Skip to Content

Música

ZANFONA

Un traballo de Andrea D.S., 6º de EP.

DESCRICIÓN

Normalmente ten tres cordas cantoras que producen a melodía, os bordóns, que tocan sempre a mesma nota; o can, que é para facer ritmos e as simpáticas, que só producen son cando no teclado está soando a mesma nota que na corda. As cordas vibran fretadas por unha roda que xira grazas a unha manivela. Conta cun teclado que varía a altura das notas.

HISTORIA

Ten as súas orixes no centro de Europa durante o século X. Nun principio tiña grandes dimensións e eran necesarias dúas persoas para facelo soar, nesa época coñecíase coma organistrum.

Entra na península Ibérica polo camiño de Santiago e comeza a ser usado como instrumento para marcar as notas de afinación do coro, nos conventos e nas catedrais.

Durante a Idade Media, sae dos templos e convértese nun instrumento que tocaban os xograres e os trobadores para acompañar cancións e romances.

Cando chega o S. XII, será o rei Alfonso X O Sabio, xunto con numerosos colaboradores, quen a menteñan viva ao reunir e compoñer nada máis e nada menos que 430 Cantigas de Santa María, moitas delas con acompañamento instrumental da zanfona.

No S. XV cae en decadencia e queda relegada a instrumento de cegos, que empregaban para acompañar as súas coplas polos pobos, romarías e feiras.

Aínda que non o é, a zanfona é considerada un instrumento tradicional de Galicia, xa que foi aquí onde lograron salvala da extinción. Grazas, sobre todo ao traballo de recuperación de Faustino Santalices, un lucense, que investigou, documentou, gravou un disco interpretado coa zanfona  e creou un taller escola para que este instrumento non se perdese.

Concerto zanfona from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Nadal 2017

Despedimos o ano escolar  bailando e cantando panxoliñas. Todo o centro participou neste acto ao que asistiu gran afluencia de público: Nais, pais, avós e avoas... que gozaron con estes artistas excepcionais.As actuacións foron as seguintes:nadal 17

1. Educación Infantl -  O Nadal de Mamá Cabra e baile moderno 'Eye of the tiger' banda sonora de 'Rocky III'

2.  Twist de Nadal Arre cabaliño - 1º de EP 

3. Danza Chinesa de Tchaikovsky - 2º de EP (danza e percusión)

4. Lúa de María Fumaça - 3º de EP

17 nadal

5. Jingle Bells Polca e Panxoliña O Nadal é un canto de amor- 4º de EP

6. We wish you a Merry Christmas - 5º EP

7. Rudolf o reno e Twelve days of Christmas - 6º EP

8. Os alumnos/as fixéronnos mover o esqueleto entre panxoliña e panxoliña con distintas coreografías de baile moderno

Música robótica

Así soa o mBot, e así soamos nós. Non hai punto de comparación!!Guiño

Os alumnos de 5º programaron o mBot para que interpretara o arrolo "A, e, i, o, u" De Manuel Rico Verea:

 

Na clase de 6º retaron ao robot a interpretar a melodía popular galega "Eu non sei"

Música robótica from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

A muller e a música

Aquí deixo este interesante recurso de Arantxa, creadora do blog L´Andariega musical . É unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que de unha ou outra forma pasaron a formar parte da historia da música. Espero que o disfrutedes.

Distribuir contido


by Dr. Radut