Skip to Content

Profesional, Reunións

DÍA DA PAZ ESCOLAR E NON VIOLENCIA

O alumnado de 3º de Primaria realizou un mural na porta da aula para reflectir as súas mensaxes na celebración do Día Escolar da Paz e Non Violencia. Rematando cunha frase que dí o seguinte:

"No mar da vida deixei unha mensaxe para ti.."

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

HOXE CELABRAMOS NO COLE O "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"!

Contamos cun convidado moi especial, Nilson Leite, que nos vai a contar uns contiños relacionados coa natureza.

VISITAMOS VIGO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fomos de excursión a Vigo. A nosa primeira parada foi o Aeroporto de Vigo. Alí un guía levounos a coñecer o interior do Aeroporto: sacamos a tarxeta de embarque, pasamos os controis policiais e dirixímonos a nosa porta de embarque...mágoa que non tiveramos un voo!!Despois coñecimos os bombeiros, que pasada o camión e os canóns de auga!!  Veu un falconeiro a ensinarno unha aguia e nese intre...despegaba un avión!!

Marchamos cara a cidade, a Naturnova. Alí estivemos nun simulador de submarino e indagamos sobre a natureza.Xantamos no Parque de Castrelos, que parque mais chulo!!

Pola tarde fomos en ferri ata Cangas, case nos voas as gorras!! Merendamos nun parque fantástico e voltamos moi ledos cara Cea.

https://goo.gl/photos/iZjQFxtodhLWgoHn8

XOGADE: "XOGANDO AO ATLETISMO"

O xoves, 25 de maio, tivo lugar unha nova edición de XOGADE, esta vez "Xogando ao Atletismo". O Cole de Cea foi o anfitrión na organización deste evento.

Pasamos unha mañá moi divertida e calurosa, onde acadamas bos e non tan bos resultado, pero o mellor foi compartir o noso tempo practicando deporte e facendo amigos/as!!

https://goo.gl/photos/5bKJrJr7k2yzqvtq9

I PROCURA DO TESOURO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

A Orientadora xunto con membros do equipo de Biblioteca argallaron a "I PROCURA DO TESOURO DA MEDIATECA DO COLE DE CEA", unha actividade mais dentro da semana adicada ao"Día do Libro 2017", que este ano homenaxeaba a escritora Gloria Fuertes no centenario do seu nacemento.

Por grupos os alumnos e alumnas de 3º a 6º fixeron unha busca seguindo instruccións para compoñer o texuelo dun libro da Sala A.Os mais pequenos traballaron en dous grandes equipos seguindo as pegadas agochadas en diferentes libros.

Preme no seguinte enlace

https://goo.gl/photos/yuY5Sx83hFAGCvMk7

XOGADE: "XOGANDO AO BALONMÁN"

O pasado mércores 26 de abril houbo unha nova xornada de XOGADE, nesta ocasión foi balonmán. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fixeron un moi bo traballo e acadaron un 4º posto . Noraboa!!

Aquí tedes a galería de fotos desta actividade

https://goo.gl/photos/Yd62MKNdpSkAJRU37

 

VISITA DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL AO VIVEIRO DE MASIDE

Os nenos e nenas de Infantil están estudando as plantas, para coñecer mais en profundidade o mundo vexetal foron de visita a un viveiro en Maside. Velaquí a súa experiencia.

PROXECTO "FAISE O CAMIÑO"

No presente curso escolar imos desenvolver un proxecto educativo impulsado dende a Biblioteca Escolar, “Faise o Camiño”.

Debido a que o Cole é lindeiro coa Vía da Prata ou Camiño do Sur, queremos dar a coñecer a importancia histórica, social e económica do Camiño en Galicia.

O obxectivo principal é socializar a comunidade educativa do valor natural, cultural e patrimonial do Camiño de Santiago ao seu paso polos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor.

Dende este centro de interese tentaremos traballar o maior número de competencias clave.

As actividades levada a cabo ata o momento son as seguintes:

  • Deseño dun logotipo e un lema para dotar de identidade o Proxecto.

  • Impresión do mapa dos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor nun vinilo. Colocámolo no corredor do Edificio principal, coa intención de ir plasmando nel os resultado dos distintos traballos.

  • Convocamos a toda a Comunidade Educativa a participar con fotografías relacionadas con Camiño na exposición “Ollando o Camiño en ...”. Isto é, enviar fotografías a dirección de correo faiseocamino@gmail.com ou traelas ao Centro en formato dixital para a posterior exposición tanto na páxina web, na redes sociais e na cortiza do corredor do Edificio Principal.

  • Intercambio epistolar cun Centro Educativo de Francia

  • As actividades extraescolares e complementarias van encamiñadas a afondar e/ou complementar este traballo: Nadal, Día Internacional da Paz e a Convivencia Escolar, Entroido...

 

E moitas outras actividades coas que os iremos sorprendendo a longo deste curso!

LIBROS DE TEXTO DE ESO PARA O CURSO 2015/2016

A listaxe de libros de texto de ESO para o curso 2015/2016 poden descargarse nun arquivo adxunto.

Libros de texto E.S.O. 2015-2016

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2015

O próximo mércores, 3 de xuño, convidámosvos a todas as familias á coñecer o Centro de 11:00 horas a 12:00 horas, nunha nova xornada de "portas abertas".

Distribuir contido


by Dr. Radut