BIBLIOTECA E MÚSICA EN ASADOS

O Mércores 9 de Novembro tivemos a primeira sesión

de biblioteca e música en Asados.

Co profe Rubén mergullámonos na música:

música do mar.

A biblioteca estaba moi bonita!

O outono tamén chegara ata alí!!!

Recordamos a Daniel, confirmando o nosos desexo

de renovar os nosos carnets de lectores e lectoras

e os máis pequenos fixéronse socios por primeira vez.

Coa profe María desfrutamos das historias:

historias contadas, cantadas, bailadas,...

Xa en Capela, debuxamos ao peixe vermello e os seus amigos,

persoaxes que xa forman parte da travesía na que decidimos

embarcarnos ao longo deste curso

xunto con todos os compañeiros e compañeiras do CRA.