Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

Cociña en Outono

Receitas con castañas 

PDI A cociñar!

Torta de castaña, flan, biscoito, marron glacé, cremas... Receitas con  castañas escritas por Sofía, David, Breixo, Rubén, Xoel, Anna, Olivia, Mario, Jimena,  Daniel, Saúl, Leah, Laura e Noelia de 6º, 3º e 4º curso de primaria.

Cocidas, asadas, pilongas, en guisos, fariñas... as castañas son un alimento rico en hidratos de carbono e minerais, con poucas calorías, moita fibra e libres de gluten. 

webconsultas revista de saúde e benestar

 

 

MAGOSTO 2022

Xoves de Magosto no cole:

- Manualidades

- Xogos populares : carreiras de sacos, soga tira, pato ganso, encestar castaña, comba, zancos, chave, bolos, pano e paracaídas.

- Danzas e bailes

- Comida típica: bolos preñados e castañas.

 

Unha mañá repleta de actividades.

 

 

Receitas extravagantes con castañas

O alumnado de 6º  mestura tecnoloxía e cociña. A actividade consistía en escribir unha receita graciosa e variopinta con algunhas condicións: tiña que levar castañas como ingrediente e debía ser escrita cunha orde lóxica de pasos.

Despois de publicar cada grupo a súa receita, debían comentar e valorar as receitas dos demais respectando sempre a Netiqueta.

Fai clic na imaxe e poderás ler todas as receitas.

Itinerario Digicraft>Programación>Algoritmos empanados

SAMAÍN 2022

Aínda que o tempo non quixo acompañar, este ano non nos quedamos sen conmemorar a festa máis arrepiante.

Decoración do centro, exposición de cabazas, cociña terrorífica, xogos, desfiles e festa!!!

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración e axuda.

FELIZ SAMAÍN.

 

COCIÑA FESTIVA NO SAMAÍN

Hoxe cociñamos: Dedos terroríficos con salchichas e améndoas

A elaboración é moi doada. Saúl indícanos todo o proceso neste titorial:

titorial saúl

dedos terroríficos 

Este obradoiro de cociña está encadrado no PDI do centro A COCIÑAR! 

Tamén escribiron a receita no ordenador, aquí están totalmente entregados á actividade. 

escribindo a receita

Alumnado de 3º de EP. Aula de lingua galega. 

MENÚ DE SAMAÍN

Invitación para degustar o noso menú especial do samaín

O alumnado de 6º fixo cadanseu cartel de Samaín relacionado co Proxecto Documental Integrado do centro  A Cociñar! 

Con todos os debuxos montamos un gran collage (fai clic na imaxe)

menú de samaín

"ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR" A biblioteca escolar ofrece oportunidades de recursos para escribir e escribirnos: Arte que comunica, "alimenta" e arrepía :-#

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O luns 3 de outubro darán comezo as actividades extraescolares cos seguintes horarios:

 

A cociñar!

Prsesentámosvos o Proxecto Documental Integrado (PDI) deste ano "A Cociñar!" 

Ao longo do  curso desenvolveremos o contido do proxecto con actividades, obradoiros, consellos saudables, gastronomía tradicional e internacional, música e boas prácticas.
 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E TECNOLOXÍA

Que é o primeiro que che ven a mente cando pensas nun robot?

Son máquinas, pódense programar, teñen sensores, poden ter mando, poden realizar diferentes traballos, poden ter forma humana, pódese xogar con eles...

Ás rapazas e rapaces de educación primaria desfrutaron deste obradoiro de robótica programando diferentes robots, algúns desde a botoneira e outros cunha linguaxe de programación por bloques.

Cos robots desenvolvemos as competencias STEAM: a resolución de problemas, o pensamento lóxico computacional, a creatividade e tamén contribúen ao desenrolo emocional como é  o caso do robot Codey Rocky.

cultura maker

Actividade impartida por Dreams to Space

AMPLIAMOS O PRAZO!

                                                        

Dende a ANPA comunicannos que se amplía o prazo para a inscrición nas extraescolares para o curso 22-23 ate o próximo venres 23 de setembro. Polo de agora non hai nenos/as abondo para formar grupo en ningunha actividade. Os interesados poden solicitar as follas de inscrición en Conserxería e depositalos no buzón da ANPA ou na propia Conserxería".

Distribuir contido


by Dr. Radut