Skip to Content

Articles

Fondo Solidario de libros de Texto e material escolar

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de educación primaria, curso escolar 2024/25.

cartel fondo libros Destinatarios/as:
 
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º de EP e ESO.
- Axudas para adquirir material escolar: O alumnado matriculado en EP e ESO.
- O alumnado de 5º e 6º incluídos no programa E-Dixgal poderán  solicitar axuda para adquirir material escolar.
 
Prazo de solicitude:  do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.
 
Forma de presentación de solicitudes:
 
- Na  aplicación informática Fondolibros. Cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo
- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. 
- Formularios  Anexo I e II debidamente asinados e presénteos no centro educativo.
 
Documentación necesaria:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
 
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
 
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
 
SOLICITUDE - Tedes os impresos da solicitude na secretaría do centro.
 

Convócanse axudas para alumnas/os con necesidade esepecífica de apoio educativo para o curso 2024-2025 

O día 19 de abril de 2024 publicouse no BOE a resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado será dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

Xunto coa solicitude, deberedes achegar:

- DNI/NIE de todos os membros computables 
- Certificado bancario (o estudante deberá ser titular ou cotitular da conta) 
- Certificado de familia numerosa (se é o caso) 
- Certificado de discapacidade (se é o caso)
- Informe médico de TEA (se é o caso)

Adxúntase Convocatoria das axudas NEAE.

Información sobre axudas NEAE e Bolsas de estudo:

https://www.becaseducacion.gob.es

SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2024-2025

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria que se incorpora ao sistema ou que cambie de centro. 

O alumnado que continúa os estudos no centro ten garantida a súa permanencia.

CAL É O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES?

Do 1 ao 20 de marzo. 

ONDE PODO CUBRIR AS SOLICITUDES? 

1.- Cubrir a solicitude informaticamente na web Admisión alumnado, descargala, asinala e entregala no centro. 

2.- Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

3.- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberedes acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

Normativa e manuais: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ONDE PRESENTO AS SOLICITUDES?

ONLINE: Con certificado dixital ou Chave 365.

NO CENTRO. 

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO ACHEGAR?

- Copia do Libro de familia

- Certificación de matrícula, no caso de optar a un curso distinto de 4º de EI.

- Calquera outra documentación xustificativa para acreditar a puntuación.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

EDUCACIÓN INFANTIL       EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO VACANTES   CURSO VACANTES
4º (3 anos) 20   4
5º (4 anos) 14   4
6º (5 anos) 5   0
      0
      0
      0

Portal educativo: Escolarización

  ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP VISTAHERMOSA



by Dr. Radut