Educación documental

Christian Andersen

O 2 de abril para celebrar o Día do libro infantil pescudamos sobre Christian Andersen, escritor danés que pasou a historia da literatura por ser un dos mellores de todos los tempos.

We are dual pilgrims

No camiño que percorremos xunto a Yayoi Kusama, demos uns pasos máis coñecendo o seu país e tradicións culturais que compartimos.

E así convertémonos en dual pilgrims do St. James Way e do Kumano Kodo.

Preparamos as nosas shells cos emblemas de cada un deles, a St. James Cross e o Yatagarasu, e as credenciais cos lugares de paso e os selos correpondentes.

Con todo elo camiñamos un pequeniño tramo do St. James Way, visitamos o Museo das Peregrinacións onde tivemos unha visita contada do camiño e visitamos a sala na que o Kumano Kodo é o protagonista. Temos que agradecer a Megumi Shiozawa, presidenta da Casa Galicia Japón que nos acompañase nesta visita, contándonos de primeira man curiosidades do Kumano Kodo e que nos agasallou cunha actividade na que fixemos “grullas”.

Como bos pilgrims, entramos na catedral, saudamos ao apóstolo Santiago e rematamos a nosa peregrinaxe na praza do Obradoiro, compartindo espazo con outros pilgrims que neses intres chegaban ao remate do seu camiño.

E na oficina do peregrino, situada na nosa biblioteca escolar, puxemos o último selo na nosa credencial que nos recoñece como dual pilgrims, ao xeito do Manuel Sueiro.

Saúde bucodental: "Cuidando a miña boca"

 

O 25 de febreiro participamos nun relatorio sobre saúde bucodental "Cuidando a miña boca" que organiza a Consellería de Sanidade en colboracion coa de Educación para fomentar no alumnado galego hábitos de saúde bucodental.

A actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º a 5º de Ed. Primaria e estruturouse en 3 partes: unha charla teórica na que se expuxeron as funcións dos dentes e da boca, enfermidades máis frecuentes e as medidas preventivas, entre outras nocións; a proxección dun vídeo coa finalidade de sensibilizar aos participantes da importancia da alimentación e da hixiene na saúde bucodental; e, para finalizar, un xogo dental que axudou a fixar a información recibida durante o relatorio.

O Sabor da aventura está no mar

O 26 de febreiro contamos coa presenza na biblioteca do noso centro dos protagonistas do programa "O sabor da aventura está no maer" que promove a Xunta de Galicia e a Uión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para fomentar o consumo de pescado na nosa dieta alimentaria.

Nesta ocasión, dentro do proxecto "Aliméntate ben" que estamos a desenvolver no noso centro, paricipamos nun obradoiro no que nos foron ensinando as propiedades e características de varios produtos do mar a través de vídeos, contos, xogos e historias divertidas onde os protagonistas eran os superheroes "Os Arroases".

 

Día de Rosalía

Para conmemorar o aniversario de Rosalía, ao longo da semana, traballamos na aula cos materiais que o EDL do centro ten recopilados na web.

Como actividade central, recitamos o poema "Fun un domingo" entre toda a comunidade educativa e realizamos un vídeo con música de fondo "O son do ar" de Luar na Lubre.

 

 

 

Día dos corazóns

O 14 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día de San Valentín celebramos no cole o día dos corazóns.

Os corazóns do Manuel Sueiro

Que latexan cun mesmo son:

 O son dos Rainbow Hearts

E do Amor Eterno

O alumnado de 5º interpretou en inglés o "Rainbow Hearts" e o alumnado de 4º curso recitou o poema de Gustavo A. Becquer "Amor eterno".


Obradoiro de comadres e compadres

O 15 de febreiro tivemos na biblioteca un obradoiro para realizar as comadres e compadres do Entroido. Dito obradoiro foi dirixido polos monitores de Ocitem que contratou a Concellería de Educación.

Este ano serán as nenas as que corran destras dos nenos para destruírlles as súas comadres; eles, pola contra, tratarán de defender as súas comadres para que queden ilesas despois da persecución.

Esta actividade será realizada o xoves de comadres na Praza Maior de Ourense, e nela participará o alumnado de varios colexios do concello de Ourense.

Día da Paz 2019

Ao longo da semana da Paz, realizamos durante a Hora de ler diversas actividades para conmemorar dita data.

Traballando con códigos QR

O alumnado de educación infantil estivo traballando na aula con códigos QR grazas ao alumnado de prácticas do grado de Ed. Infantil.

Pescudaron, a través de móbiles e tabletas, sobre as partes máis importantes do noso sistema locomotor cunha metodoloxía lúdica basada nos códigos QR e no xogo. Disfrutaron moito con esta metodoloxía baseada nos códigos QR e no xogo ao sentirse protagonistas da súapropia aprendizaxe.

 

O mundo da enerxía

O 29 de outubro contamos co presenza no noso centro dunha aula móbil da Fundación Repsol para impartir varios obradoiros sobre a enerxía, a todo o alumnado do centro, dentro do programa "O mundo da enerxía".

A través de actividades interactivas, conducidas por unha educadora especializada na temática, reflexionamos e aprendemos sobre el mundo da energía:

  • Que é a enerxía.
  • A súa importacia na nosa vida.
  • A necesidade de conseguir unha enerxía sostible.
  • As aplicacións do gas e o petróleo e os seus derivados.
  • Os procesos de exploración, refino e obtención dos produtos derivados do petróleo.

 

 

Distribuir contido