PDI

A Frauta Máxica

Os nenos de cuarto de Ed. Primaria realizamos no PDI de centro, un traballo sobre Wolfgang Amadeus Mozart e unha das súas obras “A frauta Máxica”.

No primeiro trimestre pescudamos sobre a vida de Wolfgang Amadeus Mozart  e a partires de aí realizamos un mural infográfico para a porta da nosa clase que serviu de información para toda a comunidade educativa.

Coñecer a  cidade onde naceu e situala en Europa : Salzburgo- Austria e Viena cidade onde morreu.

No segundo trimestre investigamos sobre a súa obra “A frauta Máxica” realizando as seguintes actividades:

  • Escoitar e volver a contar a historia da Frauta Máxica.
  • Identificar as personaxes principais desta ópera e relacionámolas con cada tipo de voz.
  • Interpretamos varios fragmentos da opera.
  • No Entroido disfrazámonos das personaxes da Ópera.

 

 

Por que morren tantos peixes?

 

POR QUE MORREN TANTOS PEIXES?

Na aula de 3º de Ed. Primaria, fixemos as seguintes preguntas Que?, Quen?. Como? e Por que?

Estas foron as preguntas que deron inicio ao noso traballo no PDI. No mural que representaba o noso proxecto reflectimos de forma gráfica a resposta ás mesmas.

Estudamos  neste curso a contaminación de rios e mares e tratamos de dar explicación a estas, e outras preguntas. Sabemos o  que podemos facer individualmente, nas nas nosas casas, para evitala.

Estivo presentes en  todalas areas do curriculo de 3º de primaria  e nas distintas actividades  levadas  a cabo.

Partimos dos coñecementos previos do alumando e acadamos os seguintes obxectivos:

  • Coñecemos os compoñentes que contaminan os rios e mares.
  • Distinguimos a contaminación natural da provocada polo ser humano.
  • Coñecemos algunhas consecuencias da contaminación nos animais e nas plantas.
  • Coñecemos algunhas consecuencias da contaminación no ser humano.
  • Recoñecemos  a importancia da conservación dos ecosistemas.
  • Buscamos solucións para reducir ou evitar a contaminación
  • Coñecemos as repercusións da contaminación na nosa saúde.

Ao longo do curso, as principais actividades realizadas foron as seguintes:

  • Realización dun mural representando os efectos da contaminación de mares e ríos.
  • No mes de febreiro traballamos a canción de Paco Nogueiras e cantámola no desfile de Entroido do colexio.
  • Obra de teatro inédita, "Ondiñas que veñen e van", creada pola nosa titora, coa que participamos nos XXIII Encontros de teatro en Bande e que tamén representamos na biblioteca do noso centro.

Os xogos populares como modo de aprendizaxe

Este ano  como actividade para o PDI do centro o alumnado de 2º  curso traballou o tema “Os xogos populares como medio de aprendizaxe”.

A partir do tema elixido, achegámonos ao  mundo dos xogos populares galegos como medio de aprendizaxe e ao coñecemento básico de distintos xogos e a súa utilización como forma de aprender.

Os xogos elixidos neste curso foron:

  • A BILLARDA
  • A CHAVE
  • AS CHAPAS
  • A RA
  • AS CANICAS
  • OS AROS
  • O PANO

Pensando a través de mitos

Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía grega. Da man dos deuses do olimpo acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "Aprendendo a pensar a través de mitos".

Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos.

Os principais traballos realizados foron os seguintes:

  • No mes de outubro presentamos o noso PDI na biblioteca do centro cos seguintes traballos realizados no recanto fedelleiro da aula de apoio:

Presentación do PDI.
Trailler do PDI.

  • Traballamos cunha metodoloxía "maker" o mito de "Dédalo e Ícaro". Na seguinte ligazón esta reflectido todo o traballo realizado sobre este mito:

"Pescudando e fedellando con Dédalo e Ícaro".

  • Fixemos un traballo de documentación sobre os deuses do Olimpo. Con toda a informacion conseguida realizamos os seguintes traballos:

Libro web na que compilamos todos os recursos.
Presentación sobre os deuses do Olimpo
Álbum sobre os deuses do Olimpo.
Cromos para completar o álbum.

  • Por último, aplicamos unha metodoloxía gamificadora para avaliar as aprendizaxes conseguidas co programa enliña de Kahoot!

Gamificando as aprendizaxes e a comprensión lectora.

O dominó para aprender a pensar

Ao longo do curso o alumnado de primeiro empregou o xogo do dominó para desenvolver a súa capacidade de pensar.

Parte das actividade realizados foron as seguinte:

  • Na porta de entrada á aula colocamos una gran ficha de dominó coas caras dos oito alumnos/as, seis nenos e dúas nenas. A ficha será o seis – dous.
  • Realizaron operacións de sumas e restas co dominó.
  • Estableceron equivalencias.
  • Compararon.
  • Ordenaron.
  • Asociaron.
  • Fixeron series.
  • Xogaron. 
  • Disfrazáronse.


A través desas actividades adquiriron estratexias de razoamento lóxico coa utilización do dominó clásico.

Deduciron elementos dunha serie: seguir unha serie, atopar o término que falta no medio de dous elementos da serie…

Adquiriron axilidade no cálculo de sumas e restas.

Participaron no xogo, respectando aos demais e asumindo que se pode perder ou ganar. Este último apartado foi o que máis  beneficios aportou ao grupo.

No Entroido todo o alumnado saíu disfrazado de ficha de dominó no desfile que realizamos ante a comunidade educativa do centro.

Na galería de imaxes pódese observar parte do traballo feito

Construímos robots

O alumnado de 6º de Ed. Infantil dedicou o seu PDI a traballar o pensamento computacional. Para elo, os seus traballos xiraron en torno ao estudo e creación de robots.

Os obxectivos que se perseguiron foron os seguintes:

  • Desenrolo da creatividade
  • Comparar o seu esquema corporal co dos robots que construíron.
  • Discriminación e trazo das letras que forman os nomes dos robots.
  • Clasificar formas e tamaños das pezas que os forman.

Entre outras, relizamos as seguintes actividades:

  • Escoller un robot e píntalo para o mural da porta.
  • Decorar libremente con plastilina gomets…etc.
  • Construír quebracabezas de robots.
  • Recortar as formas xeométricas que os compoñen.
  • Formar con letras recortadas o nome do seu robot e o dos seus compañeiros.
  • Escoller e explicar que traballo poderá realizar para axudar os humanos.
  • Facer con caixas o disfrace do entroido .
  • Obra de teatro que representaron o día do libro.
  • Guiñol “Quiero una mamá robot”.

GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO DESENVOLVIDO

O universo

O alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil pescudou sobre o Universo no seu PDI.

Partiron do conto "Como atrapar a unha estrela", de Oliver Jeffers, para motivalos a pensar sobre todos aqueles aspectos que lles resultan intrigantes sobre o universo.

Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:

  • Debuxamos o conto
  • Escoitamos as cancións:
    • Os Planetas, canción de cuna
    • "Veo, veo el Sistema Solar", canción infantil
    • Canción dos planetas para nenos
  • Contamos o conto "El Espacio al dedillo", de Ed. Combel.
  • Coloreamos o mural da nave co astronauta e os planetas.
  • Montamos o mural na porta.
  • Contamos o conto "El pez que quería ser astronauta" de Mar Cerdá Albert.
  • Debuxamos o conto .
  • Debuxamos a nosa ficha do mural.
  • Fixemos un móbil cos planetas.
  • Ordenamos planetas de maior a menor.
  • Fixemos debuxos do Universo.
  • Cantamos cancións dos planetas.
  • Fixemos os nosos disfraces, cada un axuda ao seu persoaxe.
  • Disfrazámonos do Universo.
  • Sacamos unha foto co noso amigo o astronauta.
  • Fixemos postais con eclipses da Lúa.
  • Pintamos estrelas e fixemos constelacións.
  • Observamos as distintas fases da Lúa e fixemos fichas.
  • Coloreamos distintas naves espaciais.
  • Aprendemos distintas adiviñas e fixemos os debuxos correspondentes.

O traballo con este PDI foi moi motivador para os nenos e nenas.

My home, our home. The Prado Museum

MY HOME, OUR HOME, THE PRADO MUSEUM

Con este proxecto quixemos dar un paso adiante no coñecemento do Museo del Prado, como protector e fogar da arte ( de aí o título do proxecto ), coñecendo os seus arredores, a súa ubicación, as diferentes salas,  as xentes que alí traballan, compartindo as sensacións que nos fan sentir os artistas e aprezalo como espazo cheo de vida.

Descubrimos o que se atopa tras a porta secreta do Museo del Prado. Anímaste a abrila?

Convertémonos en artistas creando as nosas propias obras de arte, elaboramos unha guía de lectura sobre o Museo del Prado, visitamos a exposición “O eco das amazonas” do artista Baldomero Moreiras na Sala Valente, construímos o noso recuncho da arte, organizamos visitas guiadas ao Sueiro Museum e recitamos a chant “Two Ms: Museums and Music”.

WELCOME TO THE SUEIRO MUSEUM!!!

 

GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO REALIZADO


No mes de abril realizamos unha visita á exposición "O eco das amazonas" do artista ourensánBaldomero Moreiras.
Na seguinte ligazón reflectimos as actividades realizadas nesta visita.


 

Gamificando a aprendizaxe

O alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria e da aula de apoio, na Hora de ler, realizou un proxecto documental sobre “Os deuses do Olimpo”, ao longo do 1º e 2º trimestre deste curso.

Completaron un álbum de cromos cos principais deuses e pescudaron información sobre os seus poderes e protección. Os cromos foron elaborados por todo o alumnado participante, sendo os mellores traballos os que foron os escollidos para para imprimir.

Para avaliar os coñecementos adquiridos participaron nun Kahoot co que se divertiron ao mesmo tempo que amosaban o aprendido.

 RECURSOS EMPREGADOS


Desfile de Entroido 2018

O venres de Entroido realizamos o desfile de disfraces na pista polideportiva do centro cunha gran asistencia de familiares e amigos do alumnado.

Previamente ao inicio do desfile, participamos nunha degustación de doces de entroido que foron realizados coa colaboración das familias do alumnado. Desde o centro, agradecemos o esforzo e traballo de todos e todas as reposteiras participantes.

Como en anos anteriores, cada curso disfrazouse dunha temática que está relacionada co PDI que están a desenvolver nas súas aulas:

Ao rematar o desfile,

pasámolo xenial no baile de disfraces!!

GALERÍA DE IMAXES

Distribuir contido