Skip to Content

Escolares

XOGADE: CAMPO A TRAVÉS EN PUZO DO LAGO (MASIDE)

Un ano mais voltamos a Puzo do Lago (Maside) para competir na carreira de campo a través. Nesta ocasión obtivemos moitas medallas!! Estamos moi contentos!!

Velaquí a galería de imaxes https://photos.app.goo.gl/BG6bwav3JTsg7wws1

Preme na foto se queres velas directamente

Xornal "O PAPAGAIO"

O Cole de Cea xa está subscrito ao novo xornal "O Papagaio"!!

Trátase dun xornal en papel, integramente en galego,dirixido especialmente aos nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Ten  periodicidade mensual.

 

Os seus responsables destacan que a sección de ciencia e tecnoloxía estará asesorada por científicos/as e será presentada por un personaxe fixo: Simio o científico. De igual xeito, a sección de Ecoloxía contará tamén co asesoramento de profesionais e nel trataranse temas relacionados coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución ou a reciclaxe. Os temas irán acompañados dun experimento que os e as lectoras poderán poñer en práctica.

 

Na sección de arte, un pintor chamado Pierrot explicará os segredos dos principais movementos pictóricos da historia; este apartado inclúe a proposta dun exercicio práctico sobre o estilo en cuestión. Dentro do obxectivo de fomentar a integración, aparece a sección Pratos para compartir culturas, que achega receitas de distintos paises. No apartado de Natureza terá un papel destacado "a fabulosa fauna lectora do noso hábitat", que relacionará as distintas especies animais autóctonas coa literatura universal; e, de igual xeito, incluirarse a sección SOS Especies ameazadas, na que os animais en perigo de extinción trasladarán as súas queixas a través dunha carta.

 

Tamén se inclúe unha sección fixa de banda deseñada, protagonizada por Wifi, un can intergaláctico que vive intensas aventuras nos distintos universos paralelos que nos rodean. E unha tira humorística, Viladenihil, con temática de ciencia ficción social.

Chegou o Nadal 2015

Xa chegou o Nadal ó Cole.

Este ano os alumnos traballaron moito para decorar o centro. Temos árbore, temos estrelas, anxos e...un Belén moi orixinal!

 

MENÚ DO MES DE OUTUBRO

Aquí está o menú do mes de Outubro

Bo proveito!!

 

 

INFORMACIÓN PARA A MATRÍCULA 2015/2016

Dende o 1 de marzo ata o 20 de marzo íníciase o período de solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar (2015/2016).

Documentación:

  • Impreso de matrícula (proporcionado polo Centro ou ver arriba "adxunto").
  • Impreso de Certificación Médica.
  • Fotocopia do Libro de Familia (Só as follas onde aparecen os pais e o/a alumno/a)
  • Fotocopia do DNI do alumno/a
  • Fotocopia do DNI dos pais.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria o Cartilla do Seguro.
  • Certificado de Empadroamento (Pedir ao Concello)
  • 6 fotografías actuais tamaño carné.
  • Se procede doutro Centro Educativo: Certificado de Estudos que está a realizar

 

O 25 de abril publicaranse as listas provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 15 de maio publicaranse as listas definitivas de admitidos e non admitidos

O periodo de formalización de matrícula será:

  • do 1 ao 30 de xuño para Infantil e Primaria.
  • do 25 de xuño ao 10 de xuño para Secundaria
  • do 1 ao 10 de setembro para Secundaria (Prazo Extraordinario)

ACLARACIÓNS SOBRE A XORNADA ÚNICA

Co gallo de aclarar aquelas dúbidas que foron xurdindo na reunión informativa sobre a xornada única para o curso 2015/2016, matizamos:

  • O alumnado vai ter comedor e transporte sempre que así o demanden.

 

  • Os martes, mércores, xoves e venres saése ás 14:00 se non se come no comedor.

 

  • O alumnado poderá saír do Centro:
        • ás 14: 00 horas se non queda a Comedor de forma particular.
        • ás 15:30 horas se queda a Comedor e pode irse tanto no transporte escolar como particularmente (agás os luns)
        • ás 17:30 horas os luns no transporte escolar
        • ás 16:45 horas, de forma particular, se queda ás actividades Extraescolares da ANPA ou na Biblioteca-Ludoteca Escolar

 

É tempo de Samaín

É tempo de Samaín. É tempo das cabazas, trememos de medo. Pasámolo ben. Queredes saber por que?

Durante toda a primeira semana de novembro o alumnado de infantil realizou actividades relacionadas co Samaín: na pizarra dixital interactiva, usando pintura de dedos, decorando a clase. Contamos ademais coa colaboración de todas as familias na elaboración das típicas cabazas desta época. Aquí tedes unha galería de imaxes que ilustra os seus traballos.

A arte da natureza... ten premio

Lembrades o noso proxecto  do curso pasado A arte da natureza? Pois acabamos de recibir a noticia de que foi premiado pola Xunta de Galicia!

Aquí tedes unha crónica elaborada polo propio alumnado participante no proxecto.

Hai tres anos o alumnado que se atopaba cursando en 1º e 2º de ESO, algúns deles agora en 3º e 4º, realizaron un traballo no que combinaron diversas asignaturas á vez. Este consistía en facer un cartel cunha árbore indicando as súas características, o seu nome en varias linguas, un cadro no que sexa o centro da atención e un poema sobre el. Esta actividade logrou combinar as materias de ciencias da natureza, inglés, francés, lingua galegá e castelá, incluso plástica.

Este ano recibimos a noticia de que gañaramos un premio grazas a este traballo nun concurso relacionado con actividades que se realizan en bibliotecas. O premio consiste en 1500€ que serán destinados á biblioteca do centro. O noso foi o único en recibir algún premio de toda a provincia de Ourense.
 
PD: os rapaces de 4º poderiamos recibir unha parte do premio por colaborar na actividade e así ter unha axudiña para a excursión de fin de curso a Londres.

Artigo colectivo de 4º de ESO

Applícate o conto

Applícate o conto é unha app de contos infantís creada por e para nenos.  É froito da colaboración entre o CPI Virxe da Saleta de Cea e o CIFP da Carballeira. É un proxecto interdisciplinar baseado na aprendizaxe por competencias.

 

Applícate o conto: 4 de novembro

A nosa app está lista. O vindeiro martes día 4 teremos un acto de presentación no CIFP da Carbaleira, os nosos compañeiros de viaxe neste proxecto. A partir dese día poderedes descargala nos vosos dispositivos android: móbiles e tablets. Estamos moi emocionados por ver como o froito do traballo colaborativo desenvolvido no curso pasado por todo o alumnado do centro está a punto de ver a luz. Permanecede atentos aos nosos perfís nas redes sociais e tamén á web do centro a partir dese día para saber como descargala.

Distribuir contido


by Dr. Radut