4º Infantil, Plan Proxecta, 6º Infantil

SERÁN NO COLE DE CEA

O próximo venres, 29 de maio, a partir das 19:00 horas, toda a Comunidade Educativa e aquelas persoas que desexen acercarse ao cole poderán participar no Serán.

Haberá moita música, empanadas, refrescos..

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2015

O próximo mércores, 3 de xuño, convidámosvos a todas as familias á coñecer o Centro de 11:00 horas a 12:00 horas, nunha nova xornada de "portas abertas".

Visita ó Auditorio de Ourense.

Os alumnos de Infantil foron ver ó Auditorio "A nena o grilo no País das Apertas". A música foi un dos elementos esenciais da actuación e os nenos disfrutaron moitísimo!!!

Así o viron os nenos...

Visita ó cine.

Aproveitando que estamos a traballar os medios de comunicación fixemos unha saída todos os alumnos de Infantil ó cine. Alí disfrutamos coas aventuras dunha ovella moi especial "LA OVEJA SHAUN".

Pasámolo xenial!!!!

Estos son algúns debuxos feitos polos nenos despois de ver a película.

Verdadeiras obras de arte!!!

FELICIDADES MAMÁ !!!

Os alumnos de Infantil decoraron estas tazas  para agasallar as súas mamás.

Quedaron moi fermosas!!! 

Son uns artistas!!!

A primavera chegou con moitas flores.

 

Este ano decoramos o Edificio de Infantil con fermosas flores para recibir a primavera.

 

Conmemoración do día do libro.

GAÑADORES E GAÑADORAS DO SORTEO DAS CESTAS LITERARIAS 2015

      O pasado venres 24 da abril, con motivo da celebración do Día do Libro 2015, realizouse o sorteo dos lotes de libros que agasalla a Biblioteca "Cestas Literarias".

    Había un lote para E. Infantil, tres lotes para E. Primaria e dous lotes para E.S.O.

   O alumnado premiado foi o seguinte:

      * Daniela (4 anos)

      * Laura García (2º EP)

      * Patricia (4º EP)

      * Pablo (5º EP)

      * Fabio (1º ESO)

      * Nieves (3º ESO)

Marcapáxinas para conmemorar o día do libro.

 

Para conmemorar o Día do libro en familia, os alumnos de infantil coa axuda dos seus pais e nais,fixeron estes fermosos marcapáxinas.

Empregaron flores, follas, pétalos…e este foi o resultado…… Verdadeiras obras de arte.

 

Parabéns a todos pola vosa colaboración!!!!

Don Quijote de la Mancha visto polos alumnos de 5 anos.

Ó longo da semana na aula de 5 anos, o protagonista foi un libro moi famoso. Adiviñades cal?

Se vos dicimos que o seu autor é Cervantes,  seguro que si. 

 

Pero por se alguén non adiviñou....ahí van máis pistas.

 

Distribuir contido