Escola de Capela

ÍMONOS FACENDO MAIORES

O venres 17 de Xuño festexamos os aniversarios do mes: Ana e Nerea cumpriron 8 anos, Iria 7 e Noelia xa ten 6 anos.

Foi unha mágoa non poder festexar ao aire libre os aniversarios dos que naceron máis pretiño do verán ou mesmo no verán, pois algunha xa o estaba celebrando por adiantado!!!

Aínda así, pasámolo moi ben!!!

PARABÉNS CHICAS!!!

GRANXA ESCOLA BERGANDO

O Martes 24 de Maio realizamos a excursión de fin de curso.


Este ano fomos á “Granxa-escola Bergando" en Negreira.

Chegamos cheos de ilusión e con moitas gañas de desfrutar:


Comezamos a mañá con xogos e manualidades:


Despois puxemos o delantal  e convertidos en pequenos cociñeiros

fixemos unhas mini-pizzas moi  ricas:


Co xantar repuxemos forzas para afrontar a tarde:


Visitamos o horto e os animais da granxa:


E por fin, nos tocou montar en cabalo!!!


Pasámolo moi ben!


Foi unha gran experiencia  e como tal a plasmamos nos nosos debuxos:


CARREIRA DAS LETRAS

O Venres 13 de Maio festexamos as letras galegas cunha gran carreira en Campo Maneiro, xuntámonos con todos os nen@s do CRA e con algúns compañeir@s do CEP Brea Segade.

Comezamos os entrenamentos en Capela mentres agardábamos a chegada do autobús:

ao chegar acomodámonos para ver a carreira e cando a profe Jose deu a saída:

animamos sen parar,

 

corremos como campións,

cantamos e engalanamos o Maio,

homenaxeamos a Lois Pereiro,

recollemos a nosa medalla

e por último repuxenos as forzas perdidas.

Pasámolo moi ben, pero faltounos ver aos pais e nais da nosa escola correndo na carreira dos adultos. Aínda que non llo teremos en conta xa que nos acompañaron ao longo de toda a mañá e PROMETERON ANIMARSE PARA A CARREIRA DO 2012.

Como para iso aínda temos que agardar, mentres podemos desfrutar coas imaxes deste ano:

PIRAGÜISMO

O Mércores os nenos e nenas de primaria realizaron unha saída moi deportiva:atrevéronse co piragüismo.

Trouxéronnos estas fotos tan bonitas para compartir e para demostrar que están feitos uns expertos:

CABÁRCENO

Fai uns días Uxía Lorenzo visitou o Parque da Natureza de Cabárceno, en Cantabria.

Pasouno moi ben e viu un  montón de animais salvaxes: leóns, xirafas, hipopótamos, cebras,...

Uxía foi cos seus papás e entre todos acordáronse de nós e trouxéronnos estas imaxes tan bonitas para, a través delas, compartir parte da súa experiencia:

DISNEYLAND PARIS

Aproveitando os últimos días de descanso na escola, Beltrán realizou unha longa viaxe coa súa familia.

En avión chegou ata Suíza, onde está o seu avó, e dende alí viaxou en tren ata París. Visitou Disneyland e trouxo estas fotos tan bonitas para compartir:

PARABÉNS MAMÁ!

Hoxe, 1 de Maio, queremos felicitar a todas as mamás do mundo e especialmente ás nosas. Para elas fixemos, con moito agarimo, estes abanos tan bonitos:

FELIZ DÍA DA NAI!!!

IMONOS FACENDO MAIORES

Este venres festexamos os aniversarios do mes: Kevin xa ten 8 anos, Noelia Fernández 7 e Laura 6.

A festa foi especial,pois como o tempo o permitiu festexamos o primeiro "picnic"-aniversario do curso.

Os biscoitos feitos polas súas mamás estaban boísimos.

Pasámolo moi ben!!!

Parabéns chic@s!!!

VISITA DOS BOMBEIROS

O Mércores 13 de Abril tivemos unha visita moi especial: os bombeiros viñeron á escola!!!

Foi unha charla moi interesante na que aprendemos como actuar ante un incendio:

Se se pode, sairemos en orde, con tranquilidade, escoitando as indicacións dos adultos e sen coller peso.

Chamaremos ao 112 para que veñan os bombeiros:

Cando cheguen apagarán o lume:

Pasámolo moi ben e quedounos todo moi claro, aínda que...

esperamos non telo que poñer en práctica!

Distribuir contido