Tecnoloxía

Electricidade 2º ESO

Esta é a ligazón coa que traballaremos o tema de electricidade

Electricidade

 

E aquí temos varios test

Test1

Test2

Test3_tipos circuitos

Test4-magnitudes

 

E para repasar o tema de metais

Test_metais

 

Applícate o conto

Applícate o conto é unha app de contos infantís creada por e para nenos.  É froito da colaboración entre o CPI Virxe da Saleta de Cea e o CIFP da Carballeira. É un proxecto interdisciplinar baseado na aprendizaxe por competencias.

 

Applícate o conto: 4 de novembro

A nosa app está lista. O vindeiro martes día 4 teremos un acto de presentación no CIFP da Carbaleira, os nosos compañeiros de viaxe neste proxecto. A partir dese día poderedes descargala nos vosos dispositivos android: móbiles e tablets. Estamos moi emocionados por ver como o froito do traballo colaborativo desenvolvido no curso pasado por todo o alumnado do centro está a punto de ver a luz. Permanecede atentos aos nosos perfís nas redes sociais e tamén á web do centro a partir dese día para saber como descargala.

Adictos al plástico

Repasando os conceptos da radio galena

Aquí tedes a ligazón para preparar a actividade coa Radio Galena

 

http://miar.cacharreo.org/doku.php?id=radio:galena

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. DOCUMENTAIS PARA REFLEXIONAR.

 No día mundial do Medio Ambiente, propoño dous documentais que nos farán reflexionar  "La tragedia electrónica" secuela de "Comprar, tirar, comprar". Pensemos no medio ambiente antes de renovar os nosos aparellos electrónicos.

 

"La mentira de las bombillas de bajo consumo". É certo todo o que nos contan? Un documental que nos anima a ser consumidores críticos.

 

 

COIDEMOS DA TERRA, SÓ TEMOS UNHA.

Tecnoloxía 2º ESO. Proxectos de electricidade

Estas son algunhas propostas para o proxecto do terceiro trimestre.

Cuestionario luminoso

Xogo de pulso

Luces cambiantes

Coche cabledirixido

Electricidade e Electrónica. Proxectos 3º ESO

Aquí tedes as páxinas vistas en clase, co tema de electricidade e electrónica, e os posibles proxectos

Concurso

Parada automática

Tamén vos propoño un relacionado máis co tema de mecanismos:

Intermitente

 

Tema electrónica analoxica

 

Imaxinar o futuro

No marco da asignatura Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras plantexámoslle ao alumnado  o reto de tentar imaxinar un futuro. Un concreto. O que se deriva dunha predicción dunha persoa. Pero non unha persoa calquera. Falamos de Nicholas Negroponte, o fundador do MIT, o Instituto Tecnolóxico de Massachusets. É que este gurú do mundo moderno ven de predicir no marco dunha conferencia TED acontecida en Vancouver que no futuro o coñecemento chegará ao noso cerebro a través de pastillas. Algo que pode sonar a ciencia ficción, se non fora por quen o di. Alguén que no 1984 foi quen de agoirar cousas como o libro electrónico, as tablets, a tecnoloxía no ensino ou o futuro da web.

E que nos deparará ese futuro que nós non veremos, pero que os nosos fillos e alumnos sí? Pois iso é o que queriamos saber. Pronto publicaremos na web os relatos útopicos e distópicos saídos da mente do noso xoven e emprendedor alumnado. Permanecede atentos.

 

Distribuir contido