Skip to Content

Escolares

Viaxamos e Comunicámonos: Xornal Viaxeiro

E como remate do proxecto educativo Viaxamos e Comunicámonos desenvolvido ao longo deste terceiro trimestre do curso académico 13-14 presentámosvos o Xornal Viaxeiro. Unha publicación comandada polo alumnado de 6º de Infantil na que poderedes ver como relatan as súas vivencias máis cercanas como uns auténticos xornalistas e máis se fan eco da actualidade social, política e cultural. Un xornal que non sería posible sen a colaboración das familias, que axudaron na casa a recoller as noticias e redactalas a modo de crónica.

NAS NOSAS MANS

Las Olimpiadas Más Animales. Proxecto Nas Nosas Mans. Explicar un proxecto como este a toda a comunidade educativa é un dos retos que nos plantexamos xa ao inicio, dous cursos atrás. En que se diferencia este, doutros proxectos anteriores? En que o plantexamento de base parte de ceder todo o protagonismo ao alumnado. Non só como mero receptor dos contidos se non como productor dos mesmos. Dende a elaboración do texto teatral, as correccións e valoracións dos mesmos. A dramaturxia e posta en escea, construcción do teatro e monicreques, dirección, producción, planificación dos ensaios, interpretación, escenografía.. Todo recae "nas súas mans". Cumprimos así a máxima da aprendizaxe por competencias: SABER, SER FACER. Traballamos o curriculum de tecnoloxía, lengua castellana, música, plástica e competencias como a social, cultural, lingüística, artística, a iniciativa e autonomía persoal. Como resultado deste estilo de aprendizaxe o nivel de motivación e implicación do alumnado aumenta ao sentirse non só parte se non centro de todo o proceso de aprendizaxe. Enfróntanse a un reto real que esixirá o mellor de todos eles. Algo que vai máis alá de superar unha asignatura: poñer a andar unha compañía teatral infantil que ten que estrear unha obra con data e lugar concreto. Iremos colgando na web e nas redes sociais vídeos de todo o camiño ata aquí e tamén, por suposto, o resultado.

Videoconferencia con Varsovia

O xoves 15 de maio, o alumnado de terceiro da ESO conversou co alumnado do Instituto bilingüe Gimnazjum nr 42 NaTawardej de Varsovia a través dunha videoconferencia que tivo lugar na sala B da biblioteca escolar. Durante unha hora, os adolescentes galegos e os polacos intercambiaron información en castelán sobre os seus respectivos sistemas educativos (diferentes asignaturas e reparto horario), a forma de divertirse e relacionarse cos demáis no seu tempo de lecer, as vacacións, o deporte, a cultura, a gastronomía, etc. Este intercambio resultou moi fructífero para todos eles, pois non só supuxo unha forma de traballar a competencia lingüística a través das TICs, senón que supuxo para eles unha ampliación dos seus horizontes culturais e sociais.

CONTO CONTIGO

Remata o segundo curso escolar deste proxecto levado a cabo no noso centro. CONTO CONTIGO segue unha liña pedagóxica que pon ao alumnado no centro do proceso de aprendizaxe. Traballamos por Competencias Básicas o que significa que non abonda con saber se non que o importante é saber facer. O proxecto incide maiormente na Competencia Lingüística tanto dende o punto de vista de falar como de escoitar. A través da representación de contos, clásicos e modernos, o alumnado enfróntase ao reto de articular, expresar e entonar axeitadamente un texto para facelo non só comprensivo se non tamén atractivo para os seus compañeiros. Ao mesmo tempo deben de ser quen de traballar con autonomía e seguridade na posta en escea, aportando tamén os seus valores creativos en todo o proceso previo, tanto na escenografía coma na caracterización e dramatización do texto. O uso de medios tecnolóxicos que lles permitan reforzar esta representación dos textos infantís obrígalles tamén a ser competentes dixitalmente. Pero non só adquire competencias o alumnado que, por quendas mensuais, representa para os seus compañeiros do centro. Tamén aqueles que asisten como espectadores aprenden a valorar o esforzo colectivo dos demais e o gusto polo traballo ben feito. Ao tempo manteñen unha actitude atenta e respectuosa durante as representacións así como traballan a comprensión lingüística de forma oral. Velaquí un exemplo do bon facer acumulado nestes dous anos: o alumnado de Infantil representa o conto clásico A Ratiña Presumida na derradeira quenda de representacións deste curso 2013/2014.

Imaxinar o futuro

No marco da asignatura Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras plantexámoslle ao alumnado  o reto de tentar imaxinar un futuro. Un concreto. O que se deriva dunha predicción dunha persoa. Pero non unha persoa calquera. Falamos de Nicholas Negroponte, o fundador do MIT, o Instituto Tecnolóxico de Massachusets. É que este gurú do mundo moderno ven de predicir no marco dunha conferencia TED acontecida en Vancouver que no futuro o coñecemento chegará ao noso cerebro a través de pastillas. Algo que pode sonar a ciencia ficción, se non fora por quen o di. Alguén que no 1984 foi quen de agoirar cousas como o libro electrónico, as tablets, a tecnoloxía no ensino ou o futuro da web.

E que nos deparará ese futuro que nós non veremos, pero que os nosos fillos e alumnos sí? Pois iso é o que queriamos saber. Pronto publicaremos na web os relatos útopicos e distópicos saídos da mente do noso xoven e emprendedor alumnado. Permanecede atentos.

 

Visitamos correos

O martes 22 de abril, primeiro día de clase á volta das vacacións, visitamos a oficina de Correos no concello de Cea. Alí fomos recibidos polos traballadores e traballadoras da oficina e máis pola Delegada de Correos na provincia de Ourense. Como podedes ver na galería de imaxes, o alumnado de infantil puido entregar as súas cartas e coñecer o funcionamento deste servizo público. Esta actividade está enmarcada no proxecto educativo denominado Comunicámonos e Viaxamos, que se desenvolverá ao longo deste terceiro trimestre do curso 2013/2014 na Etapa de Educación Infantil. Accede a través desta ligazón á galería de imaxes, se non podes vela no teu teléfono móbil.

 

Percusión de madeira

Que divertidos son os instrumentos de madeira. Con eles facemos ritmos rápidos e teñen ese timbre tan caribeño que nos encanta. As claves parécennos salchichas, pero xa sabemos como se colocan as mans para que sonen ben. As caixas chinesas recórdannos polo seu nome, a China. As maracas facémolas sonar ao ritmo de "patacas mamá" como fixemos no entroido. O güiro parece un peixe e as castañolas unhas castañas.

Percusión de parche

Chegou a quenda da percusión de parche. Explicamos a familia, o nome de cada un dos instrumentos, a técnica para tocalos e por suposto tocamos e escoitamos o seu son. Queremos compartir con vós na rede as fotos que fixemos para lembrarnos deles. O bombo, que é o máis grave da familia, o timbal é o seguinte, o tambor o máis famoso de todos, a pandeireta que tamén ten metal, o pandeiro é o amigo da pandeireta pero non ten ferreñas, os bongos que se tocan coas mans e a caixa que se toca coas baquetas da batería.

Concurso Literario - Unha experiencia de aprendizaxe na aula de mates

Voltamos do Entroido e continúan as nosas experiencias de aprendizaxe nas aulas. Como sabedes, un dos proxectos deste curso chámase Applícate o conto. Con el queremos crear unha aplicación de contos infantís para teléfonos móbiles android e iphone. Creamos os personaxes, inventamos historias, escribímolas, corrixímolas e sometémolas ao xuízo do público: os propios nenos e nenas. Así comprobamos cal das historias lles resulta máis interesante ou graciosa. Para isto desenvolvemos unha actividade na aula de matemáticas que consiste en escoitar e valorar os contos outorgándolle de 1 a 8 puntos. A mecánica é tan sinxela coma a dos concursos da tele, tan de moda nesta época. Ao rematar lemos en voz alta os puntos e imos anotándoos na libreta. Usando a calculadora realizamos a suma e comparamos os resultados entre sí para ordenalos de maior a menor. Así creamos un ranking cos contos máis interesantes. Polo camiño descubrimos que é importante facer os números cunha forma bonita para que se poidan entender. Tamén que temos que ser limpos e ordenados na libreta para que os datos non se trabuquen. Que non importa se dicimos os números desordenados cando sumamos, xa que a suma ten propiedade conmutativa. Que a calculadora é unha ferramenta útil cando temos que realizar moitas sumas seguidas.

E de paso aprendemos que os gustos son unha cuestión persoal. Que cando valoramos non debemos deixarnos influir pola opinión dos outros xa que todas son respectables.

Distribuir contido


by Dr. Radut