Skip to Content

Plan Proxecta

AS FROITAS DA PRIMAVERA . VÍDEO DEGUSTACIÓN

Os alumnos de Infantil do CPI Virxe da Saleta aprenderon das froitas da primavera o seu nome ,a súa cor, o tamaño,a textura,a procedencia e a importancia que teñen na alimentación diaria.

O rematar a aprendizaxe fixemos unha degustación con todas as froitas da primavera que os alumnos trouxeron das súas casas en colaboración coa familia.

Un ano máis queremos agradecerlles as familias a súa constante colaboración e participación .

                                   Gracias. 

 

 

VÍDEO DAS FROITAS DIVERTIDAS

Neste vídeo podemos ver como os alumnos de Infantil debuxaron as súas froitas divertidas.

 

 

 

A CEREIXA E O CEREIXO

 

 Este e o debuxo gañador que aparecerá como logo do noso grupo Alimenta-T-Ben.

 

AS FROITAS DIVERTIDAS!

 

 Os alumnos de Infantil debuxaron estas froitas divertidas empregando as tics.

Unha destas froitas será a elexida como logo do noso grupo Alimenta-T- Ben.

Cal será a gañadora?

Felicidades a todos os alumnos por facelo tan ben! 

 

PLANTACIÓN DAS ÁRBORES FROITEIRAS

           O alumnado de Infantil celebrou o "Día da Árbore" realizando unha plantación de árbores froiteiras

no patio de Infantil. Os rapaces plantaron as árbores e experimentaron todos os pasos que se levan

a cabo nunha plantación, foi unha experiencia moi fermosa para o alumnado que agora espera con ledicia

o que as árbores medren e den os seus froitos.

Entre todos coidaremos a nosa plantación!

As froitas son protagonistas no entroido

Os alumnos de Infantil disfrutaron durante toda a semana  facendo caretas divertidas ....

Así quedou o noso traballo... !

CONSELLOS PARA UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

" Aliméntate ben", dentro das actividades do Plan Proxecta 2013/2014, as mestras de Infantil do CPI Virxe da Saleta elaboraron un díptico para informar ás familias da importancia dunha alimentación saudable.

Plan Proxecta: Nós comemos froita, e tí?

Un ano máis o noso Centro vai participar no Plan Proxecta: desenvolvendo o proxecto “Froita na escola” no que participa o alumnado de Educación Infantil. Damos así continuídade ao programa xa desenvolvido no curso anterior, poñendo como obxectivo a promoción dunha alimentación saudable tendo como referencia a froita.

Probando diferentes froitas comprobarán os seus beneficios dende un enfoque globalizador onde estarán presentes as TICs, a música e o inglés. Trataremos de implicar ás familias na comprensión da importancia que ten a froita na alimentación.

 

 

 

Almorzos Saudables

Os Almorzos Saudables son un novo servizo que ofrece o centro para dar resposta á necesidade de conciliar a vida familiar, laboral e escolar. Grazas á colaboración do Concello de Cea e máis a ANPA, a partir do 1 de febreiro, aquel alumnado que o desexe disporá dun servizo de almorzo máis actividades en horario de 8:30 a 10:30. Nos vindeiros días enviaremos unha circular informativa a todas as familias sobre este novo servizo.

 

 

DEGUSTACIÓN DOS FROITOS DE OUTONO

 

Despois de tanto traballar, un día de festa non vén mal! Hoxe merendola de froitos do Outono para rematar!

Os nenos e nenas degustaron os froitos que eles mesmos trouxeron e cos que estivemos a aprender.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut