Curso 2015-16

O meco 2016

 o meco segue a mandar para o xoves non te podes descoidar:

 

 

GYMKANA SOLIDARIA PARA O DÍA DA PAZ 2016

Outro ano máis celebramos o Día da Paz colaborando co Concello de Gondomar.

O dia 29 de xaneiro realizamos unha "GYMKANA SOLIDARIA" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e logo cantamos e bailamos no patio cuberto as CANCIÓNS que preparou a profe de música Elena, "Fatuo yo" e o clásico "Meu amor estoupa", que como ben di ela, son cantigas para alegrar a alma!!!

A Concellaría de Benestar Social encargouse o día 3 de febreiro de recoller todos os alimentos que aportaron as familias para achegalos ás persoas máis desfavorecidas do Municipio.

Non vos perdades os 2 vídeos onde nenos, nenas e profes atrévense co circuíto cheo de obstáculos. Destacar aos alumnos e alumnas máis maiores que axudaron con moita tenrura aos máis pequeniños a rematar o percorrido. Por último, todos e todas cantando e bailando.

E grazas pola vosa solidariedade!!!

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2015: PANXOLIÑAS

A continuación podedes ver todas as fabulosas actuacións do Festival de Nadal:

  • Reportaxe fotográfica do evento.
  • Panxoliñas do Festival de Nadal 2015: alumnos/as e profes.
  • Actuación das nais e pais da ANPA coa colaboración da profe Irene: "O Apalpador e as Pupieiriñas” e entrega de agasallos ao alumnado.

 

A POSTAL DE NADAL GAÑADORA DO CONCURSO 2015 FOI......

A postal de AIDA TÁBOAS CANDENDO (6ºEP)

Parabéns Aida, preciosa postal e merecido premio!!!

        

 

 

 

Nadal 2015

Estas son as postais finalistas do concurso proposto polo Equipo De Dinamización e Normalización Lingüística

Noraboa!! 

Pronto saberemos cal é a gañadora

O CEIP SERRA-VINCIOS CELEBRA O MAGOSTO NO MONTE GALIÑEIRO

Os nenos, nenas e profes festexan o seu magosto no monte Galiñeiro con castañas e cabanas.

O venres 16 de outubro, como todos os anos, os 167 alumnos do C.E.I.P. Serra- Vincios, xunto cos seus profes foron celebrar o Magosto ao Monte Galiñeiro.

Os maiores subiron ás 9,30 h. para ir andando ata os merendeiros e os nenos máis pequenos fixérono en autobús, un pouco máis tarde.

Cada neno levou unhas cantas castañas e mentres os profes as asaban, algúns facían cabanas con toallas, cordas, paus e outros materiais, do monte ou que levan da casa, mentres outros xogaban á pita ou a outros xogos, sempre á vista dos profes, que fixeron moitas fotos.

Cando as castañas xa estiveron feitas, ían buscalas cun cucurucho, e coméronas, estaban moi ricas!

Ao final da xornada, entre todos recolleron o lixo, para deixar o monte como estaba, e ás 13,15h volveron ao cole.

Todos o pasaron moi ben,  o tempo pasou voando, e aínda que acabaron esgotados, queren volver o próximo ano coas súas cabanas, e as súas castañas, porque lles gusta moito.

 Noticia feita polos Alumnos de 5º do CEIP Serra-Vincios e enviada ao xornal, "La Voz de Galicia" para a súa publicación en "LA Voz de la escuela".

 

 

Celebramos o Samaín do 2015

O 29 de outubro celebramos no cole o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. Cada familia participou traendo ao cole unha CESTA e unha CABAZA , que estiveron decorando os pasillos do noso centro e un laboratorio moi TERRORÍFICO!!!!

Ahí vos deixamos un pequeno exemplo do ben que o pasamos.

 

samaín from librincios on Vimeo.

 

Tamén se publicou a noticia no xornal do Faro de Vigo o día 10 de novembro: 

 

Distribuir contido