Skip to Content

4º Infantil, Plan Proxecta, 6º Infantil

Chega o Nadal!!!

Son días para decorar e preparar todo para a chegada do Nadal. Os alumnos de Infantil estiveron decorando o Edificio con moitos adornos. Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver como nos quedou.

 

Postais de Nadal. Vídeo

Os alumnos de 3 e 4 anos queren darlle a benvida o Nadal con este vídeo navideño.

 

MENÚ DO MES DE DECEMBRO

 

Xa está aquí o menú de Decembro

Dende o Cole de Cea desexámoslles unhas felices vacacións e un Bo Nadal e Aninovo 2016

 

 

 

Nenos con dereitos, nenos con futuro.

                           

 

Aquí vos deixamos o cartel  que fixemos cos alumnos de Infantil con motivo do día dos dereitos do neno.

Nenos con dereitos = nenos con futuro.

Os dereitos dos nenos

Rematamos a semana lembrando que as nenas e nenos do mundo teñen ‪#‎dereitos‬. E estes son algo máis que simples palabras. Están para cumprirse: ‪#‎saúde‬‪#‎identidade‬‪#‎educación‬‪#‎familia‬‪#‎paz‬‪#‎liberdade‬,‪#‎xogo‬‪#‎protección‬‪#‎nondiscriminación‬‪#‎coidados‬... Son máis que palabras. Son dereitos.

Disfrutando do Magosto.

Chourizos,castañas,xogos e moitas,moitas risas!!!

Os alumnos de Infantil disfrutaron do Magosto no campo da Saleta. Aquí vos quedan estas fermosas fotos.

 

Unha,dúas e tres castañas ... na aula de 3 e 4 anos aprendemos con moita ilusión.

PRANTADO EDRAS NO PATIO DE INFANTIL

Os nenos e as nenas de 3º e 4º de Primaria colaboran na formación dun muro natural feito con edra no patio de Infantil. Velaquí o seu traballo de plantación

MAGOSTO 2015

MENÚ DE NOVEMBRO

 

 

Aquí temos o menú de Novembro A xantar!!

 

Ourizos con follas do Outono.

 Os alumnos de 3 e 4 anos decoraron na casa estes ourizos con follas do outono ca colaboración das familias. Unha vez máis queremos agradecer a vosa participación nas diferentes actividades programadas dende a escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut