Música

"GAUDEAMOS HODIE"

 

 

O alumnado de 4º. 5º e 6º interpretaron esta fermosa panxoliña no festival de Nadal 2014...e fixéronnos partícipes a todo o público!!

 

GALERÍA DE IMAXES DO FESTIVAL DE NADAL 2014

Xa temos as fotos do Festival de Nadal 2014!!

Aproveitamos a ocasión para lembravos que voltamos o 8 de xaneiro

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO 2015

 

De aquí para alá... con Lydia Botana

Aquí tedes unha galería de imaxes do concerto De Aquí para alá... co que gozamos moito. Foi no auditorio do Carballiño e compartimos xornada con nenas e nenos de outros centros da comarca.

CONCERTO "DE AQUÍ PARA ALÁ!

Este venres, 24 de outubro, os nenos e as nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria acudirán ao auditorio de o Carballiño para disfrutar do concerto

"De aquí para alá"

 

A través da música de Lydia Botana e o seu grupo viaxaremos pola historia dunha Bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcaremos nunha viaxe arredor do mundo aprendendo gracias ás imaxes e a actuación dos músicos que veremos, escoitando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público na procura de novos sons.

Pasaremos por países coma Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos,… rematando na nosa terra máxica: Galicia!

Odaiko

Marimbas, odaikos, tambores, botellas, música clásica, música oriental, pero sobre todo risas moitas risas. O concerto estaba cheo e os músicos ían disfrazados de sevillanos, de brasileiros, de personaxes do Rei León, de militares... Viaxamos por moitos lugares: País Vasco, Madrid, Sevilla, Galicia ... polo Circo do Sol . Ao final acabaron dicindo os seus nomes. Chamábanse Juan, Félix, Antonio e Francisco. Foi todo ben divertido.

Alex Fernández Fernández - 6º de Primaria

 

Percusión de madeira

Que divertidos son os instrumentos de madeira. Con eles facemos ritmos rápidos e teñen ese timbre tan caribeño que nos encanta. As claves parécennos salchichas, pero xa sabemos como se colocan as mans para que sonen ben. As caixas chinesas recórdannos polo seu nome, a China. As maracas facémolas sonar ao ritmo de "patacas mamá" como fixemos no entroido. O güiro parece un peixe e as castañolas unhas castañas.

Percusión de parche

Chegou a quenda da percusión de parche. Explicamos a familia, o nome de cada un dos instrumentos, a técnica para tocalos e por suposto tocamos e escoitamos o seu son. Queremos compartir con vós na rede as fotos que fixemos para lembrarnos deles. O bombo, que é o máis grave da familia, o timbal é o seguinte, o tambor o máis famoso de todos, a pandeireta que tamén ten metal, o pandeiro é o amigo da pandeireta pero non ten ferreñas, os bongos que se tocan coas mans e a caixa que se toca coas baquetas da batería.

Traballando por Competencias - Os tonos dunha aplicación

Presentámosvos unha nova actividade escolar no noso centro. O alumnado de 6º de primaria, entre outras responsabilidades, fixéronse cargo de compoñer músicas para a aplicación de contos que estamos a crear: Applícate o conto. Fixemos un traballo de documentación previo, na aula, escoitando e analizando as melodías de inicio de diferentes aplicacións de xogos: angry birds, candy crash, pou. Despois, na aula de sexto, organizamos un calendario de quendas para poder usar o teclado e explorar os diferentes timbres que ofrecía. Coa consigna de crear uns tonos breves (non máis de dez segundos) preparamos as composicións transcribíndoas na partitura e o 11 de marzo realizamos a gravación na aula de música. Foron os propios alumnos e alumnas os encargados de interpretar así como de actuar como técnicos no proceso de gravación. Queremos compartir con vós o noso traballo. Se consultades dende móbil precisades a aplicación soundcloud para android ou IOS  para escoitalo, e despois picar na seguinte ligazón: Creando tonos para a aplicación.

 

Amantes da música clásica

Velaquí aos compoñentes do grupo de afeccionados á música clásica, que todos os mércores se reúnen na biblioteca durante o recreo da tarde e que, baixo a batuta do profesor de Historia, escoitan e comentan pezas de música clásica.

Durante este mes eles son os protagonistas do "Conto contigo": os mércores, durante a hora de ler de primaria (de 16:00 a 16:30 horas), contarán o conto de "Pedro e o lobo" aos máis pequenos, alternando a narración do mesmo coa visualización da versión animada de Disney e, principalmente, coa audición da famosa sinfonía de Prokofiev.

 

Distribuir contido