Skip to Content

Consello escolar

Representantes escollidos para o Consello Escolar

Estimadas familias:

Como ben sabedes este curso realizouse a renovación parcial dos integrantes do Consello Escolar.

No documento adxunto tedes a relación de representantes escollidos.

Gracias pola vosa participación no proceso de renovación do Consello Escolar.

Queremos ser o teu Cole!

COMO SOMOS

Somos o Cole de Cea un centro educativo innovador e aberto que aposta por un modelo de ensino que integra coñecementos, valores e destrezas en todos os ámbitos da vida persoal e social.

Nun entorno natural e con grupos reducidos que favorecen unha atención máis personalizada, especialmente das NEAE (Necesidades Específicas de Atención Educativa), e inclusiva cara un proceso de formación de persoas críticas, cooperativas, creativas e capaces de adaptarse a situacións novas.

No Cole de Cea levamos adiante unha práctica educativa que fomenta valores e actitudes que enriquecen as nosas relacións persoais tanto dentro da escolar como coa contorna.

AS NOSAS PRIORIDADES

A comunicación. Potenciar o desenvolvemento de todas as linguaxes: oral, escrita, musical, plástica, corporal e audiovisual.

A diversidade. De xeito directamente relacionado cos dereitos humanos: a coeducación, a educación para a paz e a interculturalidade.

A educación ambiental. Potenciar actitudes de respecto, reflexión e análise cara ao medio ambiente e de implicación no seu coidado e mellora.

A NOSA OFERTA EDUCATIVA

Somos un Centro Público Integrado: Infantil, Primaria e Secundaria. 

Contamos con amplas instalacións recentemente reformadas.

Ofrecemos servizo transporte escolar, comedor de xestión propia e acollida temperá con almorzos no cole. Contamos con aula de música, 2 aulas de informática, aula de inglés, laboratorio de ciencias, aula de plástica, aulas específicas de PT e AL e Departamento de Orientación, aula de tecnoloxía, ximnasio, pavillón e patio de infantil pechado con mobiliario específico e areeiro para os máis pequenos, ademais de 3 grandes zonas de patios. 

O QUE FACEMOS

Somos un cole lector grazas á nosa Biblioteca Ramón Caride, facemos e escoitamos radio con Radio Roxar, estamos orgullosos da nosa revista O Picurí, melloramos as nosas destrezas narrativas con Conto Contigo, somos unha fábrica de contos con Applícate o conto, impulsamos a nosa convivencia con Boas maneiras, facemos os deberes co medio con Reciclemos o noso futuro, tomamos consciencia da contorna con O Noso, abrazamos carballos nos nosos Baños de Bosque, somos unha escola titiriteira co proxecto Nas Nosas Mans, cultivamos alimentos e paciencia na nosa Horta Escolar, participamos en Olimpíadas Académicas de Historia ou Xeoloxía e en Rallyes Matemáticos, cantamos en Ourencanto e bailamos e trouleamos no Serán do Cole de Cea. No Samaín creamos Debuxos, Contos e Banda Deseñada; desenvolvemos as nosas capacidades STEM na Hora do Scratch. Neste curso 2020-2021 está en marcha o proxecto Coido de min – Coido de Tipara fomentar o coidado mútuo en tempos de pandemia. Somos moi de festivais, tanto no inverno como no entroido, e facemos deles unha nova oportunidade de aprendizaxe complementaria. E somos unha auténtica factoría cultural coas nosas producións audiovisuais e musicais.

E ademais de todo isto o alumnado do noso centro acada unha excelente preparación e grande porcentaxe de éxito en etapas posteriores: Bacharelato, ciclos de Grao Medio e Superior.

 

O Cole de Cea: Cole polo Clima

ADHESIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO CPI VIRXE DA SALETA Á DECLARACIÓN ESCOLAR DE EMERXENCIA CLIMÁTICA CONSTITUÍNDOSE COMO CENTRO EDUCATIVO POLO CLIMA

 O Consello Escolar do CPI Virxe da Saleta, máximo órgano de representación e participación da comunidade educativa, recoñece que o noso Planeta, a súa atmosfera, a súa hidrosfera, os seus seres vivos, os ecosistemas, os recursos naturais e as sociedades que nos apoiamos neles están en seria situación de alteración, degradación, desaparición ou colapso.

 Facémonos eco das insistentes declaracións das organizacións científicas, sociais e políticas internacionais (IPBES, IPCC, ONU, Unión Europea...) que reclaman a urxencia dun cambio drástico nas formas de organizar a nosa sociedade e empregar recursos. Non cambiar o rumbo supón a extinción de boa parte dos ecosistemas terrestres e a alteración dos mariños. Un millón de especies están ameazadas pola actividade humana. Tamén estamos a piques de chegar ao punto de non retorno fronte ao  cambio climático, o esgotamento dos recursos de enerxía fósil e mineral, terra fértil e acuíferos.

 Entendemos que non responder con urxencia á crise ecolóxica global pode levar a unha redución demográfica traumática, ao grave deterioro das normas de benestar humano e á extinción insubstituíble das especies esenciais para a vida na Terra. Ningunha sociedade pode escapar desta realidade.

 Este Consello Escolar toma conciencia da gravidade da situación e declara a súa firme determinación de desenvolver e consolidar, a partir do curso actual, medidas concretas para reducir as emisións no campo da vida escolar, a pegada ambiental nas compras e consumo no Centro e na acción e formación da comunidade escolar (familias, alumnado e profesorado), co fin de responder dun xeito real e significativo á emerxencia climática, na escala que nos corresponda.

 Como xeito de selar formalmente esta adhesión, este Consello Escolar declara o CPI Virxe da Saleta como Centro Educativo polo Clima.

 En, Cea o 30 de setembro de 2019.

INFORMACIÓN PARA A MATRÍCULA 2015/2016

Dende o 1 de marzo ata o 20 de marzo íníciase o período de solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar (2015/2016).

Documentación:

  • Impreso de matrícula (proporcionado polo Centro ou ver arriba "adxunto").
  • Impreso de Certificación Médica.
  • Fotocopia do Libro de Familia (Só as follas onde aparecen os pais e o/a alumno/a)
  • Fotocopia do DNI do alumno/a
  • Fotocopia do DNI dos pais.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria o Cartilla do Seguro.
  • Certificado de Empadroamento (Pedir ao Concello)
  • 6 fotografías actuais tamaño carné.
  • Se procede doutro Centro Educativo: Certificado de Estudos que está a realizar

 

O 25 de abril publicaranse as listas provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 15 de maio publicaranse as listas definitivas de admitidos e non admitidos

O periodo de formalización de matrícula será:

  • do 1 ao 30 de xuño para Infantil e Primaria.
  • do 25 de xuño ao 10 de xuño para Secundaria
  • do 1 ao 10 de setembro para Secundaria (Prazo Extraordinario)

ACLARACIÓNS SOBRE A XORNADA ÚNICA

Co gallo de aclarar aquelas dúbidas que foron xurdindo na reunión informativa sobre a xornada única para o curso 2015/2016, matizamos:

  • O alumnado vai ter comedor e transporte sempre que así o demanden.

 

  • Os martes, mércores, xoves e venres saése ás 14:00 se non se come no comedor.

 

  • O alumnado poderá saír do Centro:
        • ás 14: 00 horas se non queda a Comedor de forma particular.
        • ás 15:30 horas se queda a Comedor e pode irse tanto no transporte escolar como particularmente (agás os luns)
        • ás 17:30 horas os luns no transporte escolar
        • ás 16:45 horas, de forma particular, se queda ás actividades Extraescolares da ANPA ou na Biblioteca-Ludoteca Escolar

 

REUNIÓN PARA INFORMAR SOBRE O PROXECTO DE CAMBIO DE HORARIO

LEMBRÁMOSVOS QUE O VINDEIRO XOVES, 5 DE FEBREIRO ÁS 20:00 HORAS, CELEBRARASE UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE CAMBIO DE HORARIO .

AGRACEDEMOS A SÚA ASISTENCIA

MODELOS PARA A XORNADA ÚNICA

Un posible horario para Primaria e Infantil sería o seguinte:

PRIMARIA

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

09:00 – 09:50

1ª SESIÓN

1ª SESIÓN

1ª SESIÓN

1ª SESIÓN

1ª SESIÓN

09:50– 10:40

2ª SESIÓN

2ª SESIÓN

2ª SESIÓN

2ª SESIÓN

2ª SESIÓN

10:40 – 11:00

RECREO&BIBLIOTECA

11:00 – 11:50

3ª SESIÓN

3ª SESIÓN

3ª SESIÓN

3ª SESIÓN

3ª SESIÓN

11:50 – 12:40

4ª SESIÓN

4ª SESIÓN

4ª SESIÓN

4ª SESIÓN

4ª SESIÓN

12:40 – 13:00

RECREO&BIBLIOTECA

13:00 – 14:00

5ª SESIÓN

5ª SESIÓN

5ª SESIÓN

5ª SESIÓN

5ª SESIÓN

14:00 – 14:45

COMEDOR

14:45 – 15:30

RECREO & BIBLIOTECA

RECREO & BIBLIOTECA/SAÍDA

15:30 – 17:30

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES& BIBLIOTECA

 

 Para ESO sería este outro:

 

SECUNDARIA

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

09:00 – 09:50

1ª SESIÓN

1ª SESIÓN

1ª SESIÓN

1ª SESIÓN

1ª SESIÓN

09:50 – 10:40

2ª SESIÓN

2ª SESIÓN

2ª SESIÓN

2ª SESIÓN

2ª SESIÓN

10:40 – 11:00

RECREO & BIBLIOTECA

11:00 – 11:50

3ª SESIÓN

3ª SESIÓN

3ª SESIÓN

3ª SESIÓN

3ª SESIÓN

11:50 – 12:40

4ª SESIÓN

4ª SESIÓN

4ª SESIÓN

4ª SESIÓN

4ª SESIÓN

12:40 – 13:00

RECREO & BIBLIOTECA

13:00 – 13:50

5ª SESIÓN

5ª SESIÓN

5ª SESIÓN

5ª SESIÓN

5ª SESIÓN

13:50 – 14:40

6ª SESIÓN

6ª SESIÓN

6ª SESIÓN

6ª SESIÓN

6ª SESIÓN

14:45 – 15:30

COMEDOR

COMEDOR/SAÍDA

15:30 – 15:50

RECREO &

BIBLIOTECA

 

15:50 -16:40

7ª SESIÓN

 

16:40- 17:30

8ª SESIÓN

 

 

 

 

A PRINCIPAL FINALIDADE EDUCATIVA DO CAMBIO DE HORARIO É MELLORAR A CALIDADE DO ENSINO NO COLE DE CEA

 

1. Mellora do rendemento do alumnado, xa que nas sesións de tarde manifesta sono e cansazo.

 

Facer coincidir o horario lectivo coas horas de máximo rendemento académico que corresponden ás da mañá. O rendemento intelectual é maior durante a xornada de mañá que nas horas posteriores ó xantar por razóns que influen no nivel de concentración.

 

Durante as primeiras horas do día, a concentración eo rendemento académico son maiores por:

 

ODescanso Nocturno: Despois dun sono reparador, o funcionamento neuronal é óptimo, traducíndose nunha maior capacidade de concentración e un mellor rendemento físico e intelectual.

 

O Almorzo: Os alimentos conteñen a glucosa que é o combustible enerxético que usa preferentemente o cerebro. Aporta a través dos nutrientes as calorías necesarias, un gran nivel de enerxía, que facilita a concentración, a memoria e as habilidades intelectuais.

 

O Xantar: despois de comer tanto o nivel de atención como o de concentración e rendemento físico e intelectual disminúen por:

 

Levar xa varias horas con actividade intelectual e física intensa.

 

Despois da comida (a máis abundante do día, como regra xeral), el fluxo sanguíneo diríxesecara o aparello dixestivo na súa maior parte, co que a afluencia ao cerebro é menor e, polo tanto, a concentración e atención tamén son menores.

 

Despois da inxesta de hidratos de carbono (pasta, arroces, pan, etc.) os niveis de serotonina y melatonina aumentan, o que provoca relaxación e sensación de sono.

 

 

2. Posibilitase o descanso do alumnado máis cativo despois de xantar.

 

3. Racionalizase os períodos de descanso, discriminando na tarde o tempo de estudo do de lecer de xeito que se facilita o avance nos cursos nos que se incrementa a súa dificultade e exisencia; e ao mesmo tempo, se complementa coas súas necesidades ou aficións:

 

As horas da tarde permitirán aos alumnos profundizar no estudo, realizar tarefas complementarias, así como ter un descanso temporal entre as actividades lectivas e os deberes e repasos que deben realizar pola tarde.

 

Así mesmo, permitirán empregar o tempo en consoancia coas súas aficións e intereses persoais, facilitando a integración do alumnado no seu entorno e as posibilidades que se lle oferta, a través da participación en actividades extraescolares, dentro e fóra do colexio, en horarios máis axeitados.

 

 

 

4. Facilitar a organización do tempo por parte das familias: favorecendo o incremento da convivencia familiar.

 

 

 

5. Facilitar o paso a estudios superiores: habituando ao alumnado ao mesmo horario. Un horario habitual para maioría dos Centros de Galicia de ensino Infantil, Primaria e ESO.

 

En defensa do noso centro

No CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, ás 20:00 horas do día 30 de xuño do 2014, reunida toda a comunidade educativa do centro: pais, nais, profesores/as, alumnos/as e alcalde do concello de Piñor, acordan:
Amosar a súa desconformidade coa supresión dunha unidade de educación infantil que vai en detrimento da calidade do ensino neste centro educativo. Tamén fan constar que non se ten en conta a situación dos centros rurais en comparanza cos centros urbanos á hora de establecer ratios. Esta supresión non ten en conta que, segundo o censo, aínda faltarían nenos/as por matricularse e que un descenso na matrícula nun curso non debería determinar a supresión de dous postos de traballo.
Queremos exponer que a Consellería de Educación debería facer públicos con maior antelación cales son os criterios de supresión de empregados. Deste xeito existiría un tempo de reacción tanto por parte dos centros coma dos concellos na procura de nenos/as que puidesen ser censados e matriculados no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut