Este sábado na edición de El Correo Gallego plublicouse unha nova relacionada coa campaña que estamos a realizar sobre o coidado animal. Aquí tedes o enlace.
Seguimos a traballar por unha mellora das relacións entre humanos e animais!!!
Este sábado na edición de El Correo Gallego plublicouse unha nova relacionada coa campaña que estamos a realizar sobre o coidado animal. Aquí tedes o enlace.
Seguimos a traballar por unha mellora das relacións entre humanos e animais!!!
Este curso realizouse unha micromovie e un cartel solidario coa idea de concienciar á sociedade no trato que se lle dá aos animais de compañía.
Ter un can (gato) supón ter que adicarlle tempo e atencións para evitar futuros problemas. Esto é algo que a nosa sociedade aínda non asumiu.
A nosa campaña pretende axudar a comprender que, se tes un animal, tes que darlle non só alimento, senon cariño, atención veterinaria e educación. Moitos dos casos de abandono xurden por non sermos conscientes do esforzo que supón educalos e coidalos.
Alumnos de 2º de primaria que participaron na realización da foto para o cartel da campaña.
Máis información no apartado de Plan Proxecta 2013-2014- Rede de Centros Escolares Solidarios.
Os alumnos de 3º de ESO, coordinados polos profesores dos departamentos de Música e de Plástica e coa colaboración do departamento de Tecnoloxía, realizaron un magnífico vídeo musical ao que podedes acceder picando no enlace.....
O Departamento de Educación Física organizou unha actividade de Judo cos alumnos de primaria. Tedes máis información na sección correspondente de E.F.- Primaria.
O venres 14 de Febreiro estarei convosco para contarvos como foi a miña carreira deportiva ata agora.
BO NADAL !!!!!!!
Entrando en Plan Proxecta 2013-2014 podedes acceder a Rede de Centros Solidarios e ver algunhas das novidades deste primeiro trimestre!!
GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORÁCHEDES ENVIANDO DONACIÓNS PARA A CANCEIRA!!!!!
Continuando co tema sobre o maltrato animal, os alumnos de 4º de ESO fixeron unha exposición co material aportado pola asociación ANDA (Asociación Nacional para la Defensa de los Animales) e material recadado polo alumnado a través de internet. Esta mesma asociación estará no noso centro o 13 de xaneiro para impartir unha charla sobre o maltrato aos animais e á que estades todos invitados. A charla estará dirixida a 6º de Primaria e todos os cursos da ESO e, previamente, as profesoras de Tecnoloxía e Ciencias naturais faran un traballo didáctico co alumnado de ESO e, en Primaria, cada titor encargarase de que os seus alumnos visiten a exposición e reciban a información correspondente a cada curso.
Coma outros anos o vindeiro venres día 22 celebraremos o festival de Nadal ao que estades todos invitados. Haberá actuacións musicais e chegarán as Súas Maxestades os Reis Magos para recoller as cartas dos nenos e repartir caramelos e os adorniños da árbore que foron feitos con moito cariño polos alumnos do centro.
Aquí podedes ver unha mostra dos traballos feitos polos alumnos de 6º de Primaria.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |