Outeiro.

Cancións, bailes, xogos e castañada!!!

OUTONO

"El mensajero de otoño" 1922

Paul Klee.

SAMAÍN

Con motivo do Samaín fixemos na escola unha exposición de cabazas.

Mesturando tradición e modernidade, as familias axudáronnos a decoralas.

Quedaron chulísimas!

PARABÉNS

Comezamos as festas dos aniversarios.

Neste mes de Outubro cumpriron:

Marta, Uxía, Berna, Juanjo e Beltrán.

As chicas cumpriron 5 e os chicos de primeiro

xa teñen 6 anos!

PARABÉNS A TOD@S!!!

 

PAUL KLEE

Da man de Paul Klee descubriremos,

durante este primeiro trimestre:

o punto,

a liña,

as formas,

as cores,...

 

"Un debuxo é unha liña que saíu a pasear"

dicía Paul Klee.

BENVID@S!!!

Compartir un sorriso con tod@s (compañeir@s, metres e familias)

é a mellor forma que se nos ocorre para dar comezo a este novo curso.

Sen dúbida, o sorriso máis especial adicámosllo aos compañeir@s nov@s,

pois os inicios, por moi ben que se leven, sempre son momentos difíciles.

A todas e a todos:

BENVID@S!

Distribuir contido