DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Danza del miedo.1938

Esta obra de Paul Klee axudounos a falar dos medos,

dos nosos, os máis comúns:

medo ás arañas,

á escuridade,

ás bruxas,

aos lobos,...

pero tamén deses outros medos que sufren

miles de nenos e nenas no mundo

e que por sorte para nós

xa non nos resultan tan comúns:

medo ás guerras,

á pobreza,

á fame,

ao frío,

ao desamparo,...

O Martes 20 de Novembro conmemorouse

O DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.

O noso desexo nun día tan especial?

que todos os nenos e nenas do mundo poidan danzar sen medo.

QUE OBRAS TAN BONITAS

QUE OBRAS TAN BONITAS FIXESTES, NENOS E NENAS DE CAPELA! GÚSTANNOS MOITO, TANTO COMA A PINTURA DE KLEE

MOITOS BICOS DOS NENOS E NENAS DE PAZO