Skip to Content

blogue decris

PREPARANDO O HORTO

Antes de marchar de vacacións as rapazas e rapaces do cole estiveron poñendo a punto o noso pequeno horto. Á volta comezaremos a plantar nos aros libres.

Recordamos que as clases reanudaranse o MARTES DÍA 11 DE ABRIL.

DÍA DA ÁRBORE

As alumnas e alumnos de 3º de Primaria recibiron a visita dos Axentes Medioambientais cos que charlaron sobre o coidado do noso planeta, a prevención e extinción de incendios, plantaron unha árbore e manipularon o seu coche.

Moitas grazas pola visita

Esperámosvos o próximo curso!!!

 

MUSEO ENCAIXADO

O alumnado de 1º de Primaria coa axuda da súa mestra Carmela creou a súa propia galería de arte coa versión de obras moi coñecidas. Todo elo elaborado con material funxible e de refugallo. 

DÍA DO COMIC

Os vosos compañeiros/as fixéronvos unhas recomendacións de cómics por si queredes pasarvos pola biblioteca e disfrutar destes días lendo historietas.
 
 
 

 

DEGUSTANDO POEMAS

Quédanos unha semana por diante para celebrar o día da poesía e xa se están cociñando algúns poemas para a súa degustación. 

Propoñemos: Xogos con poemas, recollidos na Unidade Didáctica "Versos Saborosos".

PINCHA NA IMAXE

CONTACONTOS IGUALDADE

Esta mañá, para rematar a nosa semana da muller, o alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria disfrutou do contacontos "A pequena gran inventora".

Actividade ofertada polo Concello de Ourense e realizada pola agrupación Trémola Teatro

ECONTROS CO AUTOR

Os alumnos/as de 5º de primaria, xunto con outros colexios, participaron no programa de animación á lectura: Encontro co Autor, "A Gruta da Torre" de Lois Pérez.

 Organiza o concello de Ourense.

Os nenos/as fixeron traballos e interpretacións e agora encóntranse co escritor.

# 8M. MÚSICA E PANCARTAS REIVINDICATIVAS

Hoxe conmemoramos o 8M baixo o lema TODO PODE SER.

En cada aula pintouse unha pancarta  con mensaxes como "Pode ser," "Xunt@s somos máis fortes", "Libres iguais e sen medo", "Ser Muller é o meu Superpoder" "Por las mujeres de cada familia que hacen que todos los días sean una maravilla"... que reivindicaban a importancia dunha sociedade máis igualitaria.

Cantamos e bailamos "Así Bailaba, semana feminista" e "Pode ser" nun acto conxunto.

Agasallo dun colgante en 3D deseñado polo alumnado de 6º de Primaria

Educación vial

As nenas e nenos de 1º de Primaria desfrutaron dunha actividade de educación vial orgranizada polo Concello de Ourense.

Entre outras cousas realizaron un contacontos, circularon pola aula como vehículos e peóns, xogaron, completaron un crebacabezas con sinais de tráfico e recibiron como agasallo unha lámina para colorear.

"Comendo cores"

O xoves e venres as rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Comendo cores".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Distribuir contido


by Dr. Radut