Escola de Capela

DÍA DA FAMILIA

O PASADO 15 DE MAIO FOI O DÍA DA FAMILIA E PARA CELEBRALO FIXEMOSLLES UN AGASALLO: UNHA VELA DE CORES

PARA ESTO NECESITAMOS:

- 1 MICRONDAS

- CERA DE VELAS

- CERAS DE CORES

- VASIÑOS

 

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI PARTIR EN CACHIÑOS PEQUENOS AS CERAS DE VELAS PEQUENIÑAS PARA QUE SE DERRETISEN MELLOR NO MICROONDAS

O SEGUINTE PASO FOI POÑER A CERA NO MICROONDAS E UNHA VEZ QUE SE EMPEZA A DERRETIR, MEZCLAR CO RESTO DAS CERAS MANLEY DE DIFERENTES COLORES. NESTE PROCESO HAI QUE ESTAR MOI ATENTO, NON O PODEMOS DEIXAR MOITO TEMPO, PORQUE AO MELLOR DERRÍTENSE OS RECIPIENTES COA ALTA TEMPERATURA, POR ESO TEMOS QUE  VIXIAR!!!

 

 

ESTE FOI O RESULTADO

ADEMÁIS FIXEMOS UNHAS TARXETIÑAS CO DEBUXO DA NOSA FAMILIA E POR FORA DECORAMOLAS E ESCRIBIMOS COUSAS BONITAS QUE NOS RECORDARAN Á NOSA FAMILIA.

 

LISTOS PARA DARLLE ÁS NOSAS FAMILIAS

CARREIRA DAS LETRAS

COMO SE VEN FACENDO HABITUALMENTE, ESTE PASADO VENRES CELEBRAMOS A CARREIRA DAS LETRAS QUE TANTO LLE GUSTA A PEQUEN@S E MAIORES!!!

ESTA FESTA CONLEVA UNHOS PREPARATIVOS PREVIOS QUE NOS ENCANTAN:

- DECORACIÓN DE MEDALLAS

- DECORACIÓN DE DORSAIS PARA CADA UN DOS NEN@S E TAMÉN PARA OS FAMILIARES E MESTRES/AS QUE CORREMOS

- COMO NOVIDADE ESTE ANO ENSAIMOS CADA AULA UN POEMA/CANTIGA EN GALEGO: NO NOSO CASO DECIDIMOS FACER O CONTO "CROCODILO" QUE NOS ENCANTA!!!

-PLANIFICACIÓN DA MERENDOLA PARA RECUPERAR FORZAS

UNHA VEZ QUE CHEGA O ANSIADO DÍA, PREPARÁMONOS PARA COLLER O BUS E DIRIXIRNOS A CAMPO MANEIRO.

 

PRIMEIRAMENTE, AO CHEGAR BUSCAMOS UN LUGAR PARA PODER VER BEN A CARREIRA:

 

LOGO CHEGA O MOMENTO DE FACER O RECOÑECEMENTO DO PERCORRIDO PARA O QUE NOS AXUDA O PROFE ÁLEX, NON SEN ANTES FACER UNHOS ESTIRAMENTOS.

 

DESPOIS DE DESCUBRIR O CIRCUITO, CHEGA O MOMENTO DAS CARREIRAS POR IDADES:

1,2,3... XA!!!!!!

E COMEZAN A CORRER OS NEN@S DE 3 ANOS

 

1,2,3... XA!!!!!!

E COMEZAN A CORRER OS NEN@S DE 4 ANOS

 

1,2,3... XA!!!!!!

E COMEZAN A CORRER OS NEN@S DE 5 ANOS

 

 

BRAVOOOOOOO!!!! FIXÉSTELO TOD@S XENIAL!!!!

 

UNHA FOTO DO GRUPO DE CAPELA INFANTIL AO REMATAR A CARREIRA!

LOGO DE VER CORRER AOS NOS@S COMPAÑEIR@S DE PRIMARIA, DISPUXÉMONOS A RECITAR OS POEMAS/CANTIGAS EN GALEGO, INAUGURANDO ESTE ACTO CO HIMNO GALEGO

 

DESPOIS DE ESCOITAR OS FERMOSOS POEMAS DE TODAS AS ESCOLAS, ERA O NOSO TURNO:

VERDE, VERDE, VERDE

O CROCODILO QUE SE PERDE,

E SUBE NUN BAÚL,

AZUL, AZUL, AZUL,

...

AO REMATAR O NOSO TURNO, ESCOITAMOS AOS NOS@S COMPIS DE PRIMARIA, QUE O FIXERON XENIAL!

 

AQUÍ ESTÁN AS NOSAS FAMILIAS!!! DÉRONLLES UN DIPLOMA POLA SÚA PARTICIPACIÓN NA CARREIRA!

 

PARA REMATAR A FESTA, ANTES DE IR A MERENDAR ENTRE TODOS/AS CANTAMOS E BAILAMOS A "RUMBALIZA", UNHA CANCIÓN QUE NOS GUSTA MOITO E QUE FALA SOBRE A NOSA LINGUA! FERMOSA CANCIÓN!

GRACIAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR NUN DÍA TAN BONITO!

 

 

ÚLTIMA VISITA DE DAVID

O XOVES PASADO RECIBIMOS A ÚLTIMA VISITA DE DAVID, CO CAL APRENDIMOS MOITÍSIMAS COUSAS NESTE CURSO. NESTA OCASIÓN DAVID TROUXONOS UN PEIXE PLANO PARA QUE O POIDERAMOS OBSERVAR, ALGO QUE NOS CHAMOU A ATENCIÓN FOI QUE TEÑEN OS DOUS OLLOS DO MESMO LADO, CASE PEGADOS, UN AO LADO DO OUTRO.

ADEMÁIS DAVID ENSINOUNOS UNHOS BOTECIÑOS ONDE SE PODÍAN OBSERVAR OS RAPANTES CUNHA SEMANA DE VIDA, QUINCE DÍAS E UN MES, VENDO COMO VAN CRECENDO POUCO A POUCO.

XA PARA FINALIZAR ESTA SESIÓN, DAVID ENSINOUNOS DIFERENTES VÍDEOS CON CURIOSIDADES: COMO SE RELAXAN OS TIBURÓNS, O PARTO DUN CABALIÑO DE MAR,..

COMO MARÍA NON O ACOMPAÑOU NESTA VISITA, PROMETEUNOS QUE ÍA VOLVER CON ELA EN XUÑO PARA DESPEDIRSE DE TODOS/AS NOS! MOITAS GRACIAS DAVID

 

 

VOLVEMOS A PLANTAR

XA FAI UN TEMPIÑO FIXEMOS UNHA PLANTACIÓN DE SEMENTES VARIADAS...

 

LOGO DUNHAS SEMANAS REGANDO E ESPERANDO A QUE MEDRASE ALGO... DECIDIMOS TRANSPLANTAR LEITUGAS NAS MACETAS QUE DECORAMOS...

AGORA CON MOITA PACIENCIA, REGAREMOLAS TODOS OS DÍAS E ESPERAREMOS A QUE MEDREN PARA PODER FACER UNHA RECEITA CON ELAS!

 

A MESTRA YOLI E O SEU BAÚL: QUE CONTO TERÁ HOXE?

LEVABAMOS XA UN TEMPIÑO QUERENDO QUE A MESTRA YOLI PASARA CON TODA A CLASE UNHA SESIÓN DIVERTIDA! CANDO NOS DIXO QUE ESTE LUNS NOS TRAERÍA UN CONTO DO SEU BAÚL E TAMÉN TERÍAMOS TEMPO PARA XOGAR UN POUCO.. PUXÉMONOS MOI CONTENTOSSorriso, TANTO QUE MARCAMOS O DÍA NO NOSO ALMANAQUE XUNTO COS OUTROS ACONTECEMENTOS IMPORTANTES DESTE MES!.

CANDO CHEGOU, SENTÁMONOS TODOS NA BIBLIOTECA PARA PODER VER QUE CONTO LLE TROUXERA O SEU BAÚL DOS CONTOS: O CAPITÁN CALABROTE.

CANDO REMATAMOS DE ESCOITAR A HISTORIA, A MESTRA YOLI AMOSOUNOS UN CONTO CON MOITAS CURIOSIDADES SOBRE OS PIRATAS  E DEIXONO NA NOSA BIBLIOTECA PARA QUE ESTOS DÍAS O POIDAMOS OBSERVAR E COÑECER UN MONTÓN DE CURIOSIDADES.

 

ADEMÁIS TAMÉN TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR COA NOSA IMAXINACIÓN: PARA QUE NOS PODE SERVIR UNHA CULLER ???(ADEMÁIS DE PARA COMER). HOUBO DISTINTAS OPINIÓNS: COMO PALA, COMO CALZADOR DE ZAPATOS, COMO PEINE, ....

E POR ÚLTIMO, ANTES DE DESPEDIRNOS, TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR AO "MIKADO" MELLORANDO A NOSA CONCENTRACIÓN!!! TIÑAMOS QUE COLLER UNHA "VARIÑA" DE MADEIRA INTENTANDO NON MOVER NINGUNHA DAS OUTRAS! FOI COMPLICADO PERO AO FINAL CONSEGUIMOLO TOD@S!

 

MOITAS GRACIAS YOLI!

 

CASAS AFRICANAS

ESTE VENRES LEVAMOS PARA A CASA UNHA DAS NOSAS REALIZACIÓNS PLÁSTICAS DESTE CURSO: AS CASAS AFRICANAS, XA QUE NO NOSO PERCORRIDO POLO MUNDO PASAMOS POR ESTE CONTINENTE  E ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS APRENDIMOS COMO FACÍAN AS CASAS NALGÚNS DESTES LUGARES.

   

VISITA DOS BOMBEIROS

NESTE 3º TRIMESTRE RECIBIMOS UNHA VISITA QUE NOS GUSTOU MOITÍSIMOOOOOO!! VIÑERON OS BOMBEIROS E ENSINÁRONNOS TANTAS COUSASSorriso

ERAN CASE AS 10.00 CANDO CHEGARON E SAÍMOS CORRENDO A RECIBILOS!

VIÑERON EN DOUS CAMIÓNS E ENSINÁRONNOLOS POR DENTRO!

 

 

DESPOIS VEU A PARTE MÁIS DIVERTIDA! POÑER O CASCO E USAR A MANGUEIRA! PASAMOLO XENIAL!

AO REMATAR DE USAR A MANGUEIRA, DESPEDÍMONOS DOS BOMBEIROS ATA O ANO PRÓXIMO E VIMOS COMO MARCHABAN COA SEREA POSTA!

 

 

O NOSO CREBACABEZAS: "TAKO" (NOME QUE RECIBE A COMETA EN JAPÓN)

AO LONGO DO CURSO EN CAPELA INFANTIL PASAMOS POR MOITOS PAÍSES. NESTES ÚLTIMOS DÍAS COÑECEMOS JAPÓN.

DESCUBRIMOS QUE UN XOGUETE TÍPICO DESTE PAÍS É A COMETA, QUE ALÍ LLE CHAMAN "TAKO" E QUE CADA NEN@ TEN UNHA QUE VOA CADA 5 DE MAIO CANDO CELEBRAN O DÍA DOS NEN@S, OU DATAS SINALADAS COMO ANINOVO.

COMO NOS ENCANTAN AS MANUALIDADES, DESTA VOLTA FIXEMOS UN CREBACABEZAS DUNHA COMETA QUE PINTAMOS DE DIFERENTES CORES CON ROTULADORES PERMANENTES.

 

CON MOITA PACIENCIA E COIDADO FOMOS PINTANDO CADA PEZA!

 

 

 E POUCO A POUCO REMATAMOS OS NOSOS CREBACABEZAS! XA ESTAMOS LISTOS PARA XOGAR CON ELES!

 

 

 

O LADRÓN DO CASTELO.

OS NEN@S DAS ESCOLAS DE CUVIDE, CRUCEIRO, OUTEIRO E CAPELA, FIXERON NO TALLER DE LINGUAXE UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS CO PROFE PABLO.

FIXERON ENTRE TOD@S UN CONTO CREANDO A HISTORIA, OS MURALES PARA ILUSTRAR O TEXTO, E POR SUPOSTO GRABARON AS SÚAS VOCES CONTANDO O SEU CONTO. 

EN CADA ESCOLA CREOUSE UN CONTIÑO DIFERENTE, ONDE CADA UN APORTOU O SEU GRAN DE AREA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O DA ESCOLA DE CAPELA INFANTIL!

APERTAS LINGÜÍSTICAS!

 

Unha experiencia con sabor a Colombia!

Os nen@s de Capela primaria e Cruceiro, traballaron co libro "Pratos do mundo" elaborando unha receita de Colombia. Fixeron unha riquísima ensalada de manga con laranxa nada menos!

Realizaron a tarefa entre todos e despois decidiron compartila e intercambiar os pratos entre escolas con moito agarimo. Foi unha experiencia moi bonita e divertida! Onte para finalizala, os nen@s de Capela primaria, foron ó auditorio a contar a relatar esta maravillosa experiencia na presentación de "Tempo de acivros, tempo de libros", a guía de lecturas do concello para este nadal! E fixérono como uns artistas!

Dende o CRA e o Equipo de Biblioteca, queremos agradecer a gran colaboración de tod@s os nen@s, mestres e mestras, pais e nais que puxéchedes o voso gran de area para facer todo isto posible!

Para tod@s vós, este pequeno vídeo recordo con sabor a manga colombiana!

 

Distribuir contido