Skip to Content

Plan Proxecta

OS FROITOS DE OUTONO

É tempo de recolleita, é tempo de Outono e, cos seus froitos en Infantil estamos a traballar. Os nenos e nenas recollen froitos nas súas casas para traer á escola. Aquí ímolos clasificar. Secos ou carnosos poderemos atopar.

Tamén os estamos a contar, a encher cestas e baleirar. Aprendemos, de paso, os seus nomes, as cores e os nomes das árbores que nolos dan.

O TREN DO OUTONO

 O tren acaba de chegar ao noso centro, no Edificio de E. Infantil estano a cargar de froitos de Outono, que todo poderedes degustar: noces, castañas, uvas e mazás...

...listos para arrancar!! 

 

 

PARA TER MOITA ENERXÍA, FROITA FRESCA CADA DÍA

No CPI Virxe da Saleta queremos apostar unha vez mais pola comida sana e saudable. Así comezamos a desenrolar o Proxecto Alimenta-T Ben, que se engloba dentro do Plan Proxecta 2013/2014.

Para animar ao noso alumnado a que tome froita fixemos entre todos este cartaz que preside a entrada do Edificio de E. Infantil.

O noso lema: "PARA TER MOITA ENERXÍA, FROITA FRESCA CADA DÍA".

 

Plan Proxecta: Nós comemos froita, e tí?

Un ano máis o noso Centro vai participar no Plan Proxecta: desenvolvendo o proxecto “Froita na escola” no que participa o alumnado de Educación Infantil. Damos así continuídade ao programa xa desenvolvido no curso anterior, poñendo como obxectivo a promoción dunha alimentación saudable tendo como referencia a froita.

Probando diferentes froitas comprobarán os seus beneficios dende un enfoque globalizador onde estarán presentes as TICs, a música e o inglés. Trataremos de implicar ás familias na comprensión da importancia que ten a froita na alimentación.

Distribuir contido


by Dr. Radut