FESTIVAL DE NADAL

O 22 de Decembro festexamos o Nadal cun gran festival que tivo lugar no Auditorio de Rianxo. Os nenos e nenas de Capela participamos cun baile da canción "Y lloverá y yo veré" do grupo Siempre así.

As nove da mañá xa quentábamos a voz e realizábamos os últimos ensaios.

Ao pouquiño chegaba o autobús.

Xa no Auditorio acomodámonos e dispuxémonos a desfrutar das actuacións dos compañeiros e tamén a esperar o noso turno: actuábamos de sextos. Sí, de sextos! e por moito que preguntamos e repasamos a orde de actuación seguíamos indo no posto 6.

Despois do 1, do 2, do 3, do 4 e do 5 por fin chegou o noso turno!

Uns minutos de concentración e algúns nervios!

 

e xa subidos ao escenario...

fixémolo así de ben!

ver vídeo

UN BAILE CHULÍSIMO!!

Olaaa!! Son Adriana (a orientadora do curso pasado), lembrádesmos de min?? Quería darvos a noraboa por preparar unha actuación tan chulísima!! Moitos bicos para todos e todas, incluídas as profes!!

BAILACHEDES CON MOITA CHUVIA

BAILACHEDES CON MOITA CHUVIA E PARAUGAS. QUE BONITO........!!!!!!!!!!!!!!! RODRIGO E TODOS OS DE CRUCEIRO