Skip to Content

4º Infantil, Plan Proxecta, 6º Infantil

Día da nai.

Para todas as nais. Para todas aquelas que nos coidades, que nos axudades, que día tras día vos preocupades por nós. Que nos facedes felices e sodes o noso guieiro na vida. Para todas vós os nosos parabéns.

MENÚ DO MES DE MAIO

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

 

Pequenos peregrinos fan o camiño.

O alumnado de Infantil do Cole de Cea percorre un anaco do Camiño de Santiago e visita o albergue de peregrinos en San Cristovo de Cea. Esta actividade enmárcase no proxecto Faise o Camiño que é o marco no cal se desenvolven as actividades complementarias e extraescolares no terceiro trimestre 2015/2016 así como é o título do proxecto educativo neste mesmo período na etapa de infantil.

 

CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

Feliz día do pai !!!

Feliz día do pai de parte dos nenos e nenas do Cole de Cea. Graciñas por coidarnos, por querernos e por guiarnos tan ben como o facedes polo camiño da vida. 

Foto de O Cole de Cea.

O libro viaxeiro

Preparando o camiño: Un gran libro viaxeiro percorre nestes días as casas do alumnado de infantil. As familias recollen nel lendas, adiviñas, fotos e historias relacionadas co camiño. A iniciativa enmárcase dentro do novo proxecto: ANDANDO FAISE O CAMIÑO

Andando, faise o camiño.

Cada camiño comeza cun primeiro paso. Sen el nada é posible. Aquí está o noso. Comeza un novo proxecto educativo en Infantil: "Andando faise o camiño". Os contidos e materiais didácticos dos vindeiros meses do curso terán o seu centro de interese no Camiño de Santiago. Un pequeno paso para os cativos. Un gran paso na súa aprendizaxe.

MENÚ DO MES DE MARZO

 

Boas vacacións de Semana Santa!! A disfrutar e descansar!!

FOTOS DO ENTROIDO 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut