PDI

Herbas e plantas medicinais

Neste curso no  PDI do centro adicámonos a explorar sobre Galicia.
O alumnado de 3º E. Primaria, investigaron, ao longo do primeiro e segundo trimestre, sobre as “herbas e plantas medicinais de Galicia”.

Para acadar os obxectivos propostos: buscar e coñecer herbas e plantas medicinais da contorna; recompilar distintas clases de herbas e plantas máis comúns que se usan como remedio de enfermedades; coñecer que tipo de enfermedades curan as distintas plantas medicinais: respiratorias, dixestivas, da pel …e coñecer como se usan as distintas plantas medicinais: infusións, uso tópico … desenvolvéronse as seguintes actividades:

  • HerbasNa porta da aula colocamos unha pequeña representación (natural) dalgunhas plantas; buscamos con axuda das familias, distintas clases de herbas e plantas medicinais para logo traer ao Colexio e facer unha exposición; clasificáronse e expuxéronse as propiedades curativas  e o uso de cada unha delas.

 

  • Todos os datos obtidos, recompiláronse nun pequeno caderno que logo formará parte da biblioteca do centro. Dito caderno consta de mais de 40 plantas acompañadas da súa fotografía e con algunhas das súas características mais salientables.

 

  • Con motivo do entroido, difrazámonos de menciñeiros e menciñeiras e repartiron as seguintes “pócimas” en forma de pareados relativos as propiedades das plantas medicinais traballadas.

 Galería de imaxes

 

Caderno de "Herbas e plantas medicinais"

Santa Bárbara de Robert Campín

Santa BárbaraA clase de 5º realizou unha visita moi especial ao Museo de "El Prado": Percorreron as salas do museo nunha tarde de treboada e algo máxico ocorreu na sala 55.

Sen saber como, atopáronse diante do cadro de Robert Campín,  “Santa Bárbara”.

Pero iso non foi o raro, non!. O estraño do caso foi a conversa que mantiveron coa protagonista do cadro, a mesmísima Santa Bárbara.

Saltaron á comba, cantaron con ela, falaron do tempo, dos avós, das bibliotecas, dos libros, de cadros, de museos,…

Que non o cres? Mira o vídeo e comprobarás todo isto e … alguna outra sorpresa máis.

Premiados no programa de Meteoescolas

Proxecto meteoescolas

O proxecto de meteoroloxía desenvolvido no noso centro, o pasado curso escolar, resultou premiado no programa de Meteoescolas do Plan Proxecta sendo un dos mellor valorados de Galiza.

O xurado fundamentou este recoñecemento en virtude da "súa orixinalidade, do seu carácter multidisciplinar, e sobre todo o seu gran impacto tanto na propia Comunidade Educativa, como na contorna do seu centro".

Felicitamos aos verdadeiros artífices deste premio, xunto coa súa titora:

 

Imaxe do diploma

Este curso tamén participamos no programa de Meteoescolas. Esperamos seguir na mesma liña...

Biblioteca escolar, base de exploracións

Explorando"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe.

A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.

Desde o Fogar de Leo, este curso traballaremos, no noso proxecto documental, seguindo estas directrices, e facendo de exploradores do noso entorno próximo… en breve darémosvos máis iformación sobre o PDI.

La mariposa bailarina

 
O día 2 de outubro contaremos coa presenza de Carlos Ruvalcaba para a apertura da biblioteca neste novo curso.
El é o autor deste fermoso conto "La mariposa bailarina".
 

Lendas

Neste libro recollemos lendas populares traballadas na "Hora de ler" e na aula de apoio para mellorar a comprensión lectora do alumnado.

Asemade, tamén achegamos ligazóns a recursos que nos poden ser de utilidade para traballar na aula, estas lendas.

Esperemos que sexan do voso agrado...

 

 

Proxecto documental integrado

Mergullámonos nun mar de númerosNeste libro recollemos parte do traballo desenvolvido ao longo do curso 2014/2015 no PDI "Mergullándonos nun mar de números".

Asemade indicamos que a recopilación das actividades está organizada segundo indica a II Convocatoria de concurso de proxectos que convocou a Consellería de Educación.

A ver se hai sorte!!

 

Visita do alumnado do CEIP de Pazos de Reis

Galería de imaxes

O día 22 de maio o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou unha convivencia intercentros co alumnado do CEIP de Pazos de Reis de Tui. Con dito alumnado, levamos coordinándonos ao longo deste curso para comparar os datos metereolóxicos de Tui cos de Ourense.

Ata hoxe, só coñeciamos aos nosos compañeiros e compañeiras de Tui virtualmente, por fin lles puxemos cara!!

A viaxe para eles comezou moi cedo, pola mañá, transladáronse en tren desde Tui ata Ourense. Unha vez que chegaron ata o noso centro, fixémoslles de guía pola cidade de Ourense. Visitamos as fontes termais das Burgas e puideron comprobar en situ a temperatura á que emana a auga. Continuamos cunha visita ao casco histórico de Ourense con parada na Catedral e visita ao Pórtico do Paraíso. Continuamos polas rúas da zona vella para visitar a fonte da Praza do Ferro.

Comezamos o camiño de regreso, ata o noso centro, cunha parada de descanso na Praza de Vigo.

Unha vez que chegamos ao centro, xantamos todos xuntos na nosa biblioteca intercambiando impresións para coñecernos mellor

Antes de despedirnos, fixéronnos un agasallo, a todos e todas nós, polo que lles estamos moi agradecidos.

Foi unha experiencia xenial...

...Hai que repetila!!

Galería de imaxes

Música & meteoroloxía

De todos é coñecida a  estreita relación que teñen os fenómenos meteorolóxicos coa música: A choiva ten a súa propia música; o sol é un estado de ánimo; o outono é melancolía e a primavera liberdade. A música tamén nos fala de choiva, tráenos lóstregos, sol, vento… aos oídos ou neve á cabeza.

Na área de música aproveitamos o proxecto para facer audicións de fermosas composicións musicais de xenios como Beethoven, Vivaldi ou a familia Strauss , entre outros…

No vídeo podemos observar un corte dalgunhas das sesións progaramadas ao longo do curso.

Refraneiro popular

Ao longo de todo o cuso recopilamos refráns relacionados co tempo ou meses do ano. 
Os alumnos e alumnas de 6º curso ilustraron os mesmos con explicacións sobre o seu significado. Salientamos que os refráns relacionados co mar foron proporcionados polo alumno de practicas, natural de A Guarda.
Con todos os refráns creamos un álbum ilustrado que pasou a formar parte dos fondos da bibliotea:
Libro de refráns
Galería de imaxes
Distribuir contido