Skip to Content

CCP + D. orientación + Ed. Infantil + Primeiro ciclo + Segundo ciclo + Terceiro ciclo + Xef. de estudos

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

 

Estimadas familias e demáis membros da comunidade educativa:

A Consellería de Educación, dentro do marco da estratexia de convivencia para o período 2021-2025 elaborou un cuestionario co obxectivo de recoller datos que permitan analizar o estado da Convivencia Escolar nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galiza. O cuestionario está dirixido a todos os membros da nosa comunidade educativa.

COLECTIVOS PARTICIPANTES:

  • Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).
  • Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.
  • Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.
  • Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.

Poderán  acceder á aplicación ConvivenciaXestion e cumprimentar os cuestionarios en liña nas seguintes ligazóns. As claves de acceso seranlle facilitadas polo centro educativo, mañá mercores, día 10 de maio.

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Primaria"

https://edu.xunta.gal/convpri

"Recollida de datos para o alumnado que require asistencia e fai uso do cuestionario pictográfico"

https://edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado"

https://edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para o persoal de administración e servizos"

https://edu.xunta.gal/convpas

"Recollida de datos para as familias"

https://edu.xunta.gal/convfamil

O prazo para cubrir o cuestionario remata o día 22 de maio de 2023.

Recomendámoslle a lectura da seguinte guía para responder a enquisa antes de entrar na aplicación.

Por último, para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa dirección do centro.

 

 

Os Maios

Durante esta semana o alumnado de 6º  trouxo flores, fiuncho, xestas e fento  e decoraron o Maio. Tamén escribiron coplas.

Os Maios

Música: Maios- Habelas Hainas

COPLAS DOS MAIOS 2023

 

As árbores alimentan en LSE

Poesía en Lingua de signos

O alumnado de 3º signa e recita o poema "As árbores alimentan" en Lingua de Signos, un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.   

As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.

Voces: Alicia, Jimena, Saúl, Rubén, Bryan, David, Bruno e Anna.

Música: O camiño dos paxaros de Magín Blanco. Álbum Camiños

ROSALÍA PEQUENIÑA EN LINGUA DE SIGNOS

Día de Rosalía

Alumnas e alumnos de 3º de Educación Primaria celebran o Día de Rosalía signando estas estrofas de "Rosalía Pequeniña" do Álbum musical de Uxía.

Na clase de Lingua Galega foméntase a adquisición de vocabulario básico en LSE como apoio á comunicación oral. A súa aprendizaxe desenvolve habilidades comunicativas, mellora a expresividade, aumenta a memoria e o alumnado desfruta signando.

Rosalía pequeniña LSE

Signan: Rubén, Bruno, Breixo, Saúl, Jimena e Olivia.

Voces: Breixo e Olivia

Gravación do vídeo: Dani

 -  Máis actividades do día de Rosalía no Blog da Biblio: Lecturas por sorpresa

 

HOXE COCIÑAMOS NÓS!

Filloas de Entroido

As filloas,  son tamén protagonistas da festa do Entroido. As auténticas, prepáranse nunha tixola de ferro ou filloeira, pero como no cole non temos diso fixémolas cunha placa eléctrica de facer gofres.

As rapazas e rapaces de 3º de EP aprenderon a cociñar unhas saborosas filloas.  

filloas de entroido

Todas as fotos na galería

Actividade programada no PDI A Cociñar.

Con diferentes actividades en torno á canción de Mamá Cabra "Filloas":

1-Exercicios para completar a letra da canción.

2-A receita para incentivar o pracer pola lectura comprensiva e pola cociña. 

 

 

Se puideras describir a PAZ nunha palabra, cal sería?

A PAZ É:

Alegría, Amizade, Axudar, Compartir, Coidar a Natureza, Perdoar, Quererse, Regalar, Respectar, Saudar, Ser un mesmo, Sorrir, Traballar, Xogar moito, ... Facer un Mundo Mellor.

Que é a paz

Mural realizado polo alumnado de 3º de EP.

cartel paz

MIRA QUE BOCA

Hoxe visitounos o Hixienista do centro de saúde "Novoa Santos", para sensibilizar aos escolares de infantil da importancia que ten unha alimentación saudable e o cepillado de dentes para unha boa saúde buco-dental. Tamén ensinounos como cepillar os dentes e recordounos que se debe facer como mínimo tres veces ao día despois de cada comida, durante 2 minutos.

SAÍDA AUDITORIO 1º E 2º

O alumnado de 1º e 2º de Primaria desprazouse hoxe ata o Auditorio para asistir á representación "SÓ".

Este espectáculo, gañador do Premio do Público Festival Malabharía2020, 2º Premio Panomara Circada 2019, Premio Festival MadnCircus, Premio Zircozaurre, entre outros, fala da constancia no traballo a través dunha personaxe meticulosa, e cuadriculada rodeada de case 100 caixas que só en aparencia son iguais, e coas que vai dando forma aun mundo imaxinario.

Actividade ofertada por Afundación (ABANCA).

Aínda que a mañá estivo pasada por auga as nosas nenas e nenos non deixaron de disfrutar da xornada.

PROMOCIÓN 2019-2022, 6º de Infantil.

vivenzas graduados 6º inf

 

 A titora Tere e todas as profes que estivemos con vós en infantil, desexámosvos ... MOITA SORTE EN PRIMARIA!

EXCURSIÓN LODOSELO 1º E 2º DE PRIMARIA

E ao fin chegaron as desexadas saídas...ben merecidas cas tiñamos!!

Hoxe foron as rapazas e os rapaces de 1º e 2º os que marcharon a Lodoselo: fixeron pan, plantaron unha árbore, pasearon en carro, coidaron animais, visitaron o xardín dos sentidos, contacontos....

Distribuir contido


by Dr. Radut