DE SÓLIDO A LÍQUIDO

O día no que Pétala nos levou á casa da choiva, decimos embarcarnos nun novo proxecto: “A AUGA”. Queremos experimentar e aprender sobre as súas características, estados, composición, utilidades, conservación,…

Como sabemos que noutras das escolas do CRA tamén estades comezando este proxecto, queremos compartir con vós un experimento improvisado que fixemos sobre os estados da auga.

Xa sabedes que levamos uns cantos días pasando moito frío e aínda que en Rianxo é máis difícil que neve pola proximidade do mar, hai lugares relativamente cercanos onde a neve xa se deixou ver. Isto foi o que aconteceu a noite do mércores en Santiago, por iso o xoves o coche da profe chegou á escola cunha pouquiña de neve (a maioría foina perdendo polo camiño).

Falando do tema na clase chegamos á conclusión de que “a neve é auga que co frío se conxela e cando se vai derretendo convírtese de novo en auga líquida”. Estabamos bastante seguros das nosas teorías, pero decidimos comprobalas.

Collimos unha pouquiña de neve nun caldeiro...

   
   

Levámola para a clase...

 

Noelia dixo que coa calor derreteríase mais rápido, por iso decidimos colocar o caldeiro no radiador.

Ao longo da mañá, pouquiño a pouco, foise derretendo...

 

e... sí! ao final a neve converteuse en auga.

 

Foi un experimento moi sinxelo, pero deu lugar a moitas apreciacións e preguntas que comezan a marcarnos o camiño a seguir:

"Como se forma a neve?"

"Por que o xeo se derrete antes se lle aplicamos calor?"

"Por que a neve é branca se é auga e a auga non ten cor?"

"Por que vemos o noso alento os días que vai moito frío?"

"Por que o mar fai que sexa mais difícil que neve en Rianxo?"

Sen dúbida, temos moito que investigar!

QUE SORTE TIVESTES DE QUE

QUE SORTE TIVESTES DE QUE NEVARA EN SANTIAGO E DE QUE A PROFE CONSEGUIRA LEVAR UNHA POUQUIÑA NEVE NO SEU COCHE SEN QUE SE DERRETERA POIS XA ESTADES NO CAMIÑO DA CIENCIA , XA SE VOS VE CON CARA DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS , SÓ VOS FALTA O MICROSCOPIO PARA VER AS FORMAS DOS CRISTALIÑOS DAS FOLERPAS DE NEVE. XA CONTAREDES O QUE DESCUBRADES. IGUAL LEVADES O PREMIO NOBEL.

BIQUIÑOS,

MARÍA

donde tepoñestes profe Ana

canto llelo profe Ana

firmado

NEREA

Xa ves, Nerea! É que cando

Xa ves, Nerea! É que cando baixan as temperaturas coma fai uns días, na zona na que eu vivo, ao norte de Santiago, sempre temos a sorte de poder ver a neve. Pero tamén ten os seus inconvintes, vai moito frío! Case é mellor vivir aí en Rianxo que podedes desfrutar da praia en canto sae un raio de sol, non cres?

Un biquiño.

Ana.