Curso 2023-24

FESTA DO ENTROIDO 2024 DA ANPA

Estimadas familias:

O VENRES DÍA 9 de febreiro, a ANPA vai organizar unha festa de entroido no colexio. Teremos un desfile de disfraces con agasallos a todos os que queiran participar. Faremos varios xogos populares e queimaremos o meco como é tradicional (se o tempo acompaña). Para rematar teremos chocolate quente para o que é preciso que traiades a vosa taza. 

 

 

Animádevos a participar!!!

A ANPA

 

CAMPAMENTOS A LANZADA

Dende a ANPA informámosvos sobre os campamentos a realizar en A Lanzada:

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2024

O martes 30 de xaneiro, para conmemorar o día da Paz, fixemos unha xornada de xogos feitos con material de refugallo, e ese día, cada neno/a conseguiu un carné que levou a casa selado coas probas nas que participou. 

Con esta iniciativa pretendemos que cada familia patrocine os xogos, aportando alimentos non perecedoiros e/ou produtos de hixiene para donar ao banco de alimentos de Gondomar.

A AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA foron os encargados de colaborar e organizar a recollida.

 

Nos seguintes vídeos podedes apreciar a xornada dos xogos solidarios e a recollida dos alimentos por parte da AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA do colexio.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

 

  

 

DIVERTARDE CULTURAL

Estimados pais e nais:

Dende a ANPA, coa colaboración da AVV Galiñeiro de Vincios, queremos convidarvos a pasar unha tarde divertida no Centro Cultural de Vincios. Nesta ocasión estaremos acompañados por Carla Muñoz, nai de un neno do noso cole e licenciada en Biblioteconomía, especializada en literatura infantil e promoción a lectura. É unha das fundadoras de "Donde viven los cuentos" espazo de aprendizaxe vivencial na natureza situado en Nigrán. 

Con ela, poderemos disfrutar dunha tarde de contos que deixaran encantados os nenos e nenas, e os maiores tamén. 

Con esta actividade damos comezo a "Divertarde cultural", un lugar de encontro de familias o último sábado de cada mes. Esperámosvos o sábado 27 as 17.00h no centro cultural.

Saúdos ANPA 

CHARLAS PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Deixámosvos información sobre algunhas charlas que seguro serán do voso interes. 

Saúdos.

 

A ANPA

 

 

 

DEFICIENCIAS CENTRO

Estimadas familias:

Queremos trasladarvos a nosa preocupación polo abandono da administración local, Concello de Gondomar, no tocante aos traballos de mantemento da escola, que legalmente lle corresponden. Tamén informarvos que  na actualidade xa non hai conserxes en ningún centro educativo de Gondomar.

No seguinte documento, que podedes consultar, recóllense pormenorizadamente todas as deficiencias do centro ademais de explicar as consecuencias de non ter un conserxe no Centro. O documento foi enviado ao Concello de Gondomar o 20/10/2023 e, ao non obter resposta, foi novamente enviado o 10/01/2024 pero actualizado.

ENLACE AO DOSIER

Son deficiencias que se veñen acumulando ao longo dos últimos anos e que, algunhas delas, comprometen a seguridade do alumnado. Desde 2015 pasaron polo posto de conserxe 13 persoas diferentes sen dedicación a tempo completo.

A ANPA xunto co Centro está traballando neste terreo para demandar esta figura imprescindible no Centro e todas as tarefas de mantemento que non se desenvolven dende hai tempo.

 

FESTIVAL NADAL 2023

A postal de Nadal gañadora do Concurso 2023 foi a de MARA CASTRO GARRIDO, 5º EP

Parabéns, por crear esta fermosa postal!!!

Abaixo podedes veras fotos do gran traballo de tódolos nenos/as creando unhas postais incribles e os vídeos das panxoliñas dos diferentes cursos.

FELICES FESTAS!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conmemoramos o 25 N

Como cada ano, segue a ser moi necesario non esquecer que aínda hai  mulleres e nenas sufrindo situacións de maltrato e abusos por razóns de sexo, e, continúa a ser fundamental a implicación de todos e todas nós para loitar contra esta lacra.

 

Desta volta, a profe Lucía, compartiunos unha dura e moi emotiva historia real que tivo lugar na primeira metade do século XX, na República Dominicana baixo a dictadura de Rafael L. Trujillo, cuxas protagonistas foron as tres irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa Mirabal.

 

Estas tres mozas, "As Bolboretas", foron asasinadas, por orde do dictador Trujillo e como consecuencia dunha vinganza persoal, un 25 de Novembro de 1960. Por este motivo, para conmemorar a loita que emprenderon pola liberdade, as Nacións Unidas instituíu este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e tamén para seguir sendo conscientes de que, ao longo do mundo, moitas mulleres e nenas viven situacións de maltrato por ser mulleres, sen acceso, moitas veces, a educación, sanidade, xustiza, protección... en definitiva, sen dereito a unha vida digna e en liberdade.

 

Neste pequeno vídeo podes ver como vivimos a semana do 25 de Novembro no cole, descubrindo a sobrecolledora historia das Irmás Mirabal e cun obradoiro no que elaboramos Bolboretas para rendir a nosa humilde homenaxe as vítimas de violencia de xénero que, ao longo deste ano (ata a celebración deste obradoiro), foron asasinadas en España.

 

OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA EN FAMILIA NO COLEXIO

Estimadas familias:

Dende a ANPA queremos convidarvos a pasar unha tarde de xogos de mesa en familia.

Ademais temos o pracer de poder contar con Andrea, da tenda Mini Monstros, que nos presentará varios xogos cos que pasar unha tarde moi divertida. As prazas serán limitadas e reservadas por orde de inscrición enviando un correo a anpa.santamarina@hotmail.com ata o 30 de novembro.

Terá lugar o venres 1 de decembro a partir das 17:00h e ata as 20:00h no noso colexio

Podedes acompañarnos á hora que poidades dentro dese horario.

É obrigatorio que todos os pequenos/as veñan acompañados como mínimo de un adulto.

Animádevos!

Un saúdo,

A ANPA

Distribuir contido