Skip to Content

Plástica

Concurso: O Noso Outono

Concurso O Noso Outono
 
O Equipo de Actividades Extraescolares e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro animan ás familias a participar no concurso artístico #ONosoOutono. A Actividade consiste na elaboración dunha obra artística para celebrar a chegada do outono e o Samaín.
 
Existen dúas modalidades para participar. Pódese presentar unha peza en cada unha delas.
 
#Collage: Realizarase sobre unha cartolina de tamaño máximo A3. O material debe estar ben pegado para poder expoñela en vertical.
 
#Escultura: Pódense empregar arames como base ou pegar os materiais entre si.
 
Os materiais empregados deben ser típicos do outono: follas, castañas, cascas de noz, landras, cabazas, carrabouxos, ourizos...
 
A data límite para entregar os traballos é o 5 de novembro.
 
#concurso#outono#arteescolar

Os Xeranios do Señor Alfonso

Os Xeranios do Señor Alfonso.

Unha curta moi curta sobre a comprensión, os coidados e o cariño. Co telón de fondo do despoboamento do rural. Dúas xeracións que se atopan, dous mundos que se xuntan e que non se esquecerán xamais. Producida por O Cole de Cea e gañadora do 1º premio #OUFFescola no Ourense International Film Festival - OUFF Deseño e realización dos bonecos: Carlota Álvarez. Animación e decorados: Álex Pico e Carlota Álvarez. Animadores secundarios e decorados: Alejandro Fernández, Raúl Gallego, Alicia Nogueira e Nieves Calviño. Animación Adicional: Susana Freire e Valentín Castellano Atrezzo adicional: Patricia Fernández Axudantes: Adrián González, Gabriel Teixeira, Gabriel Iglesias e Xiana Vázquez. Voces: Marco - Álex Pico Señor Alfonso - Jose Ramón Rodríguez Nai - Nieves Calviño Música: Cuarteto para piano de Robert Schumann. Interpretado por Musicians from Marlboro. Música Trailer: Antonio Saco Agradecemento especial aos nosos amigos Iván e Marcos. Guión: Álex Pico, Carlota Álvarez, Nieves Calviño e Paula V. Carral. Corrección de guión: Paquita Manso Dirección e montaxe: Dávid González Gómez

 

Making off: Os Xeranios do Señor Alfonso.

POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO DE POSTAIS 2014

AQUÍ TEDES AS TRES POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO DE POSTAIS 2014

 

 

Nuria Paz (5º Infantil)

 Mauro Palmou Atene (4º EP)

 Xosé Pérez Blanco (1º ESO)

 

Traballando os rasgos das emocións na clase de plástica

Hoxe en clase de plástica estivemos traballando caras de emocións. A actividade consistiu en facer moitas caras diferentes e sacarlles fotos. Coas fotos fixemos un collage. Tamén aprendimos como se utilizan as cámaras: o encadre, o primeiro plano, a luz, como se descargan as fotos no ordenador, o enfoque, etc.

Samuel Nogueira

Kiko da Silva

Un dos mellores debuxantes e ilustradores que hai. Un xenio co rotulador e tamén un mestre á hora de divertirnos. Seguro que coñecedes a algún dos personaxes, como Fiz, ou algún dos seus proxectos, como a revista Retranca ou a revista Oink. Pero o que igual non sabedes é que ademais de autor de comic é profesor e empresario. Hai dous anos abriu en Pontevedra a existosa escola profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. O venres 29 de novembro visitou o noso centro en sesión dobre, primeiro unha clase para o alumnado de primaria e despois unha sesión de formación co profesorado. Ademais de aprender moito deixounos un regalo en forma de debuxo. A partir de agora xa nos resultarán familiares palabras como: cliché, síntese, repetición, grafismo, viñeta... Ou nomes tan importantes na historia do audivisual como o de Winsor McCay, o creador dos debuxos animados en... 1911!!!

 

 

 

Arte dende o primeiro día

Dende o primeiro día comezamos facendo arte. Abonda cun anaco de cartón, unhas tesoiras un rotulador e un folio. Todo combinado coa imaxinación e creatividade das nenas e nenos da aula de 2º e voilà!

Exposición de bonecos de neve

Exposición de bonecos de neve! Temos un alumnado artista e unhas familias ben colaboradoras. Grazas ao seu traballo o centro lucirá máis bonito durante os vindeiros días cunha exposición de bonecos de neve artesanais. Nevar non neva, pero imaxinación sóbranos.


Fotocomic en 2º

Velaquí unha experiencia novedosa levada a cabo no curso 2011-2012 co alumnado de 2º de primaria. Trátase da elaboración dun fotocomic, coas súas viñetas e o seus bocadillos. O guión orixinal está escrito por Nerea, alumna deste curso, e as fotos realizadas por todo o alumnado da clase. Os modelos son David, Alejandro e Pablo. A que lles quedou ben gracioso?

Arte nos corredores do centro

Velaquí o aspecto que locen os corredores do edificio de primaria no inicio da primavera de 2012. Algúns dos traballos de plástica e inglés expóñense nas paredes e tamén na rede para que todo o mundo os poida admirar.

Distribuir contido


by Dr. Radut