Skip to Content

contador gratis para blog

6º PRIMARIA

Material escolar 6º Primaria Curso 2020-2021

Un recipiente contedor para custodiar o material individual do alumno/a (tipo caixa de ordenación). Non moi grande.

O alumnado de 6º non ten que traer ningún material a maiores do que se pediu o ano pasado. En calquera caso, lembrade repoñer os materiais gastados ou que falten, como cadernos ou lapis.

 Material para ED. PLÁSTICA:

  • Lapis, goma, afía.

  • Ceras ou lapis de cores.

  • Rotuladores.

  • Acuarelas.

  • 1 bloc de debuxo.

  • 1 bloc de cartolinas tamaño folio.

  • 1 bote pequeno de cristal.

  • 1 pincel fino.

  • Pegamento e tesoiras.

 

Material para ED. FÍSICA:

  • 1 botella reutilizable de auga CO NOME MARCADO.

  • 1 esteira (tipo ioga) ou toalla de corpo enteiro.

Material para Inglés:

  • Unha libreta grande (A4) sen pauta preferiblemente de arame.

 

 

Sentada Lectora

No Día das Bibliotecas sacamos os nosos libros ao sol. Porque calquer lugar é bo para deixarse atrapar por unha historia. Emoción, medo, romance ou botar unhas risas sentados canda os amigos no patio. Un recreo diferente na compaña dun bo libro. 

 

Polo Correo do vento

Coidar e protexer o camiño de Santiago. Esa será a nosa misión despois de recibir a visita de Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Polo correo do vento. A historia de Peregrina e Iago, dous amantes da fotografía e do debuxo que percorren o camiño para contarnos en que estado se atopa. 

O Camiño de Santiago é un patrimonio cultural que debemos coidar. Sobre todo fronte ameazas como a aparición de lixo, o feísmo, a falta de civismo cos peregrinos ou dos propios peregrinos... Eles atópanse percorrendo corenta vilas polas diferentes rutas do Camiño, para facer un estudo sobre este asunto.

Nesta actividade escoitamos un conto mentras vimos como se facía un debuxo e despois elaboramos un debuxo dun peregrino todos xuntos.

VER GALERÍA

AS MAÑAS DE XANCIÑO

Xa podemos ver a divertida obra de teatro dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP do Nadal 2014

Applícate o conto

Applícate o conto é unha app de contos infantís creada por e para nenos.  É froito da colaboración entre o CPI Virxe da Saleta de Cea e o CIFP da Carballeira. É un proxecto interdisciplinar baseado na aprendizaxe por competencias.

 

Applícate o conto: 4 de novembro

A nosa app está lista. O vindeiro martes día 4 teremos un acto de presentación no CIFP da Carbaleira, os nosos compañeiros de viaxe neste proxecto. A partir dese día poderedes descargala nos vosos dispositivos android: móbiles e tablets. Estamos moi emocionados por ver como o froito do traballo colaborativo desenvolvido no curso pasado por todo o alumnado do centro está a punto de ver a luz. Permanecede atentos aos nosos perfís nas redes sociais e tamén á web do centro a partir dese día para saber como descargala.

Distribuir contido


by Dr. Radut