Skip to Content

Blogues

A cantar panxoliñas

Rapazas e rapaces de 4º cantan e acompañan con percusión corporal este pupurri de panxoliñas tradicionais. Unha canción  do grupo os Inhumanos "Navidades NO Inhumanas" (campaña solidaria "Por un mundo menos inhumano")

Asigna ritmo as panxoliñas de salial

AUDIOCONTO 5º PRIMARIA

As nenas e nenos de 5º de Primaria estiveron traballando moito para realizar este audioconto. Esperamos que vos guste.

Campionato provincial de cros escolar

Hoxe fómonos a Ribadavia para competir na fase provincial de cros escolar

Tres foron os nosos representantes, Laura González (5º), Míkel Hernádez (5º) e Saúl Rubín (4º), que non o puideron facer millor, estupendas marcas para os tres.

Unha xornada fría e con moita néboa que souberon combater con gran esforzo, ánimo e actitude.

NORABOA AOS TRES!!!

Moitas grazas ás familias pola vosa axuda e interés.

A próxima cita será o 13 de xaneiro no campionato galego para o q se clasificou Laura.

  

Visita residencia "As Salinas"

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata a residencia "As Salinas" no Viso para realizar diversas actividades interxeracionais cos maiores. Cantaron panxoliñas, realizaron talleres, tarxetas de Nadal, xogaron...

Bonita actividade que favorece a responsabilidade, os valores  e o respeto cara os maiores.

Grazas á residencia por darnos a oportunidade.

ENCONTROS COA ESCRITORA

Hoxe  visitounos a escritora de libro infantil e ilustradora Estefanía Padulles.

Contounos á vez que debuxaba: "Leopoldo, o pequeno monstro" e "A manchas ou a raias?"

 

 

 

 

          

5º CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL ANPA

O alumnado do CEIP Vistahermosa xa está mans a obra co tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal organizado pola ANPA.

Trátase dunha actividade voluntaria que se realizará NO COLEXIO para que todas e todos conten coa mesma axuda e materiais. 

O resultado de todo este traballo exporase nos "tendedeiros" do hall da entrada e formará parte da decoración e ambientación navideña do centro.

ANIMADE ÁS NENAS E NENOS A PARTICIPAR!!!

 

Riscos de internet

O martes as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria recibiron a visita dunha axente do Corpo Nacional de Policía que lles estivo falando sobre o uso e os perigos das redes sociais, os xogos en línea e intermet.

É unha actividade pertencente ao Plan Director, para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus entornos. Ten como principal oxectivo responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións sobre a seguridade de menores e xóvenes. Realizase de maneira coordinada cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e coas Autoridades Educativas. É unha inciativa inpulsada pola Subdelegación do Goberno.

      

 

 

CONCILIA DE NADAL. CONCELLO DE OURENSE

 

Hoxe ábrese o prazo para a inscrición nas actividades de conciliación para alumnado de Educación  Primaria, durante as vacacións de Nadal na Aula da Natureza.

Toca na imaxe para máis información

O PODER DA LUZ

Novembro Mes da Ciencia nas Bibliotecas

 O alumnado de 6º participa na Misión Alba, un proxecto científico con 4 etapas nas que hai que ir resolvendo retos.

Visualiza as 10 diapositivas onde se mostran os diferentes experimentos realizados coa luz:

O poder da Luz. Misión Alba de salial

Distribuir contido


by Dr. Radut