Skip to Content

blogue decris

RECUNCHO VERDE

E coa chegada da primavera comezamos co aproveitamento deste pequeno pero incrible espazo.

Areeiro, árbores, horto...

O recuncho verde do CEIP Vistahermosa.

 Álbum de fotos do horto escolar

ENTROIDO 2022

Semana intensa e animada no colexio

- Mandatos do Meco: co aniversario de Rosalía de Castro integrado.

- Desfile: seguindo o proxecto da biblioteca deste ano "ECOMUNDI", concienciándonos sobre o respecto e o coidado do noso planeta.

- Baile: preparación dunha coreografía para a canción "Madre Tierra" de Chayanne na que participou todo o alumnado do centro.

Aquí unha pequena mostra do acontecido.

Álbum de diapositivas O Entroido EcoMundi

NADAL 2021

E despois dun inicio de mes un tanto difícil, por fin chegou o Nadal!!!

Días cargados de emocións e actividades:

- Visita de Papá Noel con agasallos (xestionada pola ANPA).

- 3º Concurso de postais de Nadal organizado pola ANPA.

- Decoración do barrio (iniciativa da Asociación de veciños do barrio de Vistahermosa).

- Interpretación do baile e canción "Volver a casa por Nadal" Xababanda.

- Master class de alumnado de 6º e 4º de primaria para todo o cole cantando e bailando panxoliñas tradicionais.

- Decoración do centro.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa polas vosas iniciativas e colaboración.

BOAS FESTAS!!!

MAGOSTO

Semana de magostos na localidade, e por suposto no cole de Vistahermosa tamén.

Manualidades, robótica, comida típica e xogos tradicionais. Pasámolo en grande!!

Grazas por toda a axuda!

 Robots no San Martiño

Canción do Magosto 

VENRES TERRORÍFICO

Este Samaín tróuxonos moitos disfraces, arrepiantes cabazas, xogos con material reciclado e reutilizado, actividades na biblio e terrorífico desfile.

Mural Samaín con vampis e arañas 3D

Unha gran xornada

Grazas a todas e a todos pola colaboración e axuda. 

Outras actividades encadradas no Programa Biblioteca Creativa:

Escape de Samaín

- EscornaBots e vampi-números 3D

 

Distribuir contido


by Dr. Radut