Skip to Content

Música

O outono chega xa

Nós tamén creamos."O Outono Chega Xa"

Letra e música a cargo de Aarón, Alicia, Antía e Irene. Aquí tedes a súa posta en escena.

Noraboa!, rebosades creatividade!

outono canción

AGORA QUE SE ACHEGA O #25N

O día 25 de Novembro celébramos o día contra a violencia de xénero.

Compartimos algunhas actividades que fixemos.

Educación Plástica e Visual- Mural colaborativo co alumnado de 6º EP

cartel 25N

Música e E. Física Erre zenituzten-Danza. Homenaxe a todas as persoas adiantadas á súa época que sufriron a persecución, a violencia e a discriminación. 

danza 25N

Aula de música: Titorial para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

Charlas e presentacións a cargo do equipo de benestar e convivencia. Enlace

Os Maios

Durante esta semana o alumnado de 6º  trouxo flores, fiuncho, xestas e fento  e decoraron o Maio. Tamén escribiron coplas.

Os Maios

Música: Maios- Habelas Hainas

COPLAS DOS MAIOS 2023

 

# 8M. MÚSICA E PANCARTAS REIVINDICATIVAS

Hoxe conmemoramos o 8M baixo o lema TODO PODE SER.

En cada aula pintouse unha pancarta  con mensaxes como "Pode ser," "Xunt@s somos máis fortes", "Libres iguais e sen medo", "Ser Muller é o meu Superpoder" "Por las mujeres de cada familia que hacen que todos los días sean una maravilla"... que reivindicaban a importancia dunha sociedade máis igualitaria.

Cantamos e bailamos "Así Bailaba, semana feminista" e "Pode ser" nun acto conxunto.

Agasallo dun colgante en 3D deseñado polo alumnado de 6º de Primaria

Así bailamos no 8M

Canción feminista en Lingua de signos

Celebramos o Día Internacional da Muller, bailando, signando e cantando "Así Bailaba" de Amaia e Rigoberta Bandini, unha versión naíf e feminista da canción infantil que nos recorda que cantar e marcarnos un baile fainos sentir felixes e que incluso activa o noso sistema inmune. Este tipo de actividade fai que liberemos endorfinas e nos sintamos maís felices. 

ser muuler

 Bailar non ten idade, é divertido e  ten moitos beneficios a nivel mental, físico e emocional. Só hai que elixir a modalidade que máis se adapte ao noso corpo e ao noso estado de ánimo. crearsalud.org

DÍA DA PAZ 2023

Hoxe foi unha xornada chea de mensaxes de paz, pero as nosas nenas e nenos xa levan días preparando todo o necesario para esta conmemoración.

Unha morea de actividades coordinadas dende as diferentes áreas, etapas e a Biblioteca:

- Educación Infantil traballou e disfrutou co conto e canción de "A mellor sopa do mundo".

- As nenas e nenos de 1º fixeron as súas rimas con "A paz sábenos...", seguindo o conto "Ring Ring, ¿quién rima?"

http://asombradoerbedo.blogspot.com/2023/01/receitas-de-paz.html?m=1

- Contacontos de Anxo Moure para Educación Infantil, 1º,2º,3º e 4º.

- Elaboración e decoración de paraugas con cintas cheas de mensaxes de paz.

- Preparación de diferentes bailes: "Terra", "Que sorte de terte", "Madre Tierra", "Eu teño alguén"...

A porta violeta en lingua de signos

 Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

As alumnas e alumnos de 4º e 5º de primaria interpretan o retrouso de "A porta violeta" de Rozalén en lingua de signos. Só pode existir un mundo máis amable se é de cor violeta igualitario e feminista, cos mesmos Dereitos entre homes e mulleres.
25 N A porta violeta
 
 
Signar cancións axuda a aprender de forma lúdica e entretida a Lingua de Signos. 
 
 Yara, Álvaro, Nerea, Patrik, Diana, Paula, Dani e Leo falan e signan ao mesmo tempo.
 

MAGOSTO 2022

Xoves de Magosto no cole:

- Manualidades

- Xogos populares : carreiras de sacos, soga tira, pato ganso, encestar castaña, comba, zancos, chave, bolos, pano e paracaídas.

- Danzas e bailes

- Comida típica: bolos preñados e castañas.

 

Unha mañá repleta de actividades.

 

 

PIANO CON SCRATCH E MAKEY MAKEY

Con Scratch programamos este piano conectado á placa Makey Makey.

Os 6 equipos recortaron o piano de cartón pintaron as teclas co lapis, fixeron as conexións e programaron con Scratch as notas  e tocaron a canción "Parabéns para ti"

makey
      Aitor         Nara            Hugo           Dariel         Kaili e Lúa       Gabriel

 

Coa placa Makey Makey convertemos calquer obxecto que sexa condutor nun pulsador. Creamos diferentes  circuítos eléctricos e descubrimos materiais condutores.

VIÑETAS DE MELODÍAS

Cómic da canción de Uxía Lambona "Muxía&Roll"

Polas Letras Galegas cantamos e bailamos esta canción. Unha actividade artística na que non podía faltar o debuxo creativo.  Yara de 4º fixo este cómic da vaca Muxía

comic de muxiaroll

Distribuir contido


by Dr. Radut