Escola de Capela
DÍA DA FAMILIA
O 15 de Maio conmemorouse o Día Internacional da Familia.
Para festexalo elaboramos uns portafotos
que achegamos ata casa con moita ilusión
e a intención de completalos con fotografías de toda a familia.
Quedáronnos así de bonitos:
- APIs de Blogue
PARABÉNS!
O Venres festexamos os aniversarios do mes:
Álex e Gabi cumpriron 5 anos
e Laura xa ten 8!!!
A profe María tamén cumpriu en Abril!
Tendo en conta o bo tempo dos días anteriores,
fixemos o intento para que este fora o primeiro
picnic - aniversario do curso, pero o vento decidiu
non colaborar e tivemos que resgardarnos no centro socio- cultural.
Alí dentro hai moito eco polo que nesta ocasión suprimimos
a sesión de artisteos varios.
Non cantamos nin bailamos,
pero rematamos a festa organizando carreiras no exterior.
A emoción estivo presente tanto na pista como nas gradas.
Informamos ás familias que con isto damos por inaugurados
os entrenos para a carreira das letras galegas en Campo Maneiro!
Supoñemos que a indirecta é bastante directa
e non é preciso recordar que nese día,
ademáis das carreiras infantís,
haberá....
CARREIRA DE ADULTOS!!!
DÍA DO LIBRO
Con motivo do día do libro quixemos escribir contos
para incluir no noso traballo dos castelos.
Fixemos a actividade en pequenos grupos.
Ao inicio houbo as típicas dificultades
para tomar decisións sobre
o que poñemos e o que non.
Pero finalmente houbo acordo e
incorporamos a nosa biblioteca tres novos exemplares.
Co traballo rematado quixemos compartilo cos compañeiros
nunha sesión de contacontos que imos a deixar subtitulada
porque aínda que normalmente non temos dificultades para berrar
(incluso máis da conta!)
xa postos en escea, ás veces a vergonza fai das súas.
Aínda así fixémolo moi ben!!!
Félix, Uxía Lorenzo, Iker T., Xoel, Uxía Lojo e Marta
contáronnos:
"O AMOR"
Gabriel, Álex, Cristian, Xiana, Nerea e Kiara
contáronnos:
"OS PEIXES E O TIBURÓN"
Os máis pequenos, cunha pouquiña de axuda,
contaron:
"O CONTO DO CASTELO"
versionando o seu propio conto sobre a marcha,
empeñados en comezalo constantemente.
E é que como todo o mundo sabe:
Había unha vez...
Fotocopiados en formato mini, metemos os nosos contos
nunha caixa-castelo e achegámolos a casa
para compartir coas familias nun día tan especial:
CASTELO DE SOUTOMAIOR
O Mércores 17 de Abril visitamos o Castelo de Soutomaior.
Levábamos taaaaaanto tempo agardando!!!
Coa visita xa programada informáronnos de que
actualmente o Castelo non conta con monitores
que guíen as visitas.
Sen dúbida, esta foi unha moi mala nova,
pois somos moitos e a organización por parte
de guías ou monitores facilita o desenvovemento
das actividades nas que participamos.
Nese momento pensamos que xa non sería viable,
pero a profe Celia
(coordenadora de actividades complementarias)
non se desanimou e ofreceuse a preparar a visita
e xunto co profe Rubén facer de guías
para que a actividade puidera sair adiante.
Nós, que levamos tanto tempo traballando
sobre os castelos, queremos agradecerllo moi especialmente!!!
Co problema dos guías solucionado,
a choiva tivo que facer das súas
e obrigarnos a agardar unha semana máis.
Superados todos os contratempos,
finalmente realizamos a visita:
ENCANTOUNOS!!!
e volvemos a Capela
cun montón de fotos para o noso libro dos castelos.
DISNEYLAND
En Semana Santa Beltrán e Kiara visitaron ao seu avó en Suíza
e aproveitando a viaxe achegáronse novamente a Disneyland Paris.
Coma sempre acordáronse de nós e volveron con moito que contar,
fotos para ensinar e bombóns para compartir!!!
Moitas grazas chicos!
Aproveitamos a ocasión para saudar ao seu avó
e agradecerlle que sempre se acorde de nós enviándonos bombóns
(que por certo, están boísimos!).
- APIs de Blogue
SALÓN DO LIBRO
O Martes 19 de Marzo visitamos o Salón do libro en Pontevedra.
Primeiro percorremos a exposición "A toda máquina"
e despois asistimos á obra de teatro "Os seis barbudos".
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
O Mércores 13 de Marzo achegámonos ata o polideportivo de Rianxo
para participar na sesión de educación física correspondente ao segundo trimestre.
Aproveitamos o desprazamento para visitar a Biblioteca do Concello
e fixemos moito deporte!
BIBLIOTECA
O Xoves 7 de Marzo achegámonos ata a biblioteca do CRA
para participar na sesión correspondente ao segundo trimestre.
Nesta ocasión chegamos ata alí convidados por OQO Editora:
unha fábrica de contos!!!
Álex e Patricia foron os esncargados de contar, cantar, tocar,...
historias que saen da súa fábrica.
MOITAS GRAZAS!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »