DÍA DO LIBRO

Con motivo do día do libro quixemos escribir contos

para incluir no noso traballo dos castelos.

Fixemos a actividade en pequenos grupos.

Ao inicio houbo as típicas dificultades

para tomar decisións sobre

o que poñemos e o que non.

Pero finalmente houbo acordo e

incorporamos a nosa biblioteca tres novos exemplares.

Co traballo rematado quixemos compartilo cos compañeiros

nunha sesión de contacontos que imos a deixar subtitulada

porque aínda que normalmente non temos dificultades para berrar

(incluso máis da conta!) 

xa postos en escea, ás veces a vergonza fai das súas.

Aínda así fixémolo moi ben!!!

Félix, Uxía Lorenzo, Iker T., Xoel, Uxía Lojo e Marta

contáronnos:

"O AMOR"

Gabriel, Álex, Cristian, Xiana, Nerea e Kiara

contáronnos:

"OS PEIXES E O TIBURÓN"

Os máis pequenos, cunha pouquiña de axuda,

contaron:

"O CONTO DO CASTELO"

versionando o seu propio conto sobre a marcha,

empeñados en comezalo constantemente.

E é que como todo o mundo sabe:

Había unha vez...

Fotocopiados en formato mini, metemos os nosos contos

nunha caixa-castelo e achegámolos a casa

para compartir coas familias nun día tan especial:

PERO QUÉ GRANDES!

MOI BO TRABALLO.

Pai de Xoel.

o conto do cstelo

GUSTOUME MOITO O CONTO DO CASTELO . SODES UNS MAGNIFICOS ACTORES .BRAVO!      CHARO  MAMA DE ALEX E LAURA